Curso medio do Lérez

Curso medio do río Lérez

O treito que vai entre a Ponte dos Tirantes, a praia fluvial e a Illa das Esculturas (que tamén inclúe as sendas da Xunqueira máis próximas ao campus, é o auténtico templo do deporte pontevedrés ao aire libre, polo gran número de persoas que o frecuentan.

Son varios quilómetros de amplas pistas aptas para pasear, camiñar, correr ou ir en bici rodeados de natureza, en contacto visual constante co río ou a súa canle interior e a sana vexetación a contorna.

A illa é ademáis un parque de esculturas contemporáneas realizadas por autores de todo o mundo específicamente para ese lugar, o que lle aporta unha dimensión cultural que lle confire a este parque a honra de estar considerado como unha admirable xoia natural e patrimonial.

A zona da avenida de Bos Aires conecta coa Senda do Lérez que chega ata a presa de Bora por esa marxe, un percorrido duns 6 km desde a ponte dos Tirantes. 

Pola outra marxe, o paseo prolóngase tamén, pero cun maior grao de dificultade.

As rutas de Metrosán por aquí

1Illa – Bos Aires Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes  4.300 m

2 Tirantes – Bombeo Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Bombeo  4.200 m

4Voltalérez Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Fondo illa – Pasarela – Tirantes  5.600 m

5 → Beiras do Lérez Tirantes – Pasarela – Fondo illa – Baixo Palabras – Pasarela Balneario – Pasarela Bombeo – Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes  13.000 m

7 → Doble Xunqueira Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Ponte 1 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Extensión – Correntes  8.800 m

8 → Río-Ría Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo  10.200 m

9 → Interpontes Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Palabras  4.100 m

10 → Interpontes Plus Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Baixo Palabras – Balneario – Palabras – San Bieito  6.400 m

A Xunqueira de Alba

Xunqueira de Alba

Desde a cidade, accédese pola a zona das Pontes das Correntes ou avenida de Domingo Fontán.

É un espazo natural cheo de posibilidades para o deporte, bastante frecuentado tanto a pé como en bici. Ubícase entre as rúas do Burgo e A Santiña, e a autoestrada AP9 e a antiga fábrica da Cros, hoxe almacén.

O seu valor natural máis importante é un prezado humedal, categorizado como Lugar de Interés Comunitario, con abundante fauna e flora propia destes espazos fluviais xa próximos ao mar.

Pouco a pouco, a cidade foino cercando con pistas practicables que hoxe nos ofrecen amplos e agradables percorridos tanto para camiñar como para correr con ou sen bici.

Para visitalo podes partir tanto da Ponte do Burgo como da das Correntes, se procedes do centro da cidade. Ao principio existe unha canle pola que decorre o último treito do río Rons, que baixa por Cerponzóns desde Verducido ata formar esta paraxe xa perto da ría.

A primixenia ponte das Correntes, a que está baixo a Avenida de Domingo Fontán, permitiu reducir a entrada de auga das mareas, e manter os actuais camiños, que se foron convertendo en rúas naturais da cidade.

As rutas de Metrosán por aquí

12Xunqueira de Alba Correntes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes → 4.600 m

13 Xunqueira de Alba PlusCorrentes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Pontecabras – Ponte 1 – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes  → 7.550 m

18 → Camiño NortePeregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro 8.700 m

19 → Camiño top Ponte Sampaio – Leira Longa – Estacións – Eduardo Pondal – Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 22.000 m

Voluntariado

VOLUNTARIADO

Un labor imprescindible

Para manter un alto nivel de eventos deportivos, o traballo desinteresado das persoas voluntarias é importantísimo.

Para tomar parte nalgunha plataforma de traballo voluntario podes vencellarte a algunha das entidades que aparecen na columna da dereita.

Compre distinguir o traballo voluntario do traballo voluntarista. Se o primeiro é absolutamente desinteresado, o segundo ten algún vencello concreto co evento ou a actividade concreta á que se presta o servizo.

A esta última cateogría corresponde o esforzo de centos de nais, pais ou familiares que apoian aos seus fillos e fillas na súa actividade deportiva, relacionados ou non con algún club.

Adrio, xenio do balón e do bisturí

AS HISTORIAS DO DEPORTE

Rafael González-Adrio, cuarto pola dereita na fila superior, formando parte da selección española que o 24 de xullo de 1955 gañou a medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo

Rafael González-Adrio, pontevedrés de nacemento e de agarimo aínda que viviu 70 anos en Cataluña, é toda unha lenda do baloncesto español e da traumatoloxía

Adrio, xenio do balón e do bisturí

Ficheiro das internacionalidades de Rafael González-Adrio que enchía á man o delegado da selección

Cando a partir dun determinando momento es coñecido por unha faceta en particular, neste caso laboral, todo o realizado ata entón pode quedar nun segundo plano. Algo así lle sucedeu a un pontevedrés de nacemento e de agarimo, aínda que viviu durante case 60 anos en Cataluña, coñecido pola gran maioría pola súa condición de traumatólogo, non en balde foi considerado como un dos máis grandes de España, porque Rafael González-Adrio foi toda unha eminencia da medicina.

Un auténtico xenio, que durante 18 anos tivo ao seu cargo os servizos médicos do FC Barcelona. Polas súas prodixiosas mans pasaron algúns dos máis grandes futbolistas do mundo, como Diego Armando Maradona, Bernd Schuster ou Johan Cruyff -do que foi íntimo amigo e ao que ensinou a xogar ó golf- e ata Jorge Valdano, que confiou nel para que lle operase cando vestía a camiseta do eterno rival, o Real Madrid.

O baloncesto dos anos 50

Esas prodixiosas mans para a medicina antes manexaron con mestría un balón porque antes de estar vinculado ao deporte como médico, Rafael González-Adrio foi xogador de baloncesto, pero non un calquera, senón un dos máis importantes que tivo España na década dos cincuenta do século pasado. Un aleiro anotador que foi un fixo na selección nacional durante cinco anos (do 54 ao 58), nos que acumulou 14 internacionalidades, unha cifra que nos tempos actuais pode considerase como escasa, pero toda unha proeza para unha época na que o noso país non participaba nin en Europeos (o primeiro foi o de Suiza no 35 e non volveu ata o de Turquía 59), nin tampouco en Mundiais (debutou no de Arxentina 50 e non regresou ata o de Chile 66), nin en Xogos Olímpicos (a súa estrea foi nos de Roma 60).

