Xunqueira de Alba
Desde a cidade, accédese pola a zona das Pontes das Correntes ou avenida de Domingo Fontán.
É un espazo natural cheo de posibilidades para o deporte, bastante frecuentado tanto a pé como en bici. Ubícase entre as rúas do Burgo e A Santiña, e a autoestrada AP9 e a antiga fábrica da Cros, hoxe almacén.
O seu valor natural máis importante é un prezado humedal, categorizado como Lugar de Interés Comunitario, con abundante fauna e flora propia destes espazos fluviais xa próximos ao mar.
Pouco a pouco, a cidade foino cercando con pistas practicables que hoxe nos ofrecen amplos e agradables percorridos tanto para camiñar como para correr con ou sen bici.
Para visitalo podes partir tanto da Ponte do Burgo como da das Correntes, se procedes do centro da cidade. Ao principio existe unha canle pola que decorre o último treito do río Rons, que baixa por Cerponzóns desde Verducido ata formar esta paraxe xa perto da ría.
A primixenia ponte das Correntes, a que está baixo a Avenida de Domingo Fontán, permitiu reducir a entrada de auga das mareas, e manter os actuais camiños, que se foron convertendo en rúas naturais da cidade.
As rutas de Metrosán por aquí
12 → Xunqueira de Alba → Correntes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes → 4.600 m
13 → Xunqueira de Alba Plus → Correntes – Ponte 1 – Ponte 2 – A Gándara – Pontecabras – Ponte 1 – Ponte 2 – Ponte 1 – Correntes → 7.550 m
18 → Camiño Norte → Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 8.700 m
19 → Camiño top → Ponte Sampaio – Leira Longa – Estacións – Eduardo Pondal – Peregrina – O Burgo – A Gándara – Pontecabras – San Amaro → 22.000 m