O Lérez volve ser escenario o domingo da mellor natación con tres grandes competicións

O Lérez volve ser escenario o domingo da mellor natación con tres grandes competicións - DEPORTE PONTEVEDRA

A travesía a nado do Lérez será por cuarto ano consecutivo un dos acontecementos deportivos do verán. Non só é unha competición local desde a praia de Monte Porreiro, senón tamén a 15ª etapa da XI Copa de España de Augas Abertas, unha etapa do XXII Circuito Galego e outra do I Circuito Luso Galaico de Augas Abertas.

A relación entre deporte e natureza está na xénese da promoción de eventos deste tipo en Pontevedra, que ten na auga un dos seus principais argumentos. O escenario do Lérez, en plena paisaxe deportiva da cidade, resulta un escenario natural do máximo engado tanto para as persoas participantes como para as e os espectadores.

A aposta municipal por este tipo de eventos é prioritaria, xa que combinan varios dos elementos principais da visión do Concello: a actividade física, a visibilidade exterior de Pontevedra, a promoción e uso respectuoso da natureza, e por suposto, a práctica deportiva máis competitiva, ao tratarse dun destacado evento do mapa federativo.

A proba estará amadriñada pola campioa de acuatlón neozelandesa Anneke Jenkins. Segundo as enquisas realizadas pola Federación Española de Natación, esta cita sitúase entre as tres mellor valoradas do país, co segundo posto en organización xeral e o terceiro en localización e accesos.

Carrusel de visitas deportivas no Concello

Carrusel de visitas deportivas no Concello - DEPORTE PONTEVEDRA

Unha sucesión de visitas deportivas cumprimentaron a mañá do martes ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e á concelleira de Deportes, Anabel Gulías. Foron un total de 8 clubs doutras tantas disciplinas que se achegaron a falar do balance da súa tempada deportiva e os proxectos de futuro de cara ao seguinte período.

Club Piragüismo Verducido, Rías Baixas de Atletismo, Bádminton Ravachol, Sociedade Ximnástica, Natación Galaico e Treboada de ximnasia. Tamén visitou a Casa Consistorial a loitadora Lydia Pérez Touriño, que conseguiu o ouro no Campionato de España e a prata nas Ranking Series Mundiais de Loita Praia. 

En total máis de 50 deportistas da cidade visitaron ás autoridades, que puxeron en valor tanto o esforzo individual e en equipo de competidores e competidoras como o traballo dos clubes, na súa maioría dependentes do traballo voluntario das súas directivas ou responsables.

Un esforzo ao que non é alleo o Concello, que conta con diversas liñas de colaboración, tanto con subvencións directas como a través doutras fórmulas como as Escolas Deportivas, das que os clubs son alicerces fundamentais.

Os nomes propios

Entre os nomes propios que xiraron visita a alcalde e concelleira hai varias campioas e Campións de competicións estatais como, no caso do piragüismo Claudia Lamas, Julio Baliñas, Ánxela Fontán, Carmen Ventura, Rosa Ana e María Diñeiro, Siegrun Bischof, Aitana Casal, Antía Tejera, Marta Carlés, María Portela, Rut Otero, Laura Ventura, Claudia Lamas, Alexandre Oglesias, Alejandra Oliete, Ángela Rodríguez, Martín Figueira, Diego Magdalena, Joel Tejera, Candela Álvarez, Paula Vaz, Unai Bernárdez, Carlos García, Mauro Domínguez e Lorena Pérez.

Do Rías Baixas de atletismo achegáronse Gonzalo Méndez, Jacobo Soler, Nicolás Saavedra, Mateo Refojo, Celia Couto, Diego Alberto Ferradás, David Vicente García e Noa Valiñas.

Do Ravachol visitaron o Concello tres componentes do clube, que acadou o terceiro posto na Liga Nacional de División de Honra 2025-2026, igualando o mellor resultado da súa historia na máxima categoría do bádminton español. 

