As Ponteandadas de 2026 pasan o ecuador nun día soleado

As Ponteandadas de 2026 pasan o ecuador nun día soleado - DEPORTE PONTEVEDRA

Un cento de persoas recomezaron hoxe as andainas de Ponteandadas, o programa mensual de saídas a pé desde Pontevedra que percorren numerosas rotas do municipio. É a quinta cita do ano e levou ás persoas participantes a Lérez e Bora. Quedan tres: a de Xeve, a de Verducido e a solidaria de Campañó, que pechará o ciclo.

O programa comezou en marzo en San Brais e Lourizán e seguiu por Cabanas, Marcón e Mourente. A deste domingo supón o ecuador do ciclo e desenvolveuse nun día soleado e de boas temperaturas. Comezou diante do Pavillón de Deportes e estiveron camiñando unhas tres horas ata completar o percorrido.

As próximas citas serán o 18 de outubro a Xeve saíndo do Miradoiro de Monte Porreiro, o 8 de novembro a Verducido con saída da igrexa de Santa María de Alba e a útlima, o 29 de novembro, con saída desde o parque das Marismas de Alba, con destino Campañó e á que será necesario levar un kg de alimento non perecedeiro con destino ao Banco de Alimentos.

As Escolas Deportivas botan a andar con 2.500 prazas para este curso

As Escolas Deportivas botan a andar con 2.500 prazas para este curso - DEPORTE PONTEVEDRA

A última quincena de setembro, como é habitual, botan a andar as Escolas Deportivas de Promoción Municipal, un conxunto de actividades pensadas para as persoas en idade escolar ás que as familias poden apuntarse desde este martes, día 15.

“Con este acto quero agradecervos a vosa colaboración para levar a cabo este plan, que sen ela non sería posible”, dixo o alcalde no acto de presentación ante os clubs deportivos. “Sabemos que supón un gran esforzo para os clubs, esforzo que queremos agradecer a todas as persoas que forman parte da estrutura, especialmente a esas persoas que moven os papeis, se pelexan coa burocracia e fan o imposible para que as súas fillas e os seus fillos disfruten do deporte”.

A seguir, algúns participantes na xuntanza tomaron a palabra para falar de distintos aspectos relacionados coas escolas como a posibilidade de aprofundar no deporte de integración de persoas con distintas capacidades, as posibilidades de ampliar as instalacións, a promoción do deporte feminino ou o unánime recoñecemento e agradecemento ao Servizo de Deportes do Concello por axudar a satisfacer todos os procedementos burocráticos necesarios. Un agradecemento que alcalde e concelleira reiteraron e ampliaron a toda a xente dos clubes que se dedica ao papeleo administrativo, de máxima importancia en programas coma este.

O remate do prazo de inscrición é variable, dependendo da escola á que se desexe asistir, xa que son os clubs os que administran directamente eses datos. O Concello subvenciona estas escolas cuns 250.000 euros, grazas aos que as familias pagan uns prezos populares, que van dos 50 aos 80 euros dependendo do deporte de que se trate, se ben o máis común é o de 50 euros anuais.

No acto participou tamén a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, quen ofreceu as cifras máis relevantes do programa: En total existen 2.500 prazas a disposición das familias, con 20 disciplinas distintas organizadas grazas á colaboración de 35 clubs implicados. As sesións terán lugar en 28 instalacións deportivas esparexidas por todo o concello, a maioría delas públicas. O investimento municipal neste programa educativo é de 250.000 euros.

Cada unha das modalidades deportivas conta cunha desagregación informativa que detalla os espazos municipais ou centros deportivos de impartición, os horarios programados, os grupos por idade ou nivel, así como os entes colaboradores ou clubs encargados de organizar a docencia.

Na relación especifícase que a versión electrónica deste cadro de actividades atópase dispoñible a través da plataforma web oficial municipal de deportes (deportes.pontevedra.gal). O pdf electrónico que soporta toda a información é interactivo, de tal maneira que premendo nos links adecuados pódese conectar directamente co formulario de inscrición ou no seu caso enviar un correo electrónico.

O Concello promociona e axuda económicamente a que todo este esforzo sexa posible, pero non sería realidade sen a implicación de clubes, entidades, persoas a título particular, monitorado, persoas que axudan cos trámites administrativos… normalmente todas nais e pais que contribúen a que Pontevedra sexa, tamén neste ámbito da xente miuda, unha potencia local sobresaínte en práctica deportiva e en actividade física.

