
Pontillón do Castro
Conforma unha zona natural e deportiva na contorna do encoro do Pontillón, unha masa de auga que se mantén coma reserva para abastecer á cidade en caso necesario, defendida por unha histórica presa.
Ao Pontillón pode chegarse desde as estradas de Santiago (N550) e Ourense (N541) a través dunha vía que as une entre Ponte Bora e Cerponzóns atravesando as parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido. Desde Pontevera tamén se chega desde Lérez pola estrada de Campolameiro.
Darredor do encoro hai unha pista practicable para camiñar, correr e ir en bici ou en cadeira de rodas que mide case 3,5 km. Este espazo é moi agradable, xa que normalmente se poden contemplar os adestramentos das persoas que practican piragüismo, xa que o Centro Deportivo David Cal é unha das instalacións de referencia na península ibérica.
O sitema de sendas Metrosán contempla duas extensións. Unha delas, monte arriba ata chegar á escultura de homenaxe aos canteiros do lugar, de 1,6 km de subida e outros tantos de baixada.
Desde a parte norte do circuito lacustre podes achegarte tamén ao Rapadiño, unha senda de 3,2 km polos montes da contorna.



As rutas de Metrosán por aquí
20 → Pontillón → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Centro piragüismo → 3.400 m
21 → Pontillón + Canteiro → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Centro piragüismo – Monumento ao Canteiro – Centro piragüismo → 5.000 m
22 → Pontillón + Monte + Canteiro → Centro piragüismo – Fondo Encoro – Monte – Centro piragüismo – Monumento ao Canteiro – Centro piragüismo → 8.200 m