A cidade de Avilés será partícipe esta fin de semana dos primeiros pasos publicitarios do ITU Multisport Festival 2019, un conxunto de catro mundiais que terá lugar en Pontevedra ese ano.
Hosxe comeza nesta cidade asturiana o Campionato do Mundo de Duatlón, que reúne a máis de 2.000 deportistas chegados de todo o planeta. Cada un deles recibe, na súa mochila de participante, un folleto informativo sobre a competición pontevedresa de 2019, que agrupa ás especialidades de Duatlón, Aquatlón, Triatlón de longa distancia e Triatlón cross baixo a denominación IUT Multisport Festival.
A organización pontevedresa, encabezada polo alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, supervisaron nos últimos días as cuestións básicas da imaxe da competición, que se basea no logotipo habitual das competicións de triatlón que teñen lugar en Pontevedra, adaptado a esta nova fórmula multideportiva, con alusións cromáticas a cada unha das especialidades.
A presencia en Avilés, ademáis do flyer que recibirá cada deportista, inclúe un display informativo que se instalará en pleno Centro Niemeyer, escenario operativo e deportivo deste mudial de duatlón. Este display inclúe 15 composicións fotográficas e de imaxe, que inclúen vistas da capital pontevedresa, tanto da cidade en si, como das distintas competicións que se celebran.
Nelas ten especial protagonismo o río Lérez e máis o centro histórico, que convirten a Pontevedra nun dos escenarios máis aprezados polos practicantes deste deporte, que tamén destacan a importante implicación da cidadanía nas carreiras. “Pontevedra, city of triathlon” e “All in Pontevedra” son as principais mensaxes nunha campaña que se desenvolve íntegramente en inglés.