Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA

Senda do Lérez

Falamos aquí do curso máis alto do río Lérez, o que vai máis ou menos entre a praia fluvial ou a ponte das Palabras, cara a Bora. Ten en conta que o río conforma un itinerario continuo entre as tres zonas: a ría, o curso medio e este máis alto.

Hai moita xente que inicia este percorrido na propia ponte dos Tirantes. Tamén hai quen a comeza tras os salóns do Lérez, na Ponte das Palabras ou mesmo desde Monte Porreiro.

Un primeiro treito da senda chega á estación de acometida de auga tras pasar polo que queda do antigo balneario do Lérez. Nestes dous puntos hai pasarelas para alcanzar a outra beira.

Desde a acometida, río arriba, comeza o paseo máis longo, que chega ata Bora. Vai nun nivel superior ou paralelo á enorme tubería que traslada auga a unha instalación industrial en Lourizán.

É un itinerario en moi bo estado, dunha enorme beleza natural na que só se escoita o río e se goza coa frondosa vexetación de ribeira. É un privilexio contar na cidade cunha ruta deportiva urbana con este nivel de conservación natural.

Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA
Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA
Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA
Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA

As rutas de Metrosán por aquí

2 → Tirantes – Bombeo → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Bombeo  → 3.000 m

3 → Senda do Lérez → Palabras – Balneario – Bombeo – Presa de Bora → 4.200 m

4 → Voltalérez → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Fondo illa – Pasarela – Tirantes → 5.600 m

5 → Beiras do Lérez → Tirantes – Pasarela – Fondo illa – Baixo Palabras – Pasarela Balneario – Pasarela Bombeo – Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 13.000 m

7 → Doble Xunqueira → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Ponte 1 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Extensión – Correntes → 8.800 m

8 → Río-Ría → Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo → 10.200 m

9 → Interpontes → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Palabras → 4.100 m

10 → Interpontes Plus → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Baixo Palabras – Balneario – Palabras – San Bieito → 6.400 m

11 → Lérez – Valdecorvos → Tirantes – Valdecorvos – Miradoiro – Palabras – Praia Fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 5.300 m

Senda do Lérez - DEPORTE PONTEVEDRA