Espazo aire libre
Parque da Fracha
Parque da Fracha
É un espazo natural que decorre entre as parroquias de Canicouva e Marcón, cuns espectaculares miradoiros ás rías de Vigo e Pontevedra. Ademáis do sistema de rutas de Metrosán hai outras específicas para BBT que podedes consultar no botón inferior.
As rutas de Metrosán por aquí
23 → A Fracha → Outeiro Navío – Legua Chan – Cruce – Coto das Forcadas – Cruce – Rega Pereira – Outeiro Navío → 6.100 m
Valdecorvos – Miradoiro
Valdecorvos - Miradoiro
Tanto o parque de Valdecorvos, relativamente recente, como o do Miradoiro non forman parte dos percorridos habituais das persoas que fan deporte, pero merecen ser tidos en conta.
Por iso trazouse unha ruta de MetroSan, a número 11, que une dous puntos do río Lérez, pero cun itinerario interior, seguindo primeiro o curso do regato de Valdecorvos (que hoxe desemboca entubado perto da ponte dos Tirantes), para despois coller rumbo ao parque do Miradoiro, en Monte Porreiro con amplas zonas para a práctica deportiva.
Desde ese parque, a conexión co río está moi perto, na zona da ponte das Palabras.
As rutas de Metrosán por aquí
11 → Xunqueira de Alba → Tirantes – Valdecorvos – Miradoiro – Palabras – Praia Fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 5.300 m
Pontillón do Castro
Pontillón do Castro
Conforma unha zona natural e deportiva na contorna do encoro do Pontillón, unha masa de auga que se mantén coma reserva para abastecer á cidade en caso necesario, defendida por unha histórica presa.
Ao Pontillón pode chegarse desde as estradas de Santiago (N550) e Ourense (N541) a través dunha vía que as une entre Ponte Bora e Cerponzóns atravesando as parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido. Desde Pontevera tamén se chega desde Lérez pola estrada de Campolameiro.
Darredor do encoro hai unha pista practicable para camiñar, correr e ir en bici ou en cadeira de rodas que mide case 3,5 km. Este espazo é moi agradable, xa que normalmente se poden contemplar os adestramentos das persoas que practican piragüismo, xa que o Centro Deportivo David Cal é unha das instalacións de referencia na península ibérica.
O sitema de sendas Metrosán contempla duas extensións. Unha delas, monte arriba ata chegar á escultura de homenaxe aos canteiros do lugar, de 1,6 km de subida e outros tantos de baixada.
Desde a parte norte do circuito lacustre podes achegarte tamén ao Rapadiño, unha senda de 3,2 km polos montes da contorna.
As rutas de Metrosán por aquí
20 → Pontillón → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Centro piragüismo → 3.400 m
21 → Pontillón + Canteiro → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Centro piragüismo – Monumento ao Canteiro – Centro piragüismo → 5.000 m
22 → Pontillón + Monte + Canteiro → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Monte – Centro piragüismo – Monumento ao Canteiro – Centro piragüismo → 8.200 m
Os Gafos
Os Gafos
Esta zona ten alomenos dúas áreas completamente diferenciadas: a urbana e a natural, a maioría delas escenarios espléndidos para camiñar, correr e ciclar. A senda dos Gafos é unha das máis agrestes, pese a estar tan perto da cidade e dunha importante estrada, a N550.
Tomamos como referencia o Metrosán. As estacións son a liña divisoria entre a zona natural e a urbana.
A zona natural decorre por unha agradable senda sempre pegada ao río, ao lugar de Leira Longa, xa tocando no municipio de Vilaboa. Son 4,3 km sempre baixo a protección do bosque ribeirán que dá sombra e frescor á pequena canle do Gafos.
A zona urbana continúa pegada ao río, atravesando en primeiro termo o parque dos Gafos e máis adiante o de Campolongo, cando o río decorre por tuberías. O plan Liberar o Gafos ten previsto restauralo.
Desde as estacións ata a súa desembocadura no mar das Corvaceiras hai uns 2 km de percorrido.
En total, de Leira Longa a Corvaceiras hai 6,3 km. Na beira do mar podes conectar con todo o circuito litoral de sendas. Ademais, podes utilizar algunhas rúas peonís moi próximas, como a do Gorgullón, un treito do Camiño Portugués.
