MÁIS DEPORTE

Un xuño cheo de deporte en Pontevedra

Ciclismo MBT, obstáculos, piragüismo, sendeirismo e ximnasia son as especialidades desta transición entre a primavera e o verán

O mes de Xuño, que comeza xusto ao día seguinte de rematar a lendaria Copa do Mundo de Natación Artística que se celebra en Ponte Muíños, encherá Pontevedra de deporte, ademáis do que decotío se desenvolve na nosa cidade.

Ciclismo MTB

Será o día 6 cando se rexistren tres probas diferentes. O ciclismo celebra a primeira edición do Rías Baixas 200K MTB, unha proba que percorrerá 200 km en toda a provincia e que pode realizarse individualmente, en parellas ou en parellas a relevo. Tamén se pode realizar en bici eléctrica.

Pontevedra – Marín – Pontevedra, Pontevedra – Caldas, Caldas – Caldas e Caldas – Pontevedra son as 4 etapas das que se compón a proba, que poden realizarse como máximo en 16 horas: desde as 8:00 que se parte, ate as 00:00 dese mesmo día sábado, 6 de Xuño. Este é o link, para máis información.

Gladiator

Outra proba deportiva relevante a finde do 6 ao 7 de Xuño é a Gladiator Race, unha clásica do calendario pontevedrés, que trae á Illa do Covo a aguerridas e aguerridos participantes que loitarán por acadar a vitoria tras superar intensas probas físicas. Coas inscricións xa esgotadas, será sen dúbida un espectáculo ver, como cada ano, esta proba de fortaleza, resistencia e intelixencia. Aquí o enlace, por se queres máis detalles.

Piragüismo

Tamén a primeira fin de semana de Xuño veremos en Verducido unha proba que nos fala de futuro: a Copa de España de xoves promesas en modalidade cadete. Unha vez máis, o Pontillón do Castro encherase de cor para acompañar os paseos e o deporte pola súa contorna ao tempo que se goza do espectáculo do piragüismo máis prometedor.

E para pechar o mes de xuño outra competición en piraguas: o Campionato Galego Sprint Cadete – Infantil, que ocupará o encoro o día 29. Aquí máis información sobre estas duas citas sobre as augas calmas de Verducido.

Ponteandada por Mourente

O domingo 14 de Xuño celébrase a terceira saía da Ponteandada, que explorará os camiños de Mourente e sairá do parque do Miradoiro de Monte Porreiro despois dun quencemento a base de marcha nórdica. O percorrido, dunhas tres horas, presenta unha dificultade media-baixa. Aínda podes apuntarte, tes aquí todos os datos.

Ximnasia: trampolín e acrobática

A ximnasia ten tamén as súas citas este mes de Xuño: A primeira será os días 20 e 21 celébrase no Pavillón dos Deportes o Campionato Galego de Trampolín, que traerá á nosa vila ás mellores especialistas nesta disciplina tan espectacular. Esta é a web da Federación Galega de Ximnasia, organizadora da proba.

A segunda corre da conta do Club Treboada, que celebra o seu Open Treboada Acrobática, unha competición que terá lugar no Pavillón de Deportes do 25 ao 28 de xuño e que en sí mesma constitúe un espectáculo moi estético e mostra da potente base local desta disciplina. Este é o link do Clube Treboada de ximnasia.

E TAMÉN