Homenaxe a Manolo Barreiro

A solicitude de cambio de nome dos campos, partiu dos clubs Atlético Estación, Agrupación Juvenil de Lérez, Agrupación Cultural e Deportiva A Seca, CD Lérez, Escuela de Fútbol Portero 2000, Integración Deportiva Pontevedra, Pontevedra CF, Salgueiriños CF e San Andrés CF. Aínda que a proposta inicial das entidades era a de asignar o nome de Manolo Barreiro Lores só ao CFHS Xunqueira I, Tino Fernández considerou oportuno que, “por tratarse dun conxunto de instalacións que conforman un complexo deportivo, o máis axeitado sería agrupar os campos da Xunqueira nun complexo e denominalo Complexo Municipal de Fútbol Manolo Barreiro Lores, integrado por dous terreos de F11 e dous de F8”. Para o tenente de alcalde, “é moi de resaltar que a meirande parte das asociacións deportivas que levan traballando durante anos por e para o fútbol no concello de Pontevedra presente unha iniciativa para homenaxear a un veciño a través da denominación dun campo de fútbol municipal co seu nome”. “Compartimos opinión coas entidades sobre a importancia de facerlle unha merecida homenaxe a unha das persoas máis relevantes no fomento do fútbol base local, ligada a este durante máis de medio século”, sostén o edil socialista. Manolo Barreiro atópase “entre os cidadáns de Pontevedra que deixaron unha pegada máis profunda no fomento do fútbol entre a sociedade”, dixo Tino Fernández, adicando “máis da metade da súa dilatada vida a impulsar tanto a súa práctica como algunhas das moitas infraestruturas deportivas que están repartidas polo noso territorio”. Durante máis de 57 anos estivo traballando de xeito altruísta, para e polo fútbol, e por conseguinte, para a promoción da actividade física e o deporte entre a nosa poboación. Estivo aportando o seu bo facer no ámbito da organización do deporte dende o ano 1954, primeiro como secretario da Delegación Pontevedresa da Federación Galega de Fútbol e a continuación como delegado, ata a súa ‘retirada deportiva’ no ano 2011, cando contaba con 86 anos. Polos méritos acadados ao longo de tantos e tantos anos, a Federación Galega nomeouno Presidente de Honra da Delegación. Actualmente Manolo Barreiro segue a ser un asiduo aos terreos de xogo do noso municipio, así como un importante apoio para os clubs. A iniciativa de dar o seu nome ao principal centro futbolístico do municipio supón non só unha homenaxe a unha das persoas máis representativas na historia do fútbol local, senón tamén a todas aquelas persoas que adican, de xeito solidario e altruísta, a meirande parte da súa vida ao ben común e a reforzar os valores máis importantes dunha sociedade. Os dous campos de herba sintética de fútbol 11 e os dous de fútbol 8 existentes na Xunqueira do Lérez foron construídos en distintas épocas para ir dando resposta á crecente demanda social, resaltando polo seu uso dentro da Rede Básica de Infraestruturas Deportivas Municipais. Dende a creación daquel primeiro histórico campo de terra, o constante investimento do goberno local permitiu darlle forma ao que xa se pode considerar un complexo deportivo do que forman parte, ademais dos catro terreos de xogo, o Pavillón Multiúsos. A proposta do tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, o Pleno Municipal de Pontevedra aprobou unha iniciativa para que os terreos de xogo da Xunqueira sexan rebautizados co nome de Centro Municipal de Fútbol Manolo Barreiro Lores, en homenaxe ao Presidente de Honra da Delegación Pontevedresa da Real Federación Galega de Fútbol. Omellor nome posible para un campo de fútbol pontevedrés

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=