Tiro en suspensión

A súa relación co baloncesto comezou grazas ao seu tío Ángel, co que tan só se leva tres anos, e que tamén foi internacional (seis veces). El descubrira o deporte da canastra en Arxentina, onde viu técnicas que non eran habituais en Europa. Del aprendeu o tiro en suspensión e foi un dos primeiros en practicalo porque o resto de xogadores tiraban de culler (de abaixo cara arriba). Comezou a botar o balón, como outros moitos nenos, no patio do colexio e as súas calidades non pasaron desapercibidas para os adestradores dun dos clubs máis importantes daquel momento, e decano de España, o Laietá, no que iniciou unha fulgurante traxectoria que lle levou ao primeiro equipo (52-53) e á tempada seguinte recalou no Español, do cal o fichou o FC Barcelona cando aínda non cumprira os 19 anos.

Fichar polo Madrid

Para os seus pais os estudos eran o primeiro e o baloncesto algo totalmente secundario, pero Rafael non pensaba o mesmo, polo que chegou a un pacto co seu proxenitor para que lle deixase fichar polo Real Madrid. Podía xogar no club branco a cambio de que non esquecese a súa carreira universitaria de Medicina.

Médico por libre

Os adestramentos, os partidos… impedíanlle pisar a aula, pero iso non era ningún obstáculo xa que estudando por libre licenciouse (“era médico e non vira un enfermo na miña vida”) nas canchas, porque se converteu nun dos habituais do conxunto branco pese á súa mocidade, que fixo que nas crónicas daquela época e no libro de historia do Madrid apareza como Rafael González ‘O Nene’.

Competencia estranxeira

Non o tivo nada fácil nun Madrid, que con el gañara as dúas primeiras ligas que se disputaron en España. No seu posto, o de aleiro, comezábase a apostar por xogadores estranxeiros. Tivo que rivalizar con Willian Brindley e especialmente co puertorriqueño Johny Báez, que fichou logo de ser elixido o mellor xogador do seu país, ambos fixeron que se vise máis relegado do habitual ó banco, segundo el mesmo confesaba, pero iso non era impedimento para que seguise sendo un fixo nas convocatorias do seleccionador español, Jacinto Ardevínez.

Primeiros éxitos

Co equipo nacional foi un dos culpables dun dos primeiros éxitos do baloncesto e ata do deporte colectivo español. Foi con motivo da segunda edición dos Xogos do Mediterráneo, unha competición desvalorizada actualmente pero que naquela época tiña máis nivel e importancia que un Eurobasket. No torneo, que tivo como escenario Barcelona, a selección -da que formaban parte lendarios como Díaz Miguel, Alfonso Martínez ou Jorge Bonareu Bussot, que era a gran estrela do combinado- colgouse a medalla de ouro.

Internacional

Rafael estreara a súa condición de internacional un ano antes, con motivo dun amigable en Bolonia ante a Virtus. Un partido para o que a Federación tivo que falsificar a súa data de nacemento -adiantándoa un ano- para poder acudir á convocatoria do seleccionador porque non tiña a idade mínima esixida. Foron cinco anos nos que sempre entraba nas listas de Ardevínez ata que o 16 de febreiro de 1958 xogou o seu último encontro con ‘a ñ’. Os seus éxitos deportivos eran continuos ao mesmo tempo que terminaba os seus estudos universitarios.

Un gran traumatólogo

Con 26 anos tiña por diante unha portentosa carreira deportiva porque “estaba no meu mellor momento”, recordaba, polo que pensou no futuro e na palabra que lle deu ao seu pai. A bata de médico tiroulle máis, do cal non se arrepentiu nunca, e decidiu colgar as zapatillas cando estaba no cume. Non soamente deixou de botar o balón e de mirar cara ó aro para crear os seus soños, senón que tamén fixo as maletas. Neste caso non como 20 anos antes, para irse xunto á súa familia da súa Pontevedra, seguindo os pasos do seu pai (era artilleiro), por causa da Guerra, senón para adquirir os coñecementos que lle transformarían nun dos mellores traumatólogos que deu este país.

Innovador

Esa viaxe -o da infancia, levoulle, en Cataluña, primeiro a Figueres e despois a Barcelona- tivo a súa parada en Alemania, onde descubriu prácticas descoñecidas en España. “Aquí usábase xeso mentres alí xa se operaba”, confesou dous anos antes de morrer en 2015. Case sete anos despois regresou á cidade que o acolleu, Barcelona, onde se converteu nunha auténtica eminencia en todos os campos de traumatoloxía, incluída a deportiva. Ademais de exercer no Hospital de Vall d’Hebron, tamén recalou no Barça, no que estivo case dúas décadas, porque en toda a súa vida o deporte foi fundamental, primeiro como practicante destacado e despois como galeno.

Heroicidade

Cando se bota a mirada atrás, na maioría dos casos, as lembranzas en cor adquiren máis relevancia, pero os que son en branco e negro gardan o aroma da superación, de romper barreiras, porque ser deportista naquela España dos 50 era un exercicio de heroicidade que, no caso deste pontevedrés que presume sempre que pode desa condición, adquire tintura de revolucionario, primeiro no baloncesto e despois na traumatoloxía.

Os adestramentos, os partidos… impedíanlle pisar a aula, pero iso non era ningún obstáculo xa que estudando por libre licenciouse (“era médico e non vira un enfermo na miña vida”) nas canchas

O primeiro ciclocross, unha relixión

AS HISTORIAS DO DEPORTE

Corredores cruzando a vella ponte dos Gafos

Grazas a Antonio Días Lema o Campionato de España saiu por primeira vez do País Basco para vir a Pontevedra

O primeiro ciclocross, unha relixión

Ciclistas baixando polo Verxel
Obstáculo con pedras no circuito de Monte Porreiro
Plano do circuito para o Campionato de España
Albert Van Dame, segundo pola dereita, no Gran Premio de San Sebastián

As fotos eran en branco e negro e as imaxes de televisión tamén. Os xornais eran tamaño sabas de cama e nesa época, Pontevedra era unha referencia no ciclismo. O culpable: o Club Ciclista Pontevedrés, liderado polo seu presidente, Antonio Días Lema, que fixo que nesta cidade non soamente se celebrasen numerosas probas pedalísticas, senón tamén que a maioría delas tivesen un nivel altísimo.

