MÁIS DEPORTE

Hurbax chega a Pontevedra o 16 de maio

As inscricións están abertas ata o 10 de maio

Unha senlleira carreira que se presenta como “Hurbax, máis aló dos límites” chega á Gran Vía de Montero Ríos o 16 de maio, víspera da festa das Letras. Será a partires das 3 da tarde cando comece o evento que consta de 5 km de carreira trufados por outras tantas probas consecutivas. Podes inscribirte antes do 10 de maio.

Tras o primeiro quilómetro de carreira paran para unha sesión de remo. A seguir, un novo km de carreira tras o que paran para realizar sentadillas, ás que denominan “Balls Walls”. A terceira fase, tras o quilómetro de carreira, ten lugar unha sesión de zancadas con sacos de area. Na cuarta combínase a carreira cunha versión para correr con pesos nas mans. E por último, a quinta estadía do circuito consta da carreira e unha sesión de saltos de lonxitude.

O circuito Hurbax deste ano celébrase, ademáis de Pontevedra, nas cidades de Santander, Valladolid, Xixón, Oviedo e Madrid. Montero Ríos será o escenario dun espectáculo deportivo no que se unen a destreza e a velocidade nas categorías individuais, por parellas e por equipos.

Aquí tes máis información