Precisamente a senda natural do río dos Gafos é bastante frecuentada por peregrinos que se achegan á cidade desde o sur camiño de Compostela.
As rutas de Metrosán por aquí
14 → Gafos ao mar → Estacións – Campolongo – Corvaceiras → 2.000 m
15 → Senda dos Gafos → Estacións – Leira Longa → 4.300 m
16 → Gafos completo → Leira Longa – Estacións – Campolongo – Corvaceiras → 6.300 m
18 → Camiño sur → Peregrina – Eduardo Pondal – Estacións – Leira Longa – Ponte Sampaio → 13.300 m
19 → Camiño top → Ponte Sampaio – Leira Longa – Estacións – Eduardo Pondal – Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 22.000 m
Río – Ría
Río-ría. Curso baixo do Lérez
Falamos das áreas camiñables das avenidas de Marín, Corvaceiras, Uruguai e parte de Bos Aires. Ou o que é o mesmo, o río Lérez desde a ponte das Correntes.
Os percorridos van indistintamente río abaixo ou río arriba nun ida-e-volta ata a homenaxe ás víctimas ciclistas da violencia viaria.
É sen dúbida un dos itinerarios máis utilizados da cidade para a práctica deportiva, xa que resulta moi agradable, pese aos coches, utilizar a beira do río e a ría.
Aínda que tomamos como referencia a fotoxénica ponte das Correntes, esta zona está conectada tanto coas partes máis altas do Lérez como coa Xunqueira de Alba e a desembocadura do río dos Gafos.
As rutas de Metrosán por aquí
6 → Lérez ao mar → Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo → 4.100 m
8 → Río-Ría → Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo → 10.200 m
9 → Interpontes → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Palabras → 6.300 m
10 → Interpontes Plus → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Baixo Palabras – Balneario – Palabras – San Bieito → 6.400 m
Alameda – Palmeiras
Alameda - Palmeiras
Ubicación: no centro da cidade
Un gran parque moi apto para a práctica deportiva suave. Está dividido en catro zonas ben diferenciadas: A Alameda, As Palmeiras, a Gran Vía de Montero Ríos e a Praza de España, todas elas aptas para a andaina e o paseo.
Lugar especialmente idóneo para persoas de idade avanzada que desexen realizar pequenos paseos entre os xardíns das Palmeiras e a arboreda da Alameda.
Senda do Lérez
Senda do Lérez
Falamos aquí do curso máis alto do río Lérez, o que vai máis ou menos entre a praia fluvial ou a ponte das Palabras, cara a Bora. Ten en conta que o río conforma un itinerario continuo entre as tres zonas: a ría, o curso medio e este máis alto.
Hai moita xente que inicia este percorrido na propia ponte dos Tirantes. Tamén hai quen a comeza tras os salóns do Lérez, na Ponte das Palabras ou mesmo desde Monte Porreiro.
Un primeiro treito da senda chega á estación de acometida de auga tras pasar polo que queda do antigo balneario do Lérez. Nestes dous puntos hai pasarelas para alcanzar a outra beira.
Desde a acometida, río arriba, comeza o paseo máis longo, que chega ata Bora. Vai nun nivel superior ou paralelo á enorme tubería que traslada auga a unha instalación industrial en Lourizán.
É un itinerario en moi bo estado, dunha enorme beleza natural na que só se escoita o río e se goza coa frondosa vexetación de ribeira. É un privilexio contar na cidade cunha ruta deportiva urbana con este nivel de conservación natural.
