Un xeito de activármonos
Queremos que te movas, que deixes a vida sedentaria e te animes a practicar algunha actividade física. Aquí propoñémosche as máis sinxelas: dedicar un tempiño cada día a camiñar, correr ou andar en bici polos espléndidos escenarios que Pontevedra ten para ti.
Ti busca o tempo e organízate para entrar en acción. É importante para a túa saúde e o teu benestar.
Organizamos un plano da cidade no que se contemplan os mellores itinerarios para realizar exercicio físico.
Dispuxemos 44 puntos entre os que se expresan as distancias, para que podas planificar a túa actividade como prefiras.
O plano abrangue as sendas fluviais, o Camiño Portugués, o encoro do Pontillón e os parques forestais da Tomba e a Fracha.
O importante é moverse como sexa e onde sexa, por suposto.
Pero se o desexas, podes utilizar calquera das nosas 24 rutas distintas, de diferentes tamaños, para que en cada momento podas definir o teu exercicio en función da zona do municipio que desexes.
A ruta máis curta ten 2 km (entre as estacións e As Corvaceiras, seguindo o Gafos) e a máis longa 22 (o Camiño Portugués).
Os principais puntos de actividade física de Pontevedra dispoñen dun monolito en forma de cilindro con información sobre Metrosán, consellos para a actividade física, a relación das 24 rutas e o plano para poderes planificar as túas saídas.
Tamén dispoñen de planos de cada unha das rutas que pasan polas proximidades, para que lembres cal é o itinerario da ruta proposta.Pero Metrosan non remata aquí.
En toda a rede de sendas e espazos de Metrosan existen Fitpoints, lugares nos que podes parar a realizar algúns exercicios complementarios á túa ruta.
En total hai 20 fitpoints, todos eles cunha carta de exercicios diferente, dividida en catro grupos: movemento, mobilidade estática, forza e estiramentos.
› Empezar é o importante
› Algo é mellor que nada
› Só moverte xa tes beneficios
› Mantente activ@ Canto máis mellor!
› Incorpora a actividade física na túa rutina diaria. Camiña ou non uses o ascensor.
› Non máis de 2 horas seguidas sentad@
› Faino con amizades, parella, familia…
› Vai sempre mellor camiñando ou en bici
Menores de 5 anos
› Se non camiñan
› Movemento varias veces ao día
› Calquera intensidade
› Se camiñan
› Alomenos 3 horas ao día de movemento (xogos, correr, saltar…)
› Non máis de unha hora seguida sen movérense
› Alomenos unha hora de exercicio diaria, con intensidade moderada ou vigorosa
› Ou 3 días á semana, con intensidade vigorosa
› Afortalar músculos e mellorar a masa ósea
› Reducir períodos sedentarios
› Camiñar ou ir en bici
› Non máis de 2 horas diarias de pantalla
› Alomenos 3 horas de actividade moderada á semana
› hora e media de actividade vigorosa
› Ou combinación de ambas (con períodos de alomenos 10 minutos seguidos)
› Duas veces á semana
› Exercicios musculares e de mellora da flexibilidade
› Tres veces á semana de exercizo muscular e flexibilidade
› Ir camiñando
› Limitar o sedentarismo
Ademáis deste traballo promocional da actividade física, seguiremos propoñendo e organizando actividades relacionadas coa vida activa das persoas.
Ademáis, nacerán novos servizos e infraestruturas, que irán mellorando as posibilidades de practicar actividades físicas no espazo público, aproveitando a privilexiada paisaxe que Pontevedra nos ofrece.
Máis sobre Metrosan
Nas columnas de abaixo tes accesos a todos os recursos de Metrosan.
O plano de cada ruta
- 1. Illa - Bos Aires
- 2. Tirantes - Bombeo
- 3. Senda do Lérez
- 4. Voltalérez
- 5. Beiras do Lérez
- 6. Lérez ao mar
- 7. Doble Xunqueira
- 8. Río - ría
- 9. Interpontes
- 10. Interpontes Plus
- 11. Valdecorvos - Lérez
- 12. Xunqueira de Alba
- 13. Xunqueira de Alba Plus
- 14. Gafos ao mar
- 15. Senda do Gafos
- 16. Gafos completo
- 17. Camiño Norte
- 18. Camiño Sur
- 19. Top Camiño
- 20. Pontillón
- 21. Pontillón Canteiro
- 22. Pontillón completo
- 23. Parque da Fracha
- 24. Parque da Tomba
A ortofoto de cada ruta
- 1. Illa - Bos Aires
- 2. Tirantes - Bombeo
- 3. Senda do Lérez
- 4. Voltalérez
- 5. Beiras do Lérez
- 6. Lérez ao mar
- 7. Doble Xunqueira
- 8. Río - ría
- 9. Interpontes
- 10. Interpontes Plus
- 11. Valdecorvos - Lérez
- 12. Xunqueira de Alba
- 13. Xunqueira de Alba Plus
- 14. Gafos ao mar
- 15. Senda do Gafos
- 16. Gafos completo
- 17. Camiño Norte
- 18. Camiño Sur
- 19. Top Camiño
- 20. Pontillón
- 21. Pontillón Canteiro
- 22. Pontillón completo
- 23. Parque da Fracha
- 24. Parque da Tomba
Os fitpoints
- Illa - Pasarela
- Bos Aires - Pasarela
- Fondo Illa
- Balneario
- Ponte Bora
- Parque Miradoiro
- Valdecorvos
- Parque Rosalía Castro
- Mollabao
- Campolongo
- Parque dos Gafos
- Senda dos Gafos
- Xunqueira de Alba - Río Rons
- Miradoiro Xunqueira de Alba
- Bombeiros
- Domingo Fontán
- Pontillón - Encoro
- Pontillón - Canteiro
- Outeiro Navío - A Fracha
- Torreiro (A Tomba)