A ÁREA DE ACTIVIDADE FÍSICA
Un lugar para completar o teu adestramento
Pontevedra xa é unha cidade-gym. Grazas aos seus elevados índices de desprazamentos a pé, —camiñar ou desprazarse en bici son dúas actividades moi saudables— faise todo o posible para conseguir que a cidadanía manteña unha mobilidade sana, segura e saudable.
Ademáis, cumpre sobradamente todas as recomendacións sobre cidades saudables realizadas polos organismos internacionais, en especial a Organización Mundial da Saúde e conta cun potente tecido deportivo que eleva aínda máis os índices de benestar relacionados coa actividade física das persoas.
Neste contexto nace a Área de Actividade Física da Ponte dos Tirantes, unha instalación de primeiro nivel pensada para apoiar ás numerosas persoas que fan deporte na cidade.
A área da Ponte dos Tirantes é das máis avanzadas do mercado, tanto polo seu deseño como pola operatividade que ofrece a quen a utilizará.
Optouse por un proveedor da máxima calidade, con pezas de alta duración e contrastada solidez, antivandálicas e ben pensadas para ofrecer ás persoas usuarias unha experiencia moi satisfactoria.
A instalación ubicouse nun dos puntos neurálxicos do deporte pontevedrés, ao lado da ponte dos Tirantes, un lugar de uso masivo polas persoas que practican deporte na capital.
O circuito consta de tres áreas de actividades, concebidas para o adestramento de persoas desde os 13 anos ás idades máis adultas, tanto en grupos como de xeito individualizado.
Tamén acepta o uso por persoas de diferentes capacidades e niveis de adestramento.
- Kit de 3 campanas magnéticas ou prensa rusa con tubo de aluminio
- Kit de 3 aneis ergonómicos a distintas alturas
- Estación de dominadas con escaleira vertical
- Estación de presa inclinada con barras laterais a 4 alturas
- Banco de abdominais
- 4 pórticos unidos entre eles por barras lonxitudinais
- Barra triple de 3 alturas
- 4 step up de distintas alturas
- 2 barras paralelas a baixa altura unidas por arcos
- 2 bicis estáticas con pantalla táctil
Para realizar traballos de forza asistidos por equipamento específico. Esta zona potencia o desenvolvemento de traballo/exercicios dirixidos á mellora da forza.
Esta composto por, principalmente, dous elementos básicos: un con tres campás magnéticas ao estilo kettlebell/presa rusa a deslizar por un tubo de aluminio dunha forma segura con sistema magnético de freado e desaceleración da caída garantindo a seguridade da persoa usuaria e a durabilidade.
E outro composto por tres argolas ergonómicas de distintas alturas para adaptarse a todos os tipos exercicios vencendos ao peso do propio corpo que está sostido e guiado polas citadas argolas.
Composta por distintos elementos con de barras paralelas, horizontais, verticais, e de distinta lonxitude e altura que faciliten a realización de exercicios propios para o traballo co peso do propio corpo: exercicios calisténicos. Ou actividades propias do “street workout”.
O equipamento consiste en barras para dominadas, barras horizontais de distintas alturas para flexións, caixóns/step up de distintas alturas, barras paralelas para tipo dip bench etc.
E unha estrutura múltiple formada por catro pórticos unidos entre si por barras lonxitudinais, con barras transversais e lonxitudinais a diferentes alturas. Está equipadas con distintos tipos de ancoraxes para enganchar diversos elementos deportivos individuais (fitas elásticas, tirantes musculares, pesas, sacos, etc).
O exercizo aeróbico é a auténtica estrela desta zona, que conta con amplas sendas para a carreira a pé ou en bici, e camiñar.
Non obstante, para quen desexe dar pedais sen utilizar unha bici convencional, a Área de Actividade Física está equipada con 2 bicicletas estáticas antivandálicas con pantalla táctil.
Tamén pode utilizar a bicicleta para brazos, que proporciona un adestramento intenso da parte superior do corpo. É unha bicicleta estática inclusiva, xa que os usuarios con cadeiras de rodas poden acceder desde calquera lado e ademais a apertura tamén permite ao resto de usuarios realizar o exercicio de pé ou sentados.
Xa se pode adestrar na Área
Javier Gómez Noya e Pablo Dapena participaron na inauguración da Área de Actividade Física acompañando ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e á concelleira de Deportes, Anabel Gulías. Un momento longamente agardado que pagou a pena, a xulgar polas persoas espontáneas que facían deporte polo lugar.
Unha app de apoio
Para as persoas que desexen un guieiro para realizar o seu adestramento, a instalación ten dispoñible unha app de carácter gratuito.
Pode utilizarse para obter ideas de adestramento, crear actividades personalizadas, almacenar a evolución e realizar un seguimento do progreso.
Os paneis informativos presentes na propia instalación tamén poden servir de guieiro.
Un complemento do Metrosán
Moitas das rotas propostas polo Metrosán pasan por esta zona neurálxica do deporte pontevedrés, polo que a Área de Actividade Física resulta un interesante complemento para quen saia a camiñar ou correr co apoio dese guieiro urbano.
Os primeiros domingos, demostracións
Os domingos do mes de xuño haberá demostracións de uso de 10 a 13h, coa colaboración de Be One, a empresa encargada de xestionar a instalación deportiva municipal de Campolongo.
Na propia instalación existen guías de exercicios.