Catro foron os atletas que representaron á Ximnástica, entidade que celebra o próximo ano o seu centenario: Guillermo Piñeiro, Nicolás Piñeiro, Luis Durán e Diego Acuña.

Mariña Calvo, Iván González e Deva Alonso exhibiron o seu poderío con diversos trunfos en varias disciplinas de natación en representación do Galaico, e polo Clube Treboada estiveron no Concello Enma Medrano, Laura Pereira e Lucía Cima, Martina Maquieira, Rosalía Lorenzo e Maruxa Casas, todas elas prata en diversos campionatos de España.

Un xullo de péntatlon, piragüismo e xadrez

Un xullo de péntatlon, piragüismo e xadrez - DEPORTE PONTEVEDRA

A primeira semana completa de xullo comeza co Campionato de Europa de péntatlon moderno sub 17, que ten lugar entre o 6 e o 11 deste mes veranego no que hai outras tres importantes celebracións.

Do 10 ao 12, no complexo deportivo do Pontillón co Castro terá lugar a Copa de España de xoves promesas de piragüismo, que se realiza tras o campionato da mesma disciplina e categoría de La Cartuja, en Sevilla, que foi en abril. A organización corre da man da Fegapi.

A seguir, tamén no Pontillón de Verducido celébrase os días 18 e 19 de xullo o Campionato Galego Sprint junior e senior, enmarcado na liga de sprint olímpico desta modalidade. Organiza a Federación Galega de Piragüismo.

Por último, xullo tráenos o XIV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Xadrez, un festival internacional de xadrez que se desenvolve entre o 24 e o 30 deste mes do verán. Xóganse máis de 13.000 euros en premios e é puntuable para ELO-FIDE e terá como marco o Pavillón Universitario da rúa Cruz Vermella.

Ponse a punto o campo de fútbol de Gatomorto

Ponse a punto o campo de fútbol de Gatomorto - DEPORTE PONTEVEDRA

O elegante campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto, en Santa María de Xeve, vai ser obxecto dunha completa obra de mantemento da superficie de xogo, que foi acumulando pequenos problemas pola intensidade de uso. Unha obra que consta uns 15.000 euros e que consiste nunha inspección xeral do terreo para corrixir as pequenas deficiencias detectadas.

Tras limpar toda a superficie e descompactar o terreo con maquinaria específica, comprobaránse as xuntas ou elementos que sofren desgaste, especialmente nos puntos de penalti ou zonas de uso intenso. A continuación redistribúense os recheos baixo o césped con area e caucho, cepíllase con maquinaria específica ata deixar distribuida a superficie de xeito uniforme.

Posteriormente límpanse as canaletas perimetrais, trátanse as malas erbas ou musgos e substitúense os segmentos de césped en mal estado para que a instalación poida ser utilizada novamente nas mellores condicións polos equipos que celebran alí os seus partidos.

As tres primeiras saídas de Ponteandadas camiñaron Lourizán, Cabanas e Marcón

As tres primeiras saídas de Ponteandadas camiñaron Lourizán, Cabanas e Marcón - DEPORTE PONTEVEDRA

As tres primeiras camiñadas deste ano botaron a andar cunha considerable cantidade de público. Tras o quecemento con zumba ou marcha nórdica, a serpe multicor bota a andar pola rota prevista, guiada polos organizadores de Naturgaliza e con ganas de conquistar a paisaxe a zapatilla.

A primeira foi por Lourizán e San Brais, co que se fixou a saída nas Corbaceiras tras un quecemento con zumba, na que participaron unhas 200 persoas. A segunda, que tivo lugar o 10 de maio tivo como ponto de partida o Parque Damián, da Parda, e levou aos participantes a percorrer tanto A Parda como Cabanas tras quecer o corpo con exercizos de marcha nórdica. Na marcha participaron unhas 140 persoas.