A actividade era frenética, tanto nos meses de inverno como nos de primavera ou verán. A cidade do Lérez, que sempre estará unida á historia da modalidade invernal do ciclismo xa que houbo unha época, logo das citas do País Basco, na que esta disciplina era maiúscula e a cidade do Lérez a gran referencia.

Esa transcendencia foi consecuencia da incesante labor do CC Pontevedrés e das xestións de Antonio Días Lema, que conseguiu traer a Pontevedra en 1970 o Campionato de España, e que por primeira vez na súa historia disputásese fora dos límites do País Vasco, debido á decisión de Luís Puig, por aquel entón presidente da RFEC e posteriormente ‘mandamás’ do ciclismo mundial -grazas a él, Pedro Delgado non foi sancionado no Tour de 1988-.

Toda unha «sustracción»

O paso do tempo pode restarlle transcendencia ó feito, pero ata principios dos oitenta do século pasado o ciclocrós era País Basco, tanto pola importancia das probas como polo seguimento de público, o poder dos organizadores, a calidade dos corredores… e de súpeto o seu ‘gran tesouro’ foi subtraído por un pontevedrés que levaba unha década impulsando un gran premio, o de San Sebastián, que reunía a excelentes ciclistas.

Monte Porreiro

O escenario do Nacional foi o circuíto de Monte Porreiro (nas inmediacións do miradoiro). Foi en febreiro de 1970 co triunfo de José María Basualdo en categoría de afeccionados (os profesionais corrían por separado).

O Nacional foi un punto de inflexión. O empurrón a unha afección que acudía en masa a todas as probas que organizaba o CC Pontevedrés, fosen de estrada, por etapas ou de ciclocrós.

Animado polo éxito da cita e influenciado Antonio Días Lema polo respaldo de Luís Puig, o seguinte soño foi apostar polo Campionato de Mundo. Parecía unha quimera, pero case non o foi porque a UCI estivo a piques de concedelo.

Casi ven o Mundial

A colaboración de Anxo García Fernández (o delegado de asuntos económicos do Consello Nacional de Deportes) e de Luís Puig propiciou que o Mundial estivese moi preto de Pontevedra. As xestións estiveron moi avanzadas. «Tivemos algunhas reunións coa UCI e faltou moi pouco para que nolo concedesen. Creo que si eu non estivese tan leado polo meu traballo no Hospital lográmolo», explicou en 2007, Días Lema.

A non celebración do Mundial non foi impedimento para que por Pontevedra pasasen ciclistas do máximo nivel. O Gran Premio San Sebastián tiña unha vital importancia no ciclismo nacional e ademais estaba colocado estratexicamente no calendario, a poucas datas do Mundial.

Albert Van Damme

Outro dos momentos cumes foi a presenza de Albert Van Damme, que por aquel entón era o vixente campión do mundo de ciclocrós. Foi no Gran Premio San Sebastián de 1974. O circuíto de Monte Porreiro rexistrou un ambiente extraordinario. O belga foi un dos numerosos grandes ciclistas que competiron en Pontevedra. Outro foi o alemán Klaus Peter Thaler.

Eddy Merckx, demasiado caro

Outro fito que non chegou a producirse, por pouco, foi a presenza do mellor ciclista de todos os tempos, Eddy Merckx, que deu o si a Días Lema, a través do seu representante, para acudir ao GP de San Sebastián de 1976, pero finalmente o doutor “se rajó” -segundo as súas propias palabras- ao ter que pagarlle un millón de pesetas daquel entón (6.000 euros). «Tiñamos 24 horas para conseguir o diñeiro, pero despois deume medo e dixémoslle que non podiamos».

Unha clásica preolímpica

As magníficas relacións de Días Lema fixeron que, en máis dunha ocasión, a selección española disputase o Gran Premio Virxe Peregrina ou a clásica Pontevedra-Vigo-Pontevedra, que en 1967 foi cualificada como preolímpica pola Federación Española, polo que participou o equipo nacional. O triunfo foi para José Luís Reguera. O cuarto clasificado foi un dos ilustres do pelotón, José Antonio González Linares, e o quinto José Manuel Fontes ‘Tarangu’, que tempadas despois gañaría a Volta a España en dúas ocasións e ata foi segundo no Giro de Italia.

Gran protagonismo ciclista

Probas como o ‘Virxe Peregrina’, o xa mencionado ‘Gran Premio San Sebastián de ciclocrós’, as ‘100 voltas á Alameda’, o ‘Gran Premio Primavera’ ou a ‘Pontevedra- Vigo- Pontevedra’ apoderábanse das rúas da capital de Rías Baixas. Eran competicións que facían que o ciclismo tivese un enorme protagonismo. O club pontevedrés converteuse nunha das referencias e o seu prestixio fixo que a cidade tivese a oportunidade de poder desenvolver probas dun altísimo nivel.

Basualdo

En 1970 José María Basualdo gozou da gran semana da súa vida. Chegou a Pontevedra como aspirante ao título e cumpriu coas previsións. Na proba de afeccionados logrou o triunfo nacional. Foi o pasaporte para o Mundial que ao domingo seguinte celebrouse en Zolder.

Viaxe a Bélxica

O seleccionador anunciou a lista de convocados ao pouco de terminar o Campionato de España e, trala cita pontevedresa, o grupo de corredores elixidos viaxou ao día seguinte, luns, en bus desde a cidade do Lérez ata Tolosa. O martes, no mesmo medio de transporte, iniciaron a viaxe desde a localidade guipuzcoana para dirixirse a Zolder (Bélgica), percorrido que tardaron en realizar dous días. Os corredores viaxaron xunto ós seleccionadores Mariano Galarza e Antón Barrutia, antigos ciclistas profesionais, máis os técnicos encargados do material. Na vaca do bus transportáronse as bicicletas e os repostos.

Primeiro, Monte Porreiro

Trala odisea de viaxe, unha semana logo de enfundarse no circuíto de Monte Porreiro o maillot de campión de España, Basualdo colgábase a medalla de prata universal nunha das catedrais do ciclocrós mundial. A prensa de entón destacou a súa proeza deportiva. Foi portada da Vanguardia de Barcelona o martes 24 e tamén do diario deportivo As, unha fazaña nada habitual para un deporte español orfo de grandes triunfos.

Como consecuencia deste éxito, a selección española repartiu un premio de 100.000 pesetas, das cales 10.000 destináronse aos mecánicos e o resto repartiuse a partes iguais entre os cinco corredores da selección.

