Pavillón Municipal de Deportes

  • Rúa Xoán Manuel Pintos, 7. 36005 Pontevedra.
  • Tlf. 986 872 013
  • instalacionsdeportes@pontevedra.eu
  • Conta con cancha principal, 4.000 asentos, áreas de adestramento, vestiarios, cantina, sala de prensa, área institucional e o espazo de traballo do Servizo Municipal de Deportes.

É o maior escenario dos soños deportivos da cidade. Un edificio proxectado polo grande arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota en 1966. Aínda que intervencións posteriores modificaron substancialmente o aspecto exterior, no interior pódese gozar desta magnífica instalación cun aforo de 4.000 persoas. O balonmán é o deporte rei, pero o Pavillón de De la Sota acolle múltiples deportes e campionatos baixo a súa luminosa cuberta. A medio prazo, cóntase con recuperar a fisonomía histórica do edificio. Neste link, a Fundación Alejandro de la Sota mostra unha magnífica documentación sobre o proxecto do edificio.

Axenda do Pavillón

pavillón municipal deportes