A terceira, o último día de maio, tivo unhas 160 persoas participando e percorreu Marcón desde a súa Casa da Cultura, onde tivo lugar o quecemento inicial coa sesión de zumba.

Se desexas participar neste programa de saídas darredor de Pontevedra, aquí tes toda a información.

GALERÍA CON FOTOS DA PONTEANDADA DA PARDA E CABANAS

Un xuño cheo de deporte en Pontevedra

Un xuño cheo de deporte en Pontevedra - DEPORTE PONTEVEDRA

O mes de Xuño, que comeza xusto ao día seguinte de rematar a lendaria Copa do Mundo de Natación Artística que se celebra en Ponte Muíños, encherá Pontevedra de deporte, ademáis do que decotío se desenvolve na nosa cidade.

Ciclismo MTB

Será o día 6 cando se rexistren tres probas diferentes. O ciclismo celebra a primeira edición do Rías Baixas 200K MTB, unha proba que percorrerá 200 km en toda a provincia e que pode realizarse individualmente, en parellas ou en parellas a relevo. Tamén se pode realizar en bici eléctrica.

Pontevedra – Marín – Pontevedra, Pontevedra – Caldas, Caldas – Caldas e Caldas – Pontevedra son as 4 etapas das que se compón a proba, que poden realizarse como máximo en 16 horas: desde as 8:00 que se parte, ate as 00:00 dese mesmo día sábado, 6 de Xuño. Este é o link, para máis información.

Gladiator

Outra proba deportiva relevante a finde do 6 ao 7 de Xuño é a Gladiator Race, unha clásica do calendario pontevedrés, que trae á Illa do Covo a aguerridas e aguerridos participantes que loitarán por acadar a vitoria tras superar intensas probas físicas. Coas inscricións xa esgotadas, será sen dúbida un espectáculo ver, como cada ano, esta proba de fortaleza, resistencia e intelixencia. Aquí o enlace, por se queres máis detalles.

Piragüismo

Tamén a primeira fin de semana de Xuño veremos en Verducido unha proba que nos fala de futuro: a Copa de España de xoves promesas en modalidade cadete. Unha vez máis, o Pontillón do Castro encherase de cor para acompañar os paseos e o deporte pola súa contorna ao tempo que se goza do espectáculo do piragüismo máis prometedor.

E para pechar o mes de xuño outra competición en piraguas: o Campionato Galego Sprint Cadete – Infantil, que ocupará o encoro o día 29. Aquí máis información sobre estas duas citas sobre as augas calmas de Verducido.

Ponteandada por Mourente

O domingo 14 de Xuño celébrase a terceira saía da Ponteandada, que explorará os camiños de Mourente e sairá do parque do Miradoiro de Monte Porreiro despois dun quencemento a base de marcha nórdica. O percorrido, dunhas tres horas, presenta unha dificultade media-baixa. Aínda podes apuntarte, tes aquí todos os datos.

Ximnasia: trampolín e acrobática

A ximnasia ten tamén as súas citas este mes de Xuño: A primeira será os días 20 e 21 celébrase no Pavillón dos Deportes o Campionato Galego de Trampolín, que traerá á nosa vila ás mellores especialistas nesta disciplina tan espectacular. Esta é a web da Federación Galega de Ximnasia, organizadora da proba.

A segunda corre da conta do Club Treboada, que celebra o seu Open Treboada Acrobática, unha competición que terá lugar no Pavillón de Deportes do 25 ao 28 de xuño e que en sí mesma constitúe un espectáculo moi estético e mostra da potente base local desta disciplina. Este é o link do Clube Treboada de ximnasia.

