Homenaxe a Manolo Barreiro

A súa lonxevidade permitiulle vivir todas as épocas do club granate. De todos eses momentos, que son moitos, lembra o partido da Puentecilla, cuxo relato pasou de xeración en xeración de pontevedreses. Foron miles os que estiveron en León. «En Pontevedra só quedou Filgueira (Valverde), que era o alcalde!», aínda que na práctica foron máis dos que estiveron, porque os que naceron máis aló de 1960 tómano como propio grazas ao recordo dos que viviron en primeira persoa o gol de Guillermo. «Cambiou a historia do club», asegura, xa que despois de moitos intentos aquel ascenso foi histórico. «O inicio de todo». O seu comezo nos despachos produciuse seis anos antes grazas ao empeño de Julio Pérez Belo, que lle pediu que lle axudase a organizar as competicións, especialmente as potente Rías Baixas. «Era un campionato de moita calidade», comenta antes de empezar a relatar nomes de clubs como o Anduriña ou o Dena ou de futbolistas de equipos de categoría superior que acababan a tempada alí: « Pais, Pirelo ou Caqui». Naquela época a Federación encargábase de xestionar a Rías Baixas e a competición de xuvenís porque os infantís eran responsabilidade da Fronte de Mocidades. Ata máis tarde non se creou a categoría cadete. Durante 38 anos (desde 1954 ata 1992) foi o secretario da Delegación e durante case dúas décadas o seu máximo responsable. Tivo que deixalo por idade cando entrou García Liñares. Por el seguise. Do seu adeus garda o recordo do agarimo que lle mostrou todo o mundo porque «a min o fútbol deume amigos. Inimigos, ningún. Sempre hai algún rozamento, pero menor. O fútbol foi a miña familia». Da súa etapa na Delegación acórdase dos anos duros nos que había agresións a árbitros ou invasións de campo. Agora iso cambiou. Hai máis conciencia. Omáis difícil para el eran as sancións. «Castigar non me gustaba, pero había que ser duro coas agresións». Pon voz a un secreto popular nos círculos futboleiros: «O que era difícil era pitar na illa (Illa de Arousa) cando non había ponte. Unha aventura!». Tantos anos no mundo do fútbol serviulle para gozar de numerosas vivencias, facer moitas amizades e coñecer sitios. «Para min foi un hobbie que compaxinei co meu traballo», porque ten claro que a Federación foi «como a miña segunda familia. Gardo un grato recordo de todas as persoas que coñecín». Deses días había un que era unha tolemia: «Os venres, e sobre todo a última hora, eran de moitísimo traballo». Non había os adiantos da modernidade. «Cando tivemos o primeiro fax foi unha revolución», comenta para lembrar despois que o «primeiro computador que tivemos era un particular dun empregado da Delegación». Agora todo é máis sinxelo. Naquela época os calendarios das competicións «había que facelos a man. Había un cuadrante e seguiámolo». Nunha xuntanza anual de ex xogadores, directivos e afeccionados do Pontevedra CF

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=