MÁIS DEPORTE

Xa podes mercar as entradas para o Mundial de Natación Artística

Desde as 18:00h do luns 13, poden mercarse na web da Federación Española de Natación

A Federación de Natación abre hoxe luns, ás 6 da tarde, a venda ao público das entradas para o Mundial de Natación Artística, que recala na piscina olímpica de Ponte Muíños entre os días 29 e 31 de maio.

Será un gran espectáculo que trae a Pontevedra as mellores seleccións de natación artística do mundo, entre elas a de España, gañadora de nove medallas no último campionato do mundo de Singapur 2025.

Aquí tes un enlace para conseguir as entradas.

E TAMÉN