Accede á oferta de Escolas Deportivas picando aquí

Escolas deportivas 3
Escolas deportivas 2

Regresa Ponteandadas coas súas 4 últimas saídas dominicais

Regresa Ponteandadas coas súas 4 últimas saídas dominicais - DEPORTE PONTEVEDRA

O domingo 20 de setembro recupéranse tras a parada do verán as camiñadas de Ponteandadas cun paseo por Bora e Lérez que sairá da zona do Pavillón Municipal de Deportes ás 10 da mañá e comezará media hora antes cun quecemento a base de zumba. Será o xeito de relaxar os músculos e acometer este percorrido de 13 km, con dificultade baixa e que levará unhas tres horas da mañá dominical. O público que aínda non o fixo pode apuntarse ata o día 18.

Ata o momento lévanse celebrado 4 saídas este ano: a Lourizán-San Brais, A Parda – Cabanas, Marcón e Mourente. Tras esta excursión pedestre a Bora – Lérez quedan a de Xeve o 18 de outubro, a de Verducido o 8 de novembro e a de Campañó, o 29 do mesmo mes. Todas elas gozan dunha elevada participación de entre 100 e 200 persoas segundo o percorrido.

O programa PonteAndadas é unha iniciativa municipal deseñada para incentivar os hábitos de vida saudables, o exercicio físico ao aire libre e o coñecemento do patrimonio natural e cultural do municipio. A través dunha serie de camiñadas e itinerarios guiados de dificultade accesible, a proposta está dirixida a toda a cidadanía, promovendo a convivencia veciñal e o gozo da contorna sen necesidade de contar cunha preparación física avanzada.

As rutas discorren por diversos sendeiros, zonas fluviais, montes e parroquias do termo municipal, permitindo aos participantes descubrir a riqueza paisaxística de Pontevedra. Cada xornada conta cunha organización coordinada que inclúe acompañamento, control de horarios e servizos de asistencia para garantir a seguridade de todos os asistentes ao longo dos percorridos.

Ademais do seu impacto positivo na saúde e no benestar corporal, PonteAndadas reforza o modelo de cidade peonil e sustentable de Pontevedra, estendendo a cultura do desprazamento a pé máis alá do casco urbano cara ás contornas periurbanas e rurais. O programa consolídase así como un punto de encontro interxeneracional que combina o deporte de lecer, a educación ambiental e a posta en valor do territorio local.

Regresa Ponteandadas coas súas 4 últimas saídas dominicais - DEPORTE PONTEVEDRA

Diseccionado todo o operativo de mobilidade para a Gran Final 

Diseccionado todo o operativo de mobilidade para a Gran Final  O importante operativo sobre o tránsito motorizado despregado pola cidade para abordar coa maior harmonía a Gran Final do campionato do mundo de tríatlon foi presentado pola concelleira de Protección Cidadá, Eva Villaverde, quen agradeceu a todas as persoas implicadas na organización a súa boa … Ler máis

O artigo Diseccionado todo o operativo de mobilidade para a Gran Final  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O sábado voarán sobre a Ferraría

O sábado voarán sobre a Ferraría - DEPORTE PONTEVEDRA

Algunha xente irá moi polo aire este sábado na Ferraría, cando a partir das 19:30 comece o evento “Saltar na Rúa”, unha das clásicas exhibicións do verán pontevedrés da man da Sociedade Ximnástica e que foi presentada polo vicepresidente da entidade, Santiago Ferrer, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores diante da Peregrina.

As catro mulleres e catro homes de salto de lonxitude abrirán a proba. Foron precisamente dous dos seus participantes, Andrea Villaverde e Sergio Coello os que participaron tamén na presentación da Peregrina. Sobre as 8 da tarde dará comezo a exhibición de triple salto e media hora máis tarde serán as saltadoras e saltadores de pértiga quen pechará o espectacular evento que trae ao centro da cidade ás persoas da Boa Vila que son capaces de estar máis tempo seguido sen pisar o chan.

Lores puxo en valor o encomiable labor da Sociedade Ximnástica, que conta con máis de 400 atletas, a metade nas categorías base. Tamén dixo que é un orgullo para Pontevedra contar con entidades coma esta, a piques de cumprir os cen anos e cun traballo tan activo e cheo de éxitos.