Pavillón Marcos da Portela

Pavillón Marcos da Portela - DEPORTE PONTEVEDRA
Pavillón Marcos da Portela - DEPORTE PONTEVEDRA
Pavillón Marcos da Portela - DEPORTE PONTEVEDRA

Pavillón Marcos da Portela

  • Rúa Suecia, 1. Monte Porreiro. 36162 Pontevedra
  • Tlf. 986 872 013
  • instalacionsdeportes@pontevedra.eu
  • Un pavillón anexo a esta escola de Monte Porreiro, que consta de cancha deportiva e vestiarios.

Xa podes mercar as entradas para o Mundial de Natación Artística

Xa podes mercar as entradas para o Mundial de Natación Artística - DEPORTE PONTEVEDRA

A Federación de Natación abre hoxe luns, ás 6 da tarde, a venda ao público das entradas para o Mundial de Natación Artística, que recala na piscina olímpica de Ponte Muíños entre os días 29 e 31 de maio.

Será un gran espectáculo que trae a Pontevedra as mellores seleccións de natación artística do mundo, entre elas a de España, gañadora de nove medallas no último campionato do mundo de Singapur 2025.

Aquí tes un enlace para conseguir as entradas.

Pontillón do Castro ofrece natureza, deporte e vida activa

Pontillón do Castro ofrece natureza, deporte e vida activa - DEPORTE PONTEVEDRA

A chegada do bo tempo estimula a percorrer escenarios non habituais, máis aló do ámbito urbano. Ademáis do programa mensual de Ponteandadas existen outros recursos que che ofrece Pontevedra, como o Metrosán ou os espazos forestais que arrodean a cidade.

Combinando estas dúas fórmulas achegámonos ao Pontillón do Castro, un dos tres parques forestais da capital, para o que Metrosán ofrece varias posibilidades con distancias que poden chegar aos 8,2 km. É o caso da que combina o percorrido circular do encoro (3,4 km) coa subida á escultura do monumento ao canteiro (1,6 km) e unha ruta polo monte de 3,2 km, ata o Rapadiño. Os tres circuitos poden percorrerse camiñando, correndo ou en bici.

Ademáis de Metrosán, a web municipal ‘Espírito Montuno’ oferece información de gran interés para gozar do espazo libre forestal. Neste caso suxiren unha espléndida rota de 8,4 km ata os petróglifos do Toural, percorrendo os montes do Gabián e o Bordel, que combina pistas en bo estado con treitos de antigas corredoiras de pedra. Suxerentes espazos con vistas sobre a contorna, puntos de auga e outros recursos existentes, poden atoparse ao longo do percorrido.

Pontillón do Castro ofrece natureza, deporte e vida activa - DEPORTE PONTEVEDRA

Info Metrosán

Info Espírito Montuno

Info Ponteandadas

‘4 Pontes’: nace a versión carreira a pé de ‘4 Picos’

'4 Pontes': nace a versión carreira a pé de '4 Picos' - DEPORTE PONTEVEDRA

Da factoría 4 Picos chega 4 Pontes. Se a xa clásica carreira en bici que circunda a cidade polas súas 4 principais alturas ten un oco na axenda anual pontevedresa, este ano nace 4 Pontes, que se celebra o día anterior —10 de maio— e percorre as catro principais pontes sobre o Lérez na capital.

Aquí podes inscribirte. Podes facelo só na carreira a pé, pero tamén en combinación con 4 Picos (individual, parellas e equipos), ou na súa versión reducida 2 Picos, tamén nas mesmas categorías.

Unha proba que se encadra na categoría “Gravel running” porque mistura partes de asfalto e outra de terra sobre a que é doado correr. Tamén ao longo do percorrido pode haber algunha zona de escaleiras ou rochas cunha dificultade técnica baixa.

A carreira partirá ás 10:30 horas e percorrerá as pontes en distancias optativas de 5, 10 e 15 km. Canto máis longa é a proba, máis sendeiros inclúe.

Aquí tes toda a información sobre a carrreira a pé.

A súa irmá maior, 4 Picos, celebra a súa XI edición o día anterior, 9 de maio. Aquí tes a información.