Piscina do Mercantil

Piscina descuberta do Mercantil de Pontevedra

  • Cons, 32. Mourente. 36003 Pontevedra
  • infoparque@mercantilpontevedra.es
  • Páxina web
  • Tlf. 986 842 261
  • Piscina descuberta ubicada no complexo polideportivo do Mercantil de Pontevedra, na parroquia de Mourente
  • É parte dun complexo que dispón tamén doutras duas piscinas menores, 7 pistas de tenis, 2 de terra batida, 2 de pádel, ximnasio, pista de basket, pavillón deportivo, campos de area para deportes de praia, zonas infantís e áreas de hostelaría.
  • Ten acceso directo desde a Senda do Lérez

Piscina militar de Campolongo

Piscina descuberta do Club Militar de Campolongo

  • Rúa Espincelo,3. 36003 Pontevedra
  • campolongo@et.mde.es
  • Páxina web
  • Tlf. 986 869 400
  • Consta de tres piscinas e outras instalacións deportivas, con programación de numerosas actividades. De acceso para o persoal das forzas armadas.

Piscina descuberta de Príncipe Felipe

Piscina descuberta de Príncipe Felipe

  • Montecelo. 36164 Pontevedra
  • cep.principe.felipe@eduxunta.es
  • Páxina web da Deputación de Pontevedra
  • Tlf. 986 804 135
  • Piscina descuberta integrada nesta instalación educativa pública propiedade da Deputación

Pavillón do Mercantil

Pavillón do Mercantil de Pontevedra

  • Cons, 32. Mourente. 36003 Pontevedra
  • infoparque@mercantilpontevedra.es
  • Páxina web
  • Tlf. 986 842 261
  • É parte dun complexo que dispón tamén de 7 pistas de tenis, 2 de terra batida, 2 de pádel, ximnasio, piscinas, pista de basket, campos de area para deportes de praia, zonas infantís e áreas de hostelaría.
  • Ten acceso directo desde a Senda do Lérez

Estadio de atletismo do CGTD

Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD

  • Rúa Padre Fernando Olmedo, 1. 36002 Pontevedra
  • Ubicación
  • Páxina web
  • cgtd@xunta.gal
  • Tlf. 886 159 674
  • Pista de pavimento sintético
  • 8 rúas
  • Campo de herba natural
  • Bancadas para 300 persoas
  • Sistema de videofinish
  • Almacéns

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva é unha das máis sobranceiras institucións deportivas da cidade.

É unha auténtica universidade do deporte para os novos talentos de Galicia, que poden formarse aquí, xa que o centro conta cun instituto de ensino medio que adapta a súa actividade ás dinámicas deportivas do alumnado.

Ademáis das pistas de atletismo conta cunha piscina cuberta, un pavillón deportivo, hangares para embarcacións e outras instalacións auxiliares para diversos deportes.

Centro de Piragüismo do Pontillón do Castro

Centro de Piragüismo do Pontillón do Castro (Centro Deportivo David Cal)

Tamén denominado Complexo Deportivo David Cal

Piscina de Ponte Muíños

Piscina Olímpica de Ponte Muíños ou Rías do Sur

  • Rúa Matos. Ponte Muíños. 36153 Pontevedra
  • Páxina web
  • Tlf. 986 869 658
  • Consulta os horarios e condicións na súa web
  • Piscina de dimensión olímpica (50x25m) integrada nun complexo deportivo que ademáis inclúe outras duas piscinas menores, un ximnasio e salas múltiples para gran cantidade de actividades
  • É a sede de importantes equipos como o Club Natación Galaico.