COMO CREAR O TEU CLUB

Oito pasos para crear e legalizar o teu club deportivo

Aínda que ao principo poda parecerche un procedemento complicado, non o é tanto. Este tipo de accións son moi acaídas para obrar con transparencia de xestión e seguridade xurídica en toda a vida asociativa. Un club deportivo é unha entidade que normalmente se relaciona coa administración e recibe fondos públicos, polo que a súa configuración debe cumprir todos estes requisitos formais. É bo para todas e todos.

1 / Ideas básicas

Debes ter un plantexamento básico previo para levar a cabo a idea de crear o club: actividades, nome, especialidades deportivas, etc.

2 / Estatutos

Son un elemento legal imprescindible para ter entidade xurídica e deben cumprir unha serie de requisitos para que o clube poda operar públicamente. Nestes links tes un modelo de Estatutos e un modelo de acta da súa aprobación:  Estatutos club / Acta estatutos

3 / Acta

É o documento que certifica que a entidade está constituida e ten definidas as súas responsabilidades. Aquí tes un modelo: Acta fundacional

4 / Órgano directivo

Un dos principais elementos do clube é a súa Xunta directiva, composta por unha Presidencia, Secretaría xeral, Tesourería e Vogais. Aquí tes un documento que recolle a composición da Xunta Directiva: Xunta directiva

5 / Requisitos da Xunta

Unha vez que teñas feitos os trámites iniciais debes dalo de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta. Pica aquí para acceder á páxina onde recollen toda a información necesaria.

6 / Rexístrate na Xunta

Unha vez que teñas toda a información que require a Xunta terás que rexistrar o club a través do Procedemento PR946A, Rexistro de Entidades Deportivas da sede electrónica da Xunta de Galicia. Pica aquí para acceder.

7 / Rexistrarse no Concello

Unha vez que tes o novo club rexistrado na Xunta debes facelo tamén no Concello. Resulta imprescindible para obter algún tipo de subvención ou mesmo solicitar o uso dalgún tipo de instalación municipal.

Tes que ir á sede electrónica do Concello de Pontevedra e solicitar a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións a través do Procedemento 150, ao que podes acceder desde aquí.