MÁIS DEPORTE

Rastrexo noiturno de Verducido para buscar segredos pola parroquia adiante

A cuarta edición dunha orixinal proba de descobrementos con premios para todas e todos

O Rastrexo Solidario de Verducido chega á súa sexta edición o 22 de agosto, baixo a batuta da Asociación Cultural San Martín desa parroquia do norte do municipio. Os 9 km da proba comezarán ás 22 horas desde o campo de fútbol de Santa María de Xeve.

O evento deportivo consta de 14 probas que se desenvolven ao longo dos 9 km que se teñen que percorrer en equipos de entre 6 e 12 persoas. Ademáis da súa dimensión deportiva trae consigo un aspecto fundamental: o entusiasmo da parroquia que se volca co Rastrexo e o Rastrexín, un mini xogo concebido para a xente miuda.

O rastrexo realízase con fins solidarios, como fixera en anos anteriores con outras asociacións como Apropark (Asociación Parkinson Provincia Pontevedra), AGAELA (Asociación Galega de Afectad@s de Esclerose Lateral Amiotrófica) ou Bicos de Papel. Este ano recadarán fondos en favor da saúde mental. Son simplemente 7 euros que deben abonar as persoas participantes, un máximo de 35.

E TAMÉN