Vida de ciclocross

Basualdo dedicou toda a súa vida deportiva case en exclusiva ao ciclocrós, onde comezou no ano 1968, con vinte anos. Soamente en 1970 probou, e con éxito, a súa participación en probas en estrada como afeccionado, gañando cinco delas: Gran Premio Durana (Álava), Altsasu (Navarra), Legazpi (Gipuzkoa), subida ó porto de Ibardin (Navarra) e o circuíto de Barcelona, que constaba de catro etapas. A de Basualdo foi o primeiro, e case único, gran éxito do ciclocrós español a nivel mundial. O único que se lle pode comparar é a medalla de prata lograda no ano 2017 polo valenciano Felipe Orts na categoría sub-23.

Tradición ciclista

A idade de ouro dos anos 60, 70 e 80 do ciclismo pontevedrés foi consecuencia dunha tradición que empezou no segundo decenio daquela centuria. Fóra no ciclocrós ou no ciclismo de estrada, naqueles anos vinte Pontevedra contaba cunha activa e emerxente afección ao deporte do ciclismo que se concentraba, especialmente, en dous talleres de bicicletas: Sánchez (nas inmediacións de Peregrina) e a tenda do señor Días, coñecida popularmente como a do ‘portugués’, e que estaba situada na rúa García Camba.

Carreiras desde 1927

Desenvolvíanse carreiras (a primeira edición da Volta ao Morrazo foi en 1927) e os comentarios e debates sobre ciclismo eran habituais. Este ambiente propiciou que varios pontevedreses suscitasen a posibilidade de fundar un club. Con todo, e pese a máis dun intento, nunca se produciu tal noticia. Houbo que esperar ata case catro décadas despois para que ese desexo vísese culminado.

O Club Ciclista Pontevedrés

De novo aparecen coñecidos afeccionados, entre eles algún dos fillos do señor Días, sobre todo Antonio, que liderou o proxecto de levar a bo porto a fundación dun club que centrase toda a actividade pedalística da cidade do Lérez.

Ese desexo atopou o respaldo de Paulino Martín Otero e Benardino Lage Curral, que xunto ao mencionado galeno crearon o 19 de marzo de 1964 o CC Pontevedrés. Tras chegar ó acordo de fundar o club e co permiso da autoridade correspondente (autorización 2082. referencia: 1112), celébrase unha reunión na que se confeccionou a primeira xunta directiva.

A idade de ouro dos anos 60, 70 e 80 do ciclismo pontevedrés foi consecuencia dunha tradición que empezou no segundo decenio do século XX.

Estévez, o esquecido herói das augas

AS HISTORIAS DO DEPORTE

Estevez, tras a final na que se proclamou campión de España en Vigo

O pontevedrés Manuel Estévez foi o primeiro galego en subir ao podio dun Campionato de España de Natación. A II Guerra Mundial impediulle ser olímpico

Estévez, o esquecido herói das augas

Manuel Estévez, na piscina de Palma de Mallorca, durante o Campionato Nacional de Educación e Descanso
Caricatura dos mellores nadadores do momento
Estévez abandona a piscina creada na dársena de Vigo

Manuel Estévez Rodríguez viviu unha época na que ser deportista era unha heroicidade, polo que describir unha traxectoria como a súa alcanza categoría de lenda. En 1940 foi o primeiro nadador galego da historia que subiu ó podio dun Campionato de España, unha fazaña de incalculable valor que non foi produto da casualidade, xa que no primeiro lustro dos anos corenta do século pasado foi considerado como un dos mellores bracistas españois, acumulando medallas e récords nos diferentes campionatos nacionais malia a falta de medios -na nosa comunidade non había piscinas- e de recursos. O momento no que viviu fixo pasar ó esquecemento a un deportista que ten, por dereito, un lugar nos anais.

Un día a un grupo de rapaciños que xogaban nas Corbaceiras dixéronlles que se tirasen á auga, que fosen ata a outra beira e regresasen; cando o último volveu tocar terra firme, ao primeiro dixéronlle que fora seleccionado para tomar parte en competicións locais e galegas para posteriormente poder acudir ao Campionato de España.

Tomábanlle o pelo?

A escena remóntase ó verán de 1939, cando tan só transcorreran unas cantas semanas do final da Guerra Civil e o rapaz que chegou primeiro pensaba que “me estaban tomando o pelo”, confesaba máis de 74 anos despois daquela situación. Ata os últimos días da súa vida, Manuel Estévez mantén fresca na súa abundante memoria moitas das lembranzas dunha mocidade na que o neno que nadaba máis rápido que ninguén no Lérez transformouse nun dos mellores nadadores da historia de Galicia.

Foi nacer a Ponteareas

Naceu, por expreso desexo materno, en Ponteareas, de onde era orixinaria a súa familia porque “a miña nai foi a dar a luz alí, pero levaban tempo vivindo en Pontevedra e aos poucos días volveron para alí”, confesaba alguén que viviu gran parte da súa vida en A Coruña “desde que me casei”-, pero que recoñecía sempre que, “por enriba de calquera sitio, séntome de Pontevedra”.

O deporte e o río Lérez

Nos anos 20 e 30 do século pasado o río Lérez era un dos epicentros da actividade social, deportiva e lúdica da cidade, que miraba moito cara el. Ao mesmo tempo era o gran escenario da actividade deportiva, especialmente a zona das Corvaceiras, onde os partidos de waterpolo, as travesías ou as carreiras de velocidade eran constantes. Tamén era o lugar onde os mozos, e os que non o eran tanto, divertíanse no seu tempo libre, entre eles; un rapaz ó que os deportes non se lle daban mal, pero que nunca se suscitou tomarse en serio o deporte, pero a visita daqueles adestradores cambioulle a vida.

Ao Campionato de España

Estévez anotouse no Marítimo -club que a raíz da súa fusión co Náutico en 1958 transformouse no actual Naval de Pontevedra-, co que comezou a tomar parte nas primeiras competicións, que tiñan un carácter local, provincial ou universitario ata que en 1940 logrou participar no Campionato de España, que a Federación Española concedeu ao Náutico de Vigo.

Un evento de posguerra

O evento non só foi un reto para o pontevedrés, senón tamén para a organización, xa que en 1940 Galicia non contaba con ningunha piscina -a primeira inaugurouse ó ano seguinte en A Coruña, no antigo solar do cárcere, onde agora está o Hotel Hesperia Finisterre-, polo que na dársena do porto ‘aparcelouse’ unha parte do mar e instaláronse as diferentes rúas. O campionato incluíase nos actos de homenaxe á Mariña Española, pero pola falta de instalacións axeitadas non se puideron celebrar os concursos de saltos. Déronse cita miles de persoas que trataban de esquecer as feridas da recente Guerra Civil, así como os mellores nadadores españois que resistiron ao conflito bélico.

