Reparada a cuberta do Pavillón Municipal de Marcón

    • Estase a traballar na substitución da carpinterí­a interior de vestiarios, almacéns e tamén das portas que se deterioraron polas filtracións de auga da cuberta.
    • A obra estará rematada nunhas semanas

Os concelleiros de Deportes e do Rural, Anxos Riveiro e Demetrio Gómez, respectivamente visitaron a pasada semana os traballos de reparación do Pavillón Municipal de Marcón onde se están a solventar importantes deficiencias provocadas pola filtración de auga dende a cuberta.

Polo tanto, renovouse a parte da cuberta deteriorada que filtraba auga e que danou a carpinterí­a interior dos baí±os e vestiarios, dos almacéns e tamén ás portas. A cuberta está substituí­da na súa totalidade no tramo afectado e xa se rematou de acondicionar os almacéns.

Nestes momentos estase a traballar nos baí±os e vestiarios e tamén nas portas, para deixalas en perfecto estado de uso. Esta reforma prolongarase durante unhas semanas máis, pero o pavillón estará listo para o inicio da nova tempada deportiva.

A substitución da cuberta ten un orzamento de 26.795,17 euros e a substitución da carpinterí­a interior de baí±os, vestiarios e almacéns ten un custe de 20.134,40 euros.

A reparación do Pavillón Municipal de Marcón forma parte do plan municipal de mellora das infraestruturas deportivas do Concello, no que se inclúen grandes proxectos como o Pavillón Municipal de Pontevedra, a renovación do primeiro Campo de herba sintética da Xunqueira ou a creación de novas instalacións como o Pavillón da Parda ou outros campos de herba sintética no rural.

Pero dentro deste plan tamén teí±en o seu protagonismo as instalacións do rural. A reparación do Pavillón de Marcón, é un exemplo, ao que tamén se suma outra reparación -máis pequena- no pavillón de Salcedo onde se habilitará un peche metálico para gardar do material deportivo, por valor de pouco máis de 4.000 euros.

Instalacións

instalacións pavillón municipal deportes pontevedra

[vc_row][vc_column][td_block_3 custom_title=»Instalacións cidade» category_id=»1″ category_ids=»40,41″ sort=»oldest_posts» limit=»14″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][td_block_3 custom_title=»Instalacións» category_id=»36″ td_filter_default_txt=»»][/vc_column][/vc_row]

Comeza a limpeza e pintado das cerchas do Pavillón Municipal

Nesta semana comezaron os traballos de limpeza e pintado das cerchas do Pavillón Municipal, un dos traballos previos á substitución da cuberta do edificio. Paralelamente estánse a realizar traballos no exterior do edificio para a instalación dunha grúa de grandes dimensións, indispensábel para colocar a nova cuberta.

Cabe lembrar que a desmontaxe e montaxe da cuberta é un labor duns dous meses, polo que durante ese tempo o pavillón non terá actividade deportiva de ningún tipo. O uso da pista do recinto deportivo está xa restrinxido, e aínda se manteñen as actividades nos ximnasios.

Segundo as previsións da Concellaría de Deportes, a obra poderá estar rematada a primeiros de setembro, para continuar co ritmo normal da tempada deportiva.