MÁIS DEPORTE

A primeira división de Clubs de Natación, en Pontevedra do 18 ao 20 de decembro

O campionato será en decembro, pero antes, en maio, celébrase a Copa do Mundo de Natación Artística

Unha nova competición no ámbito da natación terá lugar na Piscina de Ponte Muíños entre o 18 e o 20 de decembro deste 2026. Trátase da Copa de Clubs de Primeira División, organizada pola Federación Española de Natación.

Tal como figura no web da RFEN a comisión executiva deste organismo federativo adxudicou recentemente a competición, que se celebrará simultáneamente coa copa da división de honra, para a que foi elixida a cidade de Sabadell, en Cataluña.

Por outra parte, antes celebrarase en Rías do Sur a Copa do Mundo de natación artística de Wolrld Aquatics, a federación internacional deste deporte. Será entre os días 29 e 31 de maio deste ano, polo que se están ultimando os preparativos.