A natación galega nos anos 30

A natación galega apenas tiña bagaxe. A federación rexional constituíuse a principios dos anos 30. As poucas referencias históricas eran o mariñeiro ferrolano Abelardo López Montovio, que estivo a piques de ir aos Xogos Olímpicos de Amberes de 1924, nos que o pontevedrés Luis Otero foi prata coa ‘furia española’ de fútbol, pero polas presións recibidas o COE optou por non convocalo. Así como no primeiro lustro dos anos 30, os coruñeses Casteleiro, Miranda, Bremón, ou Campanioni, ou os vigueses Joan Docet e Josep M. Puig (dous cataláns que mostraron aos seus compañeiros as excelencias do estilo crol, descoñecido para eles), Rivas, Concejo, ou Castiñeiras.

Prata en braza de peito

As expectativas da representación galega eran mínimas. Toda a atención estaba centrada noutros deportistas, pero de súpeto xurdiu a figura impoñente dun mozo pontevedrés de 19 anos que se colgou a medalla de prata -dábanse copas- nos 200 metros braza (naquela época chamábase braza de peito), só superado polo que nos seguintes anos sería un dos seus eternos rivais, Garamendi, mentres que a terceira praza foi para Sabaté. Os tres dominaron durante o anos 40, a nivel nacional, as diferentes probas desta especialidade.

Revelación no Berbés

A maioría non saía do seu asombro, como reflicten as crónicas da época, porque Manuel Estévez soamente era coñecido a nivel local e un pouco en Galicia. “Si ese campionato non fose en Vigo, con toda seguridade non puidese participar, pero ao ser tan preto fixéronse probas de selección e tiña máis posibilidades”, recoñecía. Entre os seus recordos sempre había un lugar especial para aquela competición porque, “aínda que a piscina non a homologaron, aquela tarima flotante era todo un invento. Tiveron moito mérito”.

Os trofeos, no «Globo»

A medalla de prata, a primeira na historia da natación galega, fixo que o nome de Manuel Estévez comezase a aparecer nos xornais da época dunha cidade na que xa era coñecido. A veciñanza admiraba as súas fazañas deportivas grazas aos trofeos que ían aparecendo no escaparate dun comercio da rúa da Oliva chamado ‘O Globo’. “Logo dunha competición o dono da tenda díxome que si quería podía poñer alí o trofeo, e a partir dese momento sempre que conseguía algún leváballo. Sempre me dicía: ti tráeme máis”.

Multideportista

A luva sempre era recollida por un mozo que, ademais da natación, tamén practicaba atletismo -gañaba sempre en 200, 400, 4×400 e altura- e xogaba na liga de fútbol de modestos como porteiro do Noácido e O León e na de federados co Crispa; e ao balonmán a once na recentemente fundada Sociedade Deportiva Teucro, da que foi un dos seus primeiros integrantes e co que quedou subcampeón de España de balonmán a 11.

Novo intento

Conseguir máis trofeos non era sinxelo, non soamente polas evidentes dificultades deportivas, senón pola falta de probas e a distancia, non só kilométrica, de Galicia con respecto ós sitios que eran os centros neurálxicos da natación española, especialmente Canarias, Madrid e Cataluña.

Animado polo seu estado físico, polo recordo do sucedido en Vigo e pola súa paixón polo deporte, decidiu ir ao Campionato de España que ó ano seguinte, 1941, se celebrou en Palma. Foi o único galego que acudiu e a viaxe foi toda unha proeza. “Primeiro fun no tren de mercancías a Madrid, despois collín outro a Valencia dende onde, en barco, cheguei a Palma logo dunha travesía de varios días” porque “o transporte non era como o de agora”.

Único defensor do noso quinto posto

Galicia, malia presentar só a Manuel Estévez, logrou un espectacular quinto posto por rexións, unicamente superada por potencias como Cataluña, Castilla, Baleares e Canarias, e por diante doutras como Valencia, Asturias e Andalucía. “O día do desfile inaugural ían chamado un a un ós equipos. Cada selección levaba 12 ou 14 nadadores, ademais de adestradores e directivos, e de súpeto din Galicia cun único deportista: ¡Estévez! E o público, sorprendido, comezou a aplaudir”.

O 42, un gran ano

Aquel Campionato de España foi o preámbulo do seu mellor ano deportivo, o de 1942, no que o pontevedrés consolidouse como un dos mellores bracistas do noso país. Todas as competicións convertéronse en verdadeiras exhibicións. Na cita nacional foi terceiro en 200 e 400 metros, aínda que o seu gran recital chegou na primeira edición do Campionato Nacional de Educación e Descanso, no que alcanzou o primeiro posto nas dúas distancias, bateu o récord nacional dos 400 braza e foi, dos 257 participantes, o que obtivo a mellor puntuación.

A guerra suspende os Xogos Olímpicos

Chegou a posuír -mellorándoos en varias ocasións- os récords galegos de 100 (1’26), 200 (3’8) e 400 (6’56), así como o de 3×100 estilos, ademais da marca nacional de Educación e Descanso nos 400. A suspensión, por culpa da Segunda Guerra Mundial, dos Xogos de 1940, que se ían a celebrar en Helsinki, e os de catro anos despois, que estaban asignados a Londres, impediron que o pontevedrés estrease unha condición olímpica que gañou no auga. A súa marca persoal no dobre hectómetro significaría ser finalista nos Xogos anteriores (Berlín 36) e posteriores (Londres 48) ao conflito bélico.

Imbatible na Galicia dos 40

Mantívose en activo ata finais dos 40, aínda que nunca perdeu contacto coa natación. A mediados desa década comezou a desaparecer dos primeiros postos a nivel nacional, pero seguía sendo imbatible en Galicia.

O paso do tempo foi esquecendo a figura do primeiro grande da natación galega. Un deportista exemplar ó que soamente a época que lle tocou vivir impediulle conseguir as cotas que posteriormente tiveron outros con menos méritos.

