Pontevedra celebrará os 200 días que faltan para a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón cun concerto das Tanxugueiras

A bandeira oficial do evento será izada durante un acto institucional no que participarán as diferentes administracións xunto con personalidades deportivas O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lembra que está será o evento deportivo máis grande que se fixo nunca na cidade e que pode achegar até 15.000 persoas  O vindeiro venres, 3 […]

O artigo Pontevedra celebrará os 200 días que faltan para a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón cun concerto das Tanxugueiras  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O proxecto de transformación integral do parque da Praza de Europa segue adiante coa mellora da iluminación da nova pista multideporte e dos campos de petanca e a renovación paisaxística do contorno da zona de xogos infantís

Tralo pintado da nova pista multideporte e a plantación de arborado que permitirá mellorar as condicións de sombra e a composición ornamental no contorno do seu parque infantil, o proxecto de transformación integral do parque da Praza de Europa impulsado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural segue a dar importantes pasos adiante. As […]

O artigo O proxecto de transformación integral do parque da Praza de Europa segue adiante coa mellora da iluminación da nova pista multideporte e dos campos de petanca e a renovación paisaxística do contorno da zona de xogos infantís publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra volve colocarse como referente deportivo ao ser sede esta fin de semana da Liga Nacional de Karate Cadete e Senior

Máis de 700 participantes, entre as categorías masculina e feminina, pasarán polo Pavillón Municipal dos Deportes ao longo das xornadas do 18 e 19 de febreiro  Pontevedra quere e continuará sendo unha cidade próxima ao deporte acollendo a Liga Nacional de Karate R.F.E.K, que se celebrará este fin de semana no Pavillón Municipal dos Deportes. […]

O artigo Pontevedra volve colocarse como referente deportivo ao ser sede esta fin de semana da Liga Nacional de Karate Cadete e Senior  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

A canteira do balonmán pontevedrés exhíbese nun torneo cuadrangular no Multiúsos da Xunqueira

A canteira do balonmán pontevedrés exhibirá o seu talento esta fin de semana na VI edición do Torneo Base Azul, organizado pola SD Teucro en colaboración coa Concellería de Deportes. Trátase dunha competición cuadrangular na que participarán os equipos infantil e cadete do club teucrista e os dos conxuntos de Sanxenxo, Moaña e mailo Cisne, que medirán as súas forzas no Pavillón Multiúsos […]

O artigo A canteira do balonmán pontevedrés exhíbese nun torneo cuadrangular no Multiúsos da Xunqueira publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

A cidade volve situarse na órbita do billar de elite coa celebración do seu II Open de Bola 9 esta fin de semana

Pontevedra volverá situarse na órbita do billar de elite entre os vindeiros días 17 e 19 de febreiro coa celebración do seu II Open Cidade de Pontevedra de Bola 9. O torneo, organizado polo billiard club Pool Pontevedra en colaboración coa Concellería de Deportes, xa conta con 40 xogadores inscritos, se ben está previsto chegar […]

O artigo A cidade volve situarse na órbita do billar de elite coa celebración do seu II Open de Bola 9 esta fin de semana publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Unha enquisa cidadá online permitirá que os pontevedreses decidan a quen renderá tributo a escultura que se instalará no parque de Pasarón trala súa remodelación

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural decidiu promover unha enquisa online para que a cidadanía poida decidir a que figura histórica ou personalidade destacada na traxectoria do Pontevedra CF renderá tributo a estatua que se instale no novo parque de Pasarón, unha vez que se executen as obras de remodelación integral deste espazo. […]

O artigo Unha enquisa cidadá online permitirá que os pontevedreses decidan a quen renderá tributo a escultura que se instalará no parque de Pasarón trala súa remodelación publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Concello inicia o proxecto para a construción dun pavillón e un módulo de ximnasia na Parda

Está previsto un investimento de 14,5 millóns de euros, o que sería o maior investimento deste tipo nunha soa instalación en toda a historia da cidade Todos os deportes de pista cuberta terán un novo espazo onde adestrar e onde competir a nivel internacional, contando con espazos de seu disciplinas como a ximnasia ou a […]

O artigo O Concello inicia o proxecto para a construción dun pavillón e un módulo de ximnasia na Parda  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

As Rutas Saudables regresan para axudar aos pontevedreses a combater o sedentarismo

A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra porá en marcha o vindeiro 23 de febreiro, en colaboración coa Concellería de Deportes e Saúde, a IV edición das súas Rutas Saudables, unha iniciativa especialmente dirixida ás persoas sedentarias pero aberta a toda poboación e que ten como principais obxectivos loitar contra o sedentarismo e fomentar […]

O artigo As Rutas Saudables regresan para axudar aos pontevedreses a combater o sedentarismo publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra albisca xa a Gran Final das Series Mundiais a tan só oito meses da súa celebración

O comité organizador mantivo está mañá unha reunión na que se segue afondando na creación dunha proba deportiva que se mesture coa promoción cultural, gastronómica e de ocio de toda a provincia pontevedresa O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembra que este será o maior evento deportivo co que contará Galiza neste ano, colocando a […]

O artigo Pontevedra albisca xa a Gran Final das Series Mundiais a tan só oito meses da súa celebración  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

A XI Carreira de San Brais reunirá este domingo a 150 adultos e 199 nenos e nenas nunha auténtica festa do deporte ao aire libre

A parroquia de Salcedo celebrará este domingo 29 de xaneiro a súa festa do deporte na rúa por excelencia coa clásica Carreira Pedestre de San Brais, organizada pola Asociación Veciñal Salcedo Norte en colaboración coa Concellería de Deportes e o patrocinio de Carrefour. O evento chega neste 2023 á súa XI edición con 349 persoas […]

O artigo A XI Carreira de San Brais reunirá este domingo a 150 adultos e 199 nenos e nenas nunha auténtica festa do deporte ao aire libre publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.