AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

As axudas económicas ao deporte pontevedrés

Atendendo aos obxectivos de solidariedade, mellora da calidade de vida, promoción e desenvolvemento da cultura física no municipio, a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, a través do Servizo de Deportes, adoita convocar as seguintes liñas de subvencións:

  • Subvencións a asociacións deportivas do Concello de Pontevedra para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais (subvención anual)
  • Subvencións para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva (subvención Escolas Deportivas Municipais)

Ademais, o Concello compromete para cada ano, nos seus orzamentos ordinarios, as partidas ou aplicacións orzamentarias necesarias para asumir unha parte dos gastos que ocasionan a organización, por parte de entidades deportivas, de actividades e eventos singulares e relevantes no municipio.

Estas partidas xestiónanse conxuntamente con entidades organizadoras de eventos, coas que se asinan convenios de colaboración para levalos a cabo.

As subvencións anuais

O obxecto desta convocatoria é outorgar subvencións ás entidades deportivas do Concello de Ponevedra que, cumprindo cos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, participen en competicións oficiais federadas.

Quenes poden solicitar  esta subvención? Clubes de Pontevedra que participen en competicións oficiais federadas.

Cada tempada publícase unha convocatoria.

Prazo de presentación: Fíxase en cada convocatoria, polo que hai que consultar as bases da mesma. O prazo comenza a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Aquí podes consultar as bases das subvencións dos últimos anos

Aquí podes consultar as resolucións das subvencións concedidas nos últimos anos