Cruzar o Estreito

Aseguran que todos os deportistas teñen un soño por cumprir. O de Manuel Estévez Rodríguez é o de cruzar a nado o Estreito de Gibraltar. Unha vez, nos anos 40, lendo un xornal descubriu que unha inglesa, Mercés Gleitze, lograra tal fazaña en 1928. Aquel desafío entusiasmoulle, comezou a xurdir na súa cabeza a posibilidade de seguir as brazadas da británica, e máis tendo en conta que el era un especialista en travesías, non en balde no seu palmarés existen numerosos éxitos neste tipo de competicións.

“Comecei a adestrar e a buscar máis información sobre cruzar o estreito”, explica con nostalxia porque “era un reto que me apaixonaba”, pero finalmente fixo caso a aqueles que lle aconsellaban que “non o fixese porque eran 14 quilómetros co mar a baixas temperaturas”.

Arrepentido

Ninguén confiaba no pontevedrés porque “dicíanme que non tiña a musculatura suficiente para soportar esas baixas temperaturas”. Aos primeiros comentarios negativos non lles fixo caso, pero co tempo sucumbiu a esas voces críticas. 70 anos despois recoñecía que en certo xeito se arrepentía porque “sería bonito poder conseguilo”. Ademais, de cruzar o Estreito con éxito, converteríase na segunda persoa en logralo, no primeiro home e tamén no primeiro español, porque ata que o 2 de setembro de 1948 Eduardo Villanueva chegou á beira africana ningún español o intentara.

Travesías galegas

Ao longo da súa carreira deportiva destacou nalgunhas das travesías máis importantes que se celebraban en Galicia. Gañou en dúas ocasións a de Nadal de Vigo que se celebraba no porto á altura de Guixar; dela aínda recorda “o frío espantoso que pasamos porque era finais do mes de decembro”. En 1943 logrou o terceiro posto na Travesía ao Porto da Coruña.

Canteira do Lérez

Para este tipo de probas tiña a vantaxe de que durante moitos anos o único lugar onde nadou foi o río Lérez. “Entón non había piscinas”. As competicións e os adestramentos facíanse a partir do mes de maio ata setembro, e alí coincidía con Roberto Ozores, Muruais, Malecho, A Rocha…

O rescate do porco

A principios dos anos 30 do século pasado o río Lérez tiña unha frenética actividade. Era un dos lugares de recreo preferido polos pontevedreses e onde os amantes ós deportes acuáticos tiñan a oportunidade de practicalos. Nomes como os de José Rodríguez Ruibal ‘Pepe Malecho’, Armando Casteleiro, Clemente Echevarría ou o propio Muruais estarán sempre unidos a esta canle fluvial.

Un gran nadador

Entre os numerosos pontevedreses que gozaban do río estaba Manuel Estévez, que vivía na rúa Real á altura da fonte dos Tornos. Un rapaz que xeraba admiración entre os seus coetáneos pola súa capacidade natatoria. Nas épocas estivais estaba sempre preto do río e iso fíxolle vivir situacións de todo tipo, algunhas delas realmente singulares.

Cando era un rapaz viu como un señor que se dirixía cara á ponte da Barca, pola beira do actual Mercado, comezaba a gritar e bracear. Cando se achegou a el escoitou que os queixumes debíanse a que a cría de porco que levaba atada a unha corda estábase afogando no río sen que ninguén fixese nada. Todos daban por perdido o porcino cando o mozo Manuel Estévez arroxouse a auga vestido con roupa de rúa, nadando achegouse e o primeiro que fixo foi collerlle dunha orella para que non lle mordese. Facendo gala das súas cualidades, foino achegando ata terra firme ante a atenta mirada da multitude que se congregou.

Nen un xamón

Os queixumes transformáronse en gritos de alegría segundo Manuel íase achegando á beira, mentres facía que o porco non afundise o fociño na auga para que non se afogase. A aventura tivo un final feliz. O bo home recuperou o porco e o mozo nadador recibiu numerosas felicitacións, “aínda que non me regalou nin un xamón”, comenta entre risas. Estévez, que aínda non era o gran campión que posteriormente foi, comezou a crearse unha reputación.

A nena coruñesa

O rescate do que se sente máis orgulloso produciuse cando estaba vivindo en A Coruña. Foi na piscina da Solana nunha tarde de verán na que se caeu á auga unha nena pequena que non sabía nadar. Ninguén se deu conta do incidente ata que de súpeto escoitaron un grito, unha vez máis Manuel Estévez lanzouse á piscina e sacou á nena que levaba un tempo na auga, polo que perdera o coñecemento. Os exercicios de primeiros auxilios que lle practicou foron cruciais para que recuperase a súa actividade.

Partidos nas Corbaceiras

Naquela época as carreiras na auga eran a diario. Calquera escusa era perfecta. Tamén se penetrou no waterpolo -denominado polo acuático-, que era un deporte que xeraba unha inusitada atención en Pontevedra tanto por practicantes como por espectadores, non en balde cada partido que se celebraba na dársena das Corbaceiras, nas inmediacións da actual sé da Autoridade Portuaria, era unha auténtica festa.

Novos e inconscentes

Aquel grupo de amantes da natación tamén se divertía protagonizando saltos, que habitualmente tiñan a súa base na vella ponte do tren, pero os máis valentes en máis dunha ocasión atrevíanse a tirarse dende o da Barca (máis de 14 metros). Entre eles estaba Manuel. “Era toda unha aventura. Tirarse dende a ponte do tren era o habitual, pero cando subiamos ao da Barca a xente concentrábase nas beiras moi pendente do que sucedía”, comentaba antes de engadir que “éramos novos e inconscentes”.

As competicións e os adestramentos no Lérez facíanse a partir do mes de maio ata setembro, e alí coincidía con Roberto Ozores, Muruais, Malecho, A Rocha…

Pontanari, a nosa primeira grande lenda

AS HISTORIAS DO DEPORTE

Cos seus alumnos na clase de esgrima do Instituto. Tercero pola dereita na fila superior

Coñecido polas súas ideas progresistas era un claro defensor da presenza da muller no deporte, algo que non estaba ben visto

Era habitual velo montado enriba dun velocípedo e era tan entusiasta que, en 1891, organizou as ‘Cincuentas leguas Santiago-Pontevedra-Oporto’

Attilo Pontanari, a nosa primeira grande lenda

Retrato de Pontanari
Sede do Liceo Ximnasio onde daba clases a Valle-Inclán
Caricatura que sae nos libros de Valle-Inclán

Houbo unha época na que o deporte era ‘esport’ e non por esnobismo, senón porque en países como o noso no último cuarto do século XIX aquilo víase como unha moda dos británicos, que alteraba a mente das persoas. Só o empeño duns cantos como Attilio Pontanari fixeron cambiar, moi aos poucos, esa imaxe, defendendo o ‘esport’ como un factor fundamental na formación dos seres humanos. Conceptos totalmente afianzados na actualidade, pero que hai 150 anos representaban unha verdadeira utopía.

