
Actividade física para todas e todos
Convidar á cidadanía a recuperar as rúas para a actividade física ao aire libre son os principais obxectivos de ‘A Vida é Movernos’, un proxecto impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, que desenvolverá actividades e obradoiros de xeito máis ou menos permanente.
A iniciativa abrangue un amplo e variado programa de accións de diverso tipo, como por exemplo, aulas e exhibicións de danza urbana, hip hop, break dance, ioga e pilates, marcha nórdica e andainas e obradoiros de tratamento do estrés e a ansiedade, risoterapia, reanimación cardiopulmonar e prevención de ictus e patoloxías do corazón, así como de ludopatías e condutas aditivas.