Da factoría 4 Picos chega 4 Pontes. Se a xa clásica carreira en bici que circunda a cidade polas súas 4 principais alturas ten un oco na axenda anual pontevedresa, este ano nace 4 Pontes, que se celebra o día anterior —10 de maio— e percorre as catro principais pontes sobre o Lérez na capital.
Aquí podes inscribirte. Podes facelo só na carreira a pé, pero tamén en combinación con 4 Picos (individual, parellas e equipos), ou na súa versión reducida 2 Picos, tamén nas mesmas categorías.
Unha proba que se encadra na categoría “Gravel running” porque mistura partes de asfalto e outra de terra sobre a que é doado correr. Tamén ao longo do percorrido pode haber algunha zona de escaleiras ou rochas cunha dificultade técnica baixa.
A carreira partirá ás 10:30 horas e percorrerá as pontes en distancias optativas de 5, 10 e 15 km. Canto máis longa é a proba, máis sendeiros inclúe.
Aquí tes toda a información sobre a carrreira a pé.
A súa irmá maior, 4 Picos, celebra a súa XI edición o día anterior, 9 de maio. Aquí tes a información.