“Gústanos —dixo o alcalde— que probas coma esta saian á rúa, porque se convirten en exemplo para moitas nenas e nenos que poden ver estimulada a súa vocación deportiva”.

Están confirmados, entre outras e outros atletas, para a exhibición de lonxitude Lucía Sánchez (6,25 m) e Sergio Coello (7,85 m), para a de triplo salto, Ana Rita Silva (13,12 m) e Tiago Pereira (16,05 m) e para a pértega: Manuela Blanco (4 m) e Miguel Carbajales (4,90 m).

Precisamente coas marcas absolutas de salto de lonxitude quedou colocada diante da Peregrina unha fita de 9 metros cos nomes de Mike Powell, que saltou 8,95 m en 1991, e Galina Christiakova, que ten o récord do mundo en 7,52 desde 1988. A fita será despegada do chan o propio sábado, ao remate da exhibición.

Pontevedra avanza no deseño do futuro skate da Parda

Unha xuntanza de traballo serviu para supervisar os aspectos máis técnicos da instalación Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha achega do 60% do seu custe.  Dúas recoñecidas persoas que practican deportes de skate e bmp na cidade, Israel Sousa e Iago Lastra, participaron esta … Ler máis

O artigo Pontevedra avanza no deseño do futuro skate da Parda publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Aprobada a reposición do céspede artificial dos dous campos de fútbol da Xunqueira cun investimento de case 143.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente de contratación para a reposición do céspede artificial en dous campos de fútbol 8 do complexo deportivo de A Xunqueira Manolo Barreiro. Esta actuación contará cun orzamento de 142.937 € e un prazo de execución de cinco semanas. Segundo explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández … Ler máis

O artigo Aprobada a reposición do céspede artificial dos dous campos de fútbol da Xunqueira cun investimento de case 143.000 euros publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Rastrexo noiturno de Verducido para buscar segredos pola parroquia adiante

Rastrexo noiturno de Verducido para buscar segredos pola parroquia adiante - DEPORTE PONTEVEDRA

O Rastrexo Solidario de Verducido chega á súa sexta edición o 22 de agosto, baixo a batuta da Asociación Cultural San Martín desa parroquia do norte do municipio. Os 9 km da proba comezarán ás 22 horas desde o campo de fútbol de Santa María de Xeve.

O evento deportivo consta de 14 probas que se desenvolven ao longo dos 9 km que se teñen que percorrer en equipos de entre 6 e 12 persoas. Ademáis da súa dimensión deportiva trae consigo un aspecto fundamental: o entusiasmo da parroquia que se volca co Rastrexo e o Rastrexín, un mini xogo concebido para a xente miuda.

O rastrexo realízase con fins solidarios, como fixera en anos anteriores con outras asociacións como Apropark (Asociación Parkinson Provincia Pontevedra), AGAELA (Asociación Galega de Afectad@s de Esclerose Lateral Amiotrófica) ou Bicos de Papel. Este ano recadarán fondos en favor da saúde mental. Son simplemente 7 euros que deben abonar as persoas participantes, un máximo de 35.

Avanza o deseño do futuro skate da Parda

Avanza o deseño do futuro skate da Parda - DEPORTE PONTEVEDRA

Dúas recoñecidas persoas que practican deportes de skate e bmp na cidade, Israel Sousa e Iago Lastra, participaron nunha xuntanza de traballo no Concello coa concelleira de Deportes, Anabel Gulías, e as arquitectas Andrea Ricoy e Javier Segura para axustar algúns aspectos técnicos da instalación destinada para estes deportes con bicis e patíns no futuro parque da Parda. Tamén participou na xuntanza o Xefe de arquitectura do Concello, Ángel Velando.

Gulías agradeceu a implicación das protagonistas no avance do deseño facéndoos partícipes de perfilar os detalles que perfeccionen aínda máis o futuro espazo público. Unha instalación que se integrará no gran parque urbano da Parda e axudará a conformar unha zona de gran dimensión deportiva, pois no futuro acollerá un novo pavillón de deportes.

Desde as instancias deportivas recibiron todo tipo de explicacións —especialmente do arquitecto Segura, que tamén é practicante dalgunha destas disciplinas e coñece desde dentro as súas características— e realizaron interesantes observacións sobre os distintos circuitos e áreas das instalacións, que foron presentadas con planos, cotas e renders.