As rutas de Metrosán por aquí
2 → Tirantes – Bombeo → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Bombeo → 3.000 m
3 → Senda do Lérez → Palabras – Balneario – Bombeo – Presa de Bora → 4.200 m
4 → Voltalérez → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Fondo illa – Pasarela – Tirantes → 5.600 m
5 → Beiras do Lérez → Tirantes – Pasarela – Fondo illa – Baixo Palabras – Pasarela Balneario – Pasarela Bombeo – Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 13.000 m
7 → Doble Xunqueira → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Ponte 1 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Extensión – Correntes → 8.800 m
8 → Río-Ría → Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo → 10.200 m
9 → Interpontes → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Palabras → 4.100 m
10 → Interpontes Plus → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Baixo Palabras – Balneario – Palabras – San Bieito → 6.400 m
11 → Lérez – Valdecorvos → Tirantes – Valdecorvos – Miradoiro – Palabras – Praia Fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 5.300 m
Curso medio do Lérez
Curso medio do río Lérez
O treito que vai entre a Ponte dos Tirantes, a praia fluvial e a Illa das Esculturas (que tamén inclúe as sendas da Xunqueira máis próximas ao campus, é o auténtico templo do deporte pontevedrés ao aire libre, polo gran número de persoas que o frecuentan.
Son varios quilómetros de amplas pistas aptas para pasear, camiñar, correr ou ir en bici rodeados de natureza, en contacto visual constante co río ou a súa canle interior e a sana vexetación a contorna.
A illa é ademáis un parque de esculturas contemporáneas realizadas por autores de todo o mundo específicamente para ese lugar, o que lle aporta unha dimensión cultural que lle confire a este parque a honra de estar considerado como unha admirable xoia natural e patrimonial.
A zona da avenida de Bos Aires conecta coa Senda do Lérez que chega ata a presa de Bora por esa marxe, un percorrido duns 6 km desde a ponte dos Tirantes.
Pola outra marxe, o paseo prolóngase tamén, pero cun maior grao de dificultade.
As rutas de Metrosán por aquí
1 → Illa – Bos Aires → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes → 4.300 m
2 → Tirantes – Bombeo → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Bombeo → 4.200 m
4 → Voltalérez → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Praia fluvial – Palabras – Balneario – Fondo illa – Pasarela – Tirantes → 5.600 m
5 → Beiras do Lérez → Tirantes – Pasarela – Fondo illa – Baixo Palabras – Pasarela Balneario – Pasarela Bombeo – Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes → 13.000 m
7 → Doble Xunqueira → Tirantes – Pasarela – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Fondo illa – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Ponte 1 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Extensión – Correntes → 8.800 m
8 → Río-Ría → Presa de Bora – Bombeo – Balneario – Palabras – Praia fluvial – Fervenza – Pasarela – Tirantes – Santiago – O Burgo – Correntes – Corvaceiras – Mira Tambo → 10.200 m
9 → Interpontes → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Palabras → 4.100 m
10 → Interpontes Plus → Correntes – O Burgo – Santiago – Tirantes – Pasarela – Baixo Palabras – Balneario – Palabras – San Bieito → 6.400 m
A Xunqueira de Alba
Xunqueira de Alba
Desde a cidade, accédese pola a zona das Pontes das Correntes ou avenida de Domingo Fontán.
É un espazo natural cheo de posibilidades para o deporte, bastante frecuentado tanto a pé como en bici. Ubícase entre as rúas do Burgo e A Santiña, e a autoestrada AP9 e a antiga fábrica da Cros, hoxe almacén.
O seu valor natural máis importante é un prezado humedal, categorizado como Lugar de Interés Comunitario, con abundante fauna e flora propia destes espazos fluviais xa próximos ao mar.
Pouco a pouco, a cidade foino cercando con pistas practicables que hoxe nos ofrecen amplos e agradables percorridos tanto para camiñar como para correr con ou sen bici.
Para visitalo podes partir tanto da Ponte do Burgo como da das Correntes, se procedes do centro da cidade. Ao principio existe unha canle pola que decorre o último treito do río Rons, que baixa por Cerponzóns desde Verducido ata formar esta paraxe xa perto da ría.
A primixenia ponte das Correntes, a que está baixo a Avenida de Domingo Fontán, permitiu reducir a entrada de auga das mareas, e manter os actuais camiños, que se foron convertendo en rúas naturais da cidade.
As rutas de Metrosán por aquí
12 → Xunqueira de Alba → Correntes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes → 4.600 m
13 → Xunqueira de Alba Plus → Correntes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Pontecabras – Ponte 1 – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes → 7.550 m
18 → Camiño Norte → Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 8.700 m
19 → Camiño top → Ponte Sampaio – Leira Longa – Estacións – Eduardo Pondal – Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 22.000 m