O ‘esport’ significa o comezo do deporte que estaba reservado para un determinado segmento da poboación. Pontanari, que a definía como gimnasia higiénica, popularizouna nunha terra á que chegou con 28 anos (naceu en Florencia en 1850) como membro dun espectáculo circense no que tamén participaban os seus irmáns.

Chega a Galicia

A súa estrea como Hércules prodúcese en maio de 1859 no Circo Ecuestre de Rafael Díaz instalado no que agora é a praza de María Pita da Coruña. Aquela non foi unha visita esporádica, senón a viaxe definitiva á súa nova terra porque o ‘signori Pontanari’ xa non regresou á súa Toscana natal e creou unha nova vida en Galicia.

Logo dunha década na cidade herculina, trasladouse a Santiago (1888-1893), onde comezou a ser unha figura destacada na sociedade compostelana grazas aos conceptos que promovía e ó seu traballo como profesor de ximnasia, mestre de esgrima, inventor, ortopedista, ciclista e xefe de bombeiros. Os seus cinco anos na capital galega foron determinantes porque xa ninguén o identificaba como un forzudo, senón como un mestre. A súa actividade foi frenética. Creou o seu primer ximnasio na Sociedade Económica Amigos do País e Val, que foi o paso previo a abrir outro, en 1893, en Vilagarcía e un ano despois, afincouse definitivamente en Pontevedra.

En Pontevedra

Foi na Boa Vila, onde volveu coincidir co futuro insigne das letras españolas Ramón de Valle-Inclán ó que coñecera en Santiago de Compostela, a cidade galega na que viviu máis tempo (17 anos), aínda que morreu en Vigo.

Pontanari, coñecido polas súas ideas progresistas era un claro defensor da presenza da muller no deporte, algo que non estaba ben visto. Converteuse nun dos personaxes máis importantes e coñecidos de Pontevedra. Comezou a dar clases de ximnasia e de esgrima na Sociedade do Liceo Gimnasio (estaba situado na avenida de Bos Aires, no lugar coñecido como a leira do Teucro) que se transformou en centro neurálxico da cidade. Ata foi titor do internado do colexio Balmes.

Cátedra de ximnasia

O seu prestixio alcanzou niveis moi altos xa que a súa actividade era amplísima. Ver artigos na prensa nos que defendía a ‘ximnasia higiénica’ era habitual e os seus asaltos de esgrima eran famosísimos, polo que en 1889 outórgaselle a cátedra de ximnasia do Instituto de Pontevedra unha proposta do Consello de Instrución Pública.

Xefe de bombeiros

É o recoñecemento a unha excepcional traxectoria, o posto compaxínao co de xefe do parque de Bombeiros (ten un grave incidente co alcalde que lle fai pasar unha noite no cárcere xunto ó resto de membros do seu equipo), un corpo que creara en A Coruña e en Santiago e anos máis tarde en Vigo, a raíz do incendio do teatro Rosalía.

A finais de 1910 Pontanari, acompañado polas súas dúas fillas (Eva e Gloria) e xa viúvo, abandona Pontevedra, onde recibe numerosos eloxios. A prensa daquel entón destaca que «Pontevedra ten unha contraída débeda co insubstituíble profesor», como sinala ‘Un hípico’ no Diario de Pontevedra.

Un filántropo

A maioría das actividades do florentino con corazón galego foron desinteresadas e filantrópicas. En Santiago creara un taller mecánico-ortopédico e en Pontevedra continuou con esa mesma actividade. Inventou un inodoro para extraer e transportar materias fecais que foi comprado polo Concello de San Sebastián. Ademais de tirador, forzudo e mestre de ximnasia foi un destacado ciclista. Era habitual velo montado enriba dun velocípedo e era tan entusiasta que, en 1891, organizou as ‘Cincuentas leguas Santiago-Pontevedra-Oporto’.

Ortopedista

Unha das súas facetas máis destacadas foi a de ortopedista. Defensor da actividade física como método de sanidade. Fabricaba toda clase de aparellos ortopédicos como tamén cintas-faixas para señoras e cabaleiros, aseguraba a prensa da época, trobangueros e corpiños. Era tal o seu prestixio que a Pontevedra acudían persoas de diferentes puntos de Galicia para poder ser curados polo italiano. Non era raro ver na prensa artigos de agradecemento como o do doutor Luís Rodríguez Seoane.

Un pioneiro

Descoñecido para unha gran maioría, Attilio Pontanari e Maestrini (1850-1924) foi un pioneiro da educación física que fomentou na sociedade daquel entón os valores que en Francia trataba de divulgar o seu coetáneo Pierre de Coubertain, que a principios dos anos noventa do século XIX intentou de recuperar o movemento olímpico.

O mestre de Valle-Inclán

Se hai unha persoa coa que Pontanari mantivo unha relación moi persoal, esa foi Ramón María de Valle-Inclán. A influencia do florentino no insigne escritor foi moi ampla. Coñecéronse en Santiago de Compostela cando un era profesor da Sociedade Económica e o outro alumno. O xenio foi un gran afeccionado a esgrima, na que lle introduciu Pontanari, que ademais foi o seu mestre de italiano.

De Santiago a Pontevedra

Coñecéronse en Santiago, pero foi en Pontevedra onde ambos fraguaron unha extraordinaria amizade. A primeira referencia bibliográfica da afección do escritor por esgrima e a súa relación con Pontanari é a serie de textos baixo o título ‘As pantasmas’, que publicou o doutor Otero Acevedo en Heraldo de Madrid, non en balde é revelador que o escritor use o termo italiano ‘scherma’ nalgunhas das súas publicacións. Sen dúbida, era pola influencia do seu profesor. En Pontevedra, vai tomar parte das clases que Pontanari dá no Liceo Gimnasio e tamén no Instituto (ocupaba o actual edificio Sarmiento do Museo), pero ademais, participa ata en cinco exhibicións públicas.

