ESCOLAS DEPORTIVAS DE PROMOCIÓN MUNICIPAL
Esta é a oferta formativa das Escolas Deportivas 2024-2025
Un programa de actividades dirixido á poboación en idade escolar, de entre 4 e 14 anos, que ten por obxecto a promoción e práctica da actividade física e deportiva ao tempo que favorece hábitos de vida saudables.
As EDPM son organizadas por entidades deportivas do municipio ou asociacións de nais e pais (ANPAS) dos colexios públicos do rural.
Está dirixido a nenos e nenas do Concello de Pontevedra con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.
Exceptúanse do límite de idade as dirixidas a grupos especiais (persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, terceira idade, etc.)
Cada ano publícase unha oferta formativa. Esta é a do curso 2024-2025.
Oferta formativa EDPM 24-25. (listaxe de actividades, procedementos, etc)
Con carácter xeral, o prazo de inscrición comeza o 16 de setembro e a inscrición realizase nas propias entidades deportivas organizadoras (consulta a oferta formativa).
Oferta formativa EDPM 24-25. (listaxe de actividades, procedementos, etc)
Queres máis información sobre as Escolas deportivas Municipais?
Son organizadas polos clubs coa axuda do Concello, que se materializa a través de subvencións, polo que podes consultar as bases das convocatorias dos últimos anos e os resultados das subvencións concedidas con esta finalidade.
Informacións sobre as EMD dos últimos anos
Escolas Deportivas Municipais na actualidade
Neste documento podes consultar a actividade, o club organizador, a cota, o lugar de celebración, o horario, o número de prazas ofertadas, o procedemento de inscrición e os datos de contacto do club organizador.
> Oferta formativa EDPM 24-25. (listaxe de actividades, procedementos, etc)
Se es un club e tes interés en organizar unha escola deportiva municipal
Ponte en contacto co Servizo Municipal de Deportes