AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS
Os Convenios de Colaboración
Dende os últimos anos, o Concello de Pontevedra fai un esforzo moi importante para a celebración no noso Concello de eventos deportivos de primeira orde no Estado e a nivel internacional ao obxecto de fomentar a participación deportiva entre a súa poboación e promover a imaxe do municipio.
A tal fin o Concello compromete para cada ano, nos seus correspondentes orzamentos ordinarios, as partidas ou aplicacións orzamentarias necesarias para asumir unha parte dos gastos que ocasionan a organización de actividades e eventos deportivos singulares e relevantes no Concello de Pontevedra.
O convenio de colaboración resulta o instrumento xurídico habitual para canalizar as subvencións tramitadas polo procedemento de concesión directa.
A organización dos eventos obxecto dos convenios corresponde en exclusiva a unha entidade concreta, o que imposibilita a concorrencia con outras entidades deportivas.
Aquí podes consultar os Convenios de Colaboración dos últimos anos.