Liceo Gimnasio e Instituto

A máis famosa prodúcese o 9 de decembro de 1894 no Liceo Casino (algo máis dun mes antes levouse a cabo outra, que recolle unha noticia do 3 de novembro da Gaceta de Galicia). O duelo entre Pontanari e Valle-Inclán foi a ‘atracción’ dun asalto no que tomaron parte preto dunha ducia de tiradores. O Diario de Pontevedra do 10 de decembro, publica unha análise profunda da velada asegurando que o italiano «presentouse como un verdadeiro loitador».

«Aposto e atrevido»

Os eloxios cara ao futuro gran escritor (aínda non publicara o seu primeiro libro) tamén son numerosos: «Estivo aposto e atrevido». Ata en tres obras de Val hai personaxes co nome de Atilio ou Atilo. Pontanari foi un extraordinario defensor das virtudes do deporte (chamáballe habitualmente gimnástica). Non só encomia nas súas clases, nas súas accións, nas súas intervencións, senón que ía máis aló.

Pedagogo

Entre xaneiro e marzo de 1898, escribiu catro artigos en ‘O Noticiero Galego’ nos que facía fincapé na necesidade da práctica de actividade física.

Necios ou vagos

Caracterizábase pola súa contundencia, por iso non estraña que o primeiro dos seus artigos (editado o 25 de xaneiro de 1898) remáteo asegurando que aquel que non cre na sanidade do movemento (deporte) ou é un necio ou un vago digno de compaixón. Ademais, mostra o seu convencemento de que «é unha gran verdade que o movemento é circunstancia obrigada para a vida normal».

«Equilibrio entre o físico e o intelecto»

Unhas palabras que agora, en pleno século XXI, non soan estrañas, pero que a finais do XIX parecían unha tolemia. O terceiro artigo está dedicado á ximnasia na educación dos nenos. «No verdadeiro equilibrio entre o traballo intelectual e o físico é indispensable non contrariar extremadamente á natureza, baixo ningún de ambos conceptos». Pontanari, fiel ao seu perfil de pedagogo igual que Coubertain, destacaba que é necesario «harmonizar o espírito coa materia, non vacilamos en afirmar que a ximnasia hixiénica pode ser rexeneradora en gran parte dos homes do porvir». O seu discurso está de plena actualidade, o que demostra a importancia de defendelo hai máis de cen anos.

«É necesario harmonizar o espírito coa materia, non vacilamos en afirmar que a ximnasia hixiénica pode ser rexeneradora en gran parte dos homes do porvir»

Covid

Medidas ante a Covid 19

 

Ante a situación creada pola Covid19, as autoridades sanitarias establecen unha serie de medidas para loitar contra a expansión do virus.

Todas as instalacións municipais teñen indicadas as súas condicións de uso, coas restricións precisas para prestar os servizos que resulta posible en cada momento.

Existe un protocolo de actuación para o uso das instalacións deportivas municipais de xestión directa a través do Servizo Municipal de Deportes.

Este protocolo inclúe como anexos distintos documentos que cada clube debe asinar.

As entidades que utilicen as instalacións deben facerse responsables do cumprimento deste protocolo.

Clásicas de Pontevedra

CLÁSICAS DE PONTEVEDRA

Estas son as máis importantes convocatorias anuais da cidade. As clásicas de Pontevedra.

Un ciclo de eventos pensados para unha intensa vida deportiva.

Pica neste desplegable e tes o acceso que necesitas ás probas que che apetecen.

  • Adoita celebrarse no mes de Maio

  • Multitudinaria carreira non competitiva en BTT, que percorre os catro picos que arrodean a cidade, aínda que hai versión de só 2 picos

  • Páxina web
  • Soe ser no mes de Xuño
  • Carreira non competitiva en bici, que percorre os catro picos que arrodean a cidade, aínda que hai versión de só 3 picos.
  • Os 4 picos supoñen 127 km, cun desnivel de 2.700 m.
  • Os 3 picos, 95 km, cun desnivel de 2.100 m.
  • Páxina web
  • Data habitual: mes de Outubro
  • Carreira pedestre organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, con percorrido polo centro histórico e outras zonas da cidade
  • Páxina web
  • 31 de Decembro
  • Multitudinaria carreira lúdico festiva para rematar o ano organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra
  • Páxina web
  • Adoita celebrarse no mes de Xuño
  • Carreira de obstáculos na contorna do río Lérez, con versión Kids, Warrior, Rocket e Elimitator
  • Páxina web
  • Acostuma a ser no mes de Xuño (con fase previa en maio)
  • Torneo de fútbol 7 con participación de equipos españois e portugueses, organizada pola Escola de Fútbol Portero 2000
  • Páxina web
  • Mes de Agosto
  • Regata de piragüismo entre Portonovo e Pontevedra organizada pola Federación Galega de Piragüismo
  • Páxina web
  • Mes de Agosto
  • O Club Sotavento organiza este campionato anual en augas das Rías Baixas
  • Páxina web
  • Habitualmente no mes de Agosto
  • Actividade de promoción do atletismo na cidade a través de tres disciplinas de salto: lonxitude, triplo salto e salto con pértega. Organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Un espectáculo con grandes atletas.
  • Páxina web
  • Habitualmente no mes de Agosto
  • Actividade de promoción do baloncesto na cidade organizado polo CB Arxil, con modalidades tanto feminina como masculina.
  • En Montero Ríos, Alameda e Praza de España, bulen con este deporte.
  • Páxina web
  • Mes de Setembro, habitualmente
  • Torneo organizado polo Club de Tenis de Mesa de Monte Porreiro no que participan primeiras figuras
  • Adoita ser en Novembro
  • Torneo organizado polo Club Mace Sport de Taekwondo no Pavillón Municipal de Deportes
  • Páxina web
  • Sole ser no mes de Maio
  • Torneo organizado pola Escola de Xadrez de Pontevedra no que participan persoas de toda Galicia e Portugal, con dimensión solidaria, xa que cada participante debe aportar alimentos para o Comedor de San Francisco.
  • Páxina web
  • Celébrase normalmente en Xuño
  • Exhibición de baloncesto que supón o fin da actividade escolar organizado polo CB Arxil Pontevedra
  • Páxina web
  • Habitualmente no mes de Agosto
  • Proba internacional organizada pola Escola de Xadrez de Pontevedra
  • Páxina web
  • En vacacións de nadal
  • Festa lúdico deportiva organizada por Diario de Pontevedra de marcado carácter infantil e xuvenil, pero con actividades para todos os públicos
  • Perfil de Facebook