Precisamente as alturas, os materiais e características de bordillos, varandas, caixóns, pirámides ou rampas, además das pendentes, concebidas para que sirvan a distintos niveis de uso de cada disciplina e permitir algúns xogos máis creativos nos distintos percorridos sobre patíns ou bicis foron parte das intervencións dos deportistas, que se mostraron en xeral satisfeitos co deseño da instalación e agradecidos por seren consultados antes do empurrón definitivo da construción.

O “Gran Tríatlon do Comercio”, unha previa da Gran Final de tenda en tenda

O “Gran Tríatlon do Comercio”, unha previa da Gran Final de tenda en tenda - DEPORTE PONTEVEDRA

Unha interesante previa ás carreiras do mes de setembro terán lugar en Pontevedra entre o 11 e o 14 de agosto, coincidindo coa Feira do Mel. Trátase do Gran Tríatlon do Comercio, unha iniciativa do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra, unha ambiciosa campaña de dinamización cultural e turística deseñada para atraer visitantes aos comercios tradicionais e independentes do casco antigo.

“Poñer no mapa o comercio local co argumento da Gran Final do Tríatlon”. Así presentou a concelleira Anabel Gulías esta actividade que anima a mercar no comercio a ritmo das tres disciplinas deportivas con preguntas interesantes sobre a cidade e as probas de tríatlon que se teñen celebrado aquí. “Unha combinación entre a Gran Final, o comercio local e a Feira do Mel”, en palabra do presidente do centro comercial urbcano, Miguel Lago.

O proxecto conta co apoio oficial das federacións deportivas e o Concello a través da concellería de Promoción Económica, unha alianza institucional que traslada os valores, o dinamismo e a identidade de marca da Boa Vila como capital mundial do tríatlon directamente ás rúas peonís do centro histórico, fusionando o espírito deportivo coa revitalización do tecido comercial local.

Un circuíto cultural a pé para familias e turistas

A actividade, totalmente gratuíta, consiste nun circuíto urbano de orientación a pé (tipo xincana). É un percorrido chá e sen dificultades técnicas, deseñado tanto para a veciñanza local como para os numerosos turistas que visitan a cidade en agosto. Os participantes deberán recoller o seu “Pasaporte de Triatleta” no posto de información da Feira do Mel (rúa Serra) e visitar os comercios adheridos á campaña.

Mantendo a temática deportiva, o percorrido divídese en tres sectores: o de natación, o de ciclismo e o de carreira a pé. Cada establecemento contará cun código QR único (situado no interior da tenda ou visible no escaparate). Ao escanealo cos seus teléfonos móbiles, os usuarios descubrirán datos históricos sobre a cidade ou anécdotas relacionadas co tríatlon. Para validar o pasaporte, deberán anotar a palabra clave de cada establecemento.

Incentivos comerciais e obradoiros creativos

Para fomentar o comercio local e a participación na xincana e nos obradoiros, as persoas interesadas deberán presentar un ticket de compra —por calquera importe— de calquera comercio do centro histórico da cidade.

Quen complete a metade da cuadrícula (15 casiñas) recibirá unha bolsa promocional oficial de “CCU Zona Monumental”. Quen complete as 30 casiñas do pasaporte recibirá, ademais da bolsa, un doce especial como obsequio.

Paralelamente, a zona da Feira do Mel, na rúa Serra, acollerá dous obradoiros creativos de artesanía de balde. Estas actividades están abertas tanto a adultos como a familias, non requiren inscrición previa e están programadas para dúas datas diferentes, o martes 11 de agosto, de 12:00 a 13:30 h, e venres 14 de agosto, de 11:00 a 12:30 h.

Os obradoiros titúlanse “Deseña a túa medalla de campión” e “Crea o teu chaveiro con técnica de “decoupage”.

A organización lembra aos participantes que, ao tratarse de actividades familiares compartidas, os menores deberán estar acompañados en todo momento por polo menos un adulto responsable, tanto durante a xincana como nos obradoiros. Pódese consultar toda a información escaneando o código QR principal que aparece nos carteis promocionais expostos nos establecementos participantes.

O “Gran Tríatlon do Comercio”, unha previa da Gran Final de tenda en tenda - DEPORTE PONTEVEDRA