Os Gafos

Esta zona ten alomenos dúas áreas completamente diferenciadas: a urbana e a natural, a maioría delas escenarios espléndidos para camiñar, correr e ciclar. A senda dos Gafos é unha das máis agrestes, pese a estar tan perto da cidade e dunha importante estrada, a N550.

Tomamos como referencia o Metrosán. As estacións son a liña divisoria entre a zona natural e a urbana.

A zona natural decorre por unha agradable senda sempre pegada ao río, ao lugar de Leira Longa, xa tocando no municipio de Vilaboa. Son 4,3 km sempre baixo a protección do bosque ribeirán que dá sombra e frescor á pequena canle do Gafos.

A zona urbana continúa pegada ao río, atravesando en primeiro termo o parque dos Gafos e máis adiante o de Campolongo, cando o río decorre por tuberías. O plan Liberar o Gafos ten previsto restauralo.

Desde as estacións ata a súa desembocadura no mar das Corvaceiras hai uns 2 km de percorrido.

En total, de Leira Longa a Corvaceiras hai 6,3 km. Na beira do mar podes conectar con todo o circuito litoral de sendas. Ademais, podes utilizar algunhas rúas peonís moi próximas, como a do Gorgullón, un treito do Camiño Portugués.

Precisamente a senda natural do río dos Gafos é bastante frecuentada por peregrinos que se achegan á cidade desde o sur camiño de Compostela. 

As rutas de Metrosán por aquí

14Gafos ao mar Estacións – Campolongo – Corvaceiras 2.000 m

15 Senda dos Gafos Estacións – Leira Longa 4.300 m

16Gafos completo Leira Longa – Estacións – Campolongo – Corvaceiras 6.300 m

18 → Camiño sur Peregrina – Eduardo Pondal – Estacións – Leira Longa – Ponte Sampaio 13.300 m

19 → Camiño top  Ponte Sampaio – Leira Longa – Estacións – Eduardo Pondal – Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro  22.000 m