Vivir en Saúde

O máis importante

Máis aló do tópico, o benestar físico e mental é un dos fundamentos da vida activa, polo que a prevención da saúde é unha coordenada básica da promoción do deporte e a actividade física.

Todas as iniciativas da concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde están máis ou menos relacionadas coa promoción dunha vida saudable. Aquí recollemos algunhas das máis directamente relacionadas con ese propósito.

Captura de pantalla 2024-03-25 a las 11.59.22

Ponteandadas

Oito propostas de rutas polo municipio de Pontevedra para que durante 2024 poidas gozar da natureza e a convivencia mentres camiñas. Seguro que algunha che apetece.

Metrosan Trazado 1000

MetroSan

Un estímulo para camiñar, correr ou andar en bici en calquera momento e en calquera situación. Vintecatro rutas, un plano esquemático e moitas cousas máis.

AAF2

Área de Actividade Física

Un espazo pensado para completar o teu adestramento con exercicios de forza ou aeróbicos, ubicado na Ponte dos Tirantes e cunha app para guiar o teu esforzo físico.

Pontesan Cartel

PonteSan, a Feria da Saúde

Unha feira na que se dan cita entidades e empresas que traballan cada día por mellorar a túa saúde e benestar.

ITU WC Pontevedra_300419_(c)_Daniel_Vázquez__DSC5279

Ir por libre

Claro que non tes que estar pendente de ningunha organización. Se queres ir por libre, aquí che mostramos as múltiples opcións que Pontevedra che ofrece

Ximnasios 1

Ximnasios da cidade

Es máis de actividades programadas, dirixidas ou precisas que alguén "vixíe" os teus exercizos físicos? Aquí tes unha morea de propostas para a túa vida máis activa.