As tres primeiras camiñadas deste ano botaron a andar cunha considerable cantidade de público. Tras o quecemento con zumba ou marcha nórdica, a serpe multicor bota a andar pola rota prevista, guiada polos organizadores de Naturgaliza e con ganas de conquistar a paisaxe a zapatilla.
A primeira foi por Lourizán e San Brais, co que se fixou a saída nas Corbaceiras tras un quecemento con zumba, na que participaron unhas 200 persoas. A segunda, que tivo lugar o 10 de maio tivo como ponto de partida o Parque Damián, da Parda, e levou aos participantes a percorrer tanto A Parda como Cabanas tras quecer o corpo con exercizos de marcha nórdica. Na marcha participaron unhas 140 persoas.
A terceira, o último día de maio, tivo unhas 160 persoas participando e percorreu Marcón desde a súa Casa da Cultura, onde tivo lugar o quecemento inicial coa sesión de zumba.
Se desexas participar neste programa de saídas darredor de Pontevedra, aquí tes toda a información.
GALERÍA CON FOTOS DA PONTEANDADA DA PARDA E CABANAS










