A ‘Caixa-gym’ foi instalada polo Concello no recinto dos campos de fútbol Manolo Barreiro durante 6 meses e con carácter experimental para avaliar correctamente as súas posibilidades. Instálase para complementar, por unha banda, os equipamentos deportivos convencionais como Multiusos da Xunqueira e o Campo Municipal de Fútbol Manolo Barreiro, e por outra, o modelo de actividade física do Concello na cidade como gym.
O obxectivo desta experiencia piloto é avaliar o potencial deste modelo de instalación para complementar os adestramentos dos equipos de fútbol mediante traballos específicos de forza, ao tempo que ofrece novas posibilidades para o desenvolvemento de actividades físicas dirixidas á cidadanía en xeral.
A posta en marcha deste módulo inicialmente encaixa coa estratexia municipal de promoción da actividade física no espazo público, que nos últimos anos se materializou en diferentes iniciativas e espazos da cidade como a área de actividade física da Ponte dos Tirantes, os itinerarios activos de Metrosan ou os espazos deportivos ao aire libre da Illa das Esculturas. O Cubofit incorpórase así como unha nova ferramenta que permite achegar o traballo de forza e a preparación física a distintos puntos da cidade.
A instalación chega a Pontevedra como experiencia piloto en Galicia, despois de que esta empresa punteira seleccionase a cidade como localización idónea para probar este modelo no noroeste peninsular, tendo en conta a forte implantación da actividade deportiva e a aposta municipal pola promoción do exercicio físico ao aire libre.
Trátase dun contentor que mentres non se utiliza fai de almacén dos instrumentos que inclúe, e cando se desprega cara ao exterior fai posible todo un centro de adestramento que multiplica as posibilidades operativas do complexo deportivo. É unha instalación autónoma e sustentable, xa que se abastece enerxéticamente a través de placas solares instaladas na propia estrutura.
Contido da Caixa
Como instalacións fixas no interior leva 2 aneis para cordas de “Battle Rope”, 2 Racks cunha barra horizontal para dominadas, tres pares de aneis en tres alturas para enganchar gomas elásticas e unha caña de trepa telescópica.
Outro material que leva o contentor na súa zona de almacenaxe son 13 soportes para discos, dous soportes para 6 barras e dúas unidades de 3 bandexas para keetlebell e mancuernas, e outras dúas para balóns medicinais e saco.
Por último, a longa lista de material ximnástico co que está equipada a instalación consta de catro barras olímpicas, dous slamball de 6 e 9 kg, dous protetores cervicais, 10 discod bumper de 5 kg, 6 de 10 e 2 de 15, catro pinzas para barra olímpica, 14 combas de poliéster, 10 pares de mancuernas hexagonais de distintos pesos, 2 packs con 4 superbandas de resistencia, nove Kettlebell de varios pesos, cinco functional bag de diferentes pesos, un reloxio dixital, 2 soportes de sentadillas para gaiola, un caixón pliométrico, 2 cintas para adestramento en suspensión, 14 colchonetas para fitness, dúas cordas funcionais de 9 e 5 m, ademáis de 2 altavoces para música estiumulante ou dirección de adestramento.