Comezan os primeiros traballos para cambiar a cuberta do Pavillón Municipal

Pavillón municipal dos deportes de pontevedra

Os traballos para cambiar a cuberta do pavillón municipal comezan hoxe. Ao longo desta xornada está previsto instalar os valados necesarios para prohibir o estacionamento na parte traseira e tamén na esquerda do pavillón. Nesta zona instalarase unha grúa de grandes dimensións que será a encargada de retirar os paneis actuais e instalar a nova cuberta.

Maí±á comezarán os traballos para cubrir e protexer a pista do pavillón, xa que seguidamente comezarán os traballos de limpeza e pintado das cerchas da cuberta. Estes traballos terán unha duración aproximada dunhas cinco semanas, o tempo necesario para rematar a fabricación da cuberta que se realiza nestes momentos.

A desmontaxe e montaxe da cuberta é un labor duns dous meses, polo que durante ese tempo o pavillón non terá actividade deportiva de ningún tipo. A partir desta semana só se restrixe o uso da pista do recinto deportivo, pero mantéí±ense as actividades nos ximnasios.

Segundo as previsións da Concellarí­a de Deportes, a obra poderá estar rematada a primeiros de setembro, para continuar co ritmo normal da tempada deportiva.

Sae a contratación a reforma do primeiro campo de herba sintética da Xunqueira

Sae a contratación a reforma do primeiro campo de herba sintética da Xunqueira - DEPORTE PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno Local aprobou esta maí±á o proceso de contratación da renovación do primeiro campo de herba sintética que fixo o Concello de Pontevedra na Xunqueira. í‰ un campo de fútbol 11 que terá un custe de renovación de 363.233,01 euros.

A súa construción fí­xose no ano 1999 e foi renovado en 2005, porque foi preciso renovar a totalidade do céspede. Pero a recuperación que se acometerá agora vai máis aló que cambiar todo o céspede. Tamén está previsto crear unha beirarrúa perimetral, un valado perimetral, substituí­r as porterí­as, colocar novos puntos de rego, a iluminación das bancadas e os banquillos.

A execución prevista é de 2 meses, polo que está previsto que toda a obra estea rematada para a vindeira tempada.

Este novo campo estará homologado para os estándares da FIFA polo que se poderán disputar nel partidos de competición oficial.

Aprobada a contratación para levar a auga potábel a Cabanas

Aprobada a contratación para levar a auga potábel a Cabanas - DEPORTE PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación da dotación de auga potábel do núcleo de Cabanas, polo que se abastecerá de auga ao pavillón de Salcedo e tamén ao colexio de Cabanas.

Trátase dun proxecto histórico que tivo moitos problemas para poder obter unha solución final. Unha vez que se dotou de auga á estrada nacional 550 é posible dar auga ao núcleo de Cabanas, e levar un ramal cara o pavillón.

Este proxecto ten un custe de 128.924,25 euros e un prazo de execución de dous meses.

Está previsto a instalación de 1.556 metros lineais. No orzamento está previsto a instalación de tubaxes, movementos de terra, asfaltado e todas as obras complementarias.

Sae a contratación a reforma do primeiro campo de herba sintética da Xunqueira

Sae a contratación a reforma do primeiro campo de herba sintética da Xunqueira - DEPORTE PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación da renovación do primeiro campo de herba sintética que fixo o Concello de Pontevedra na Xunqueira. É un campo de fútbol 11 que terá un custe de renovación de 363.233,01 euros.

A súa construción fíxose no ano 1999 e foi renovado en 2005, porque foi preciso renovar a totalidade do céspede. Pero a recuperación que se acometerá agora vai máis aló que cambiar todo o céspede. Tamén está previsto crear unha beirarrúa perimetral, un valado perimetral, substituír as porterías, colocar novos puntos de rego, a iluminación das bancadas e os banquillos.

A execución prevista é de 2 meses, polo que está previsto que toda a obra estea rematada para a vindeira tempada.

Este novo campo estará homologado para os estándares da FIFA polo que se poderán disputar nel partidos de competición oficial.

O IMD renova os vogais representantes do mundo do deporte

O IMD renova os vogais representantes do mundo do deporte - DEPORTE PONTEVEDRA

O Instituto Municipal de Deportes (IMD) rematou esta semana o proceso de renovación de tres vogais representantes do mundo do deporte na Xunta reitora do organismo municipal co nomeamento dos tres novos membros:

    • Javier Domí­nguez, pola S.D. Teucro
    • Miguel Cortegoso, polo Mace Sport
    • Jesús Cortegoso, pola Ximnástica

A votación realizouse este venres, 3 de xuí±o, de 16.30 a 20.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes.

Pontevedra, placa ao mérito deportivo da Federación española de Balonmán

Pontevedra, placa ao mérito deportivo da Federación española de Balonmán - DEPORTE PONTEVEDRA

A Federación española de Balonmán vén de premiar ao Concello de Pontevedra coa placa ao mérito deportivo na modalidade de institucións, recoí±ecemento que comparte xunto ás Deputacións provinciais de Almerí­a, Castellón, Málaga e o Concello de Irún.

No apartado de Federativos, tamén se lle outorgou á medalla e insignia de Ouro ao mérito deportivo á Nieves Gamallo, pontevedresa fundadora do primeiro club de balonmán feminino de Pontevedra: C.B. Enxoval.

Estes galardóns foron decididos na Xunta directiva da Federación espaí±ola de Balonmán o pasado 21 de maio, e ratificados o 1 de xuí±o. A súa entrega está prevista para o 18 de xuí±o, sábado, ás 20.30 horas en Ciudad Real.

Máis info: https://www.rfebm.net/noticias.asp?id=25711

Estreamos en Avilés a imaxe do ITU Multisport Festival 2019

Estreamos en Avilés a imaxe do ITU Multisport Festival 2019 - DEPORTE PONTEVEDRA

A cidade de Avilés será partícipe esta fin de semana dos primeiros pasos publicitarios do ITU Multisport Festival 2019, un conxunto de catro mundiais que terá lugar en Pontevedra ese ano.

Hosxe comeza nesta cidade asturiana o Campionato do Mundo de Duatlón, que reúne a máis de 2.000 deportistas chegados de todo o planeta. Cada un deles recibe, na súa mochila de participante, un folleto informativo sobre a competición pontevedresa de 2019, que agrupa ás especialidades de Duatlón, Aquatlón, Triatlón de longa distancia e Triatlón cross baixo a denominación IUT Multisport Festival.

A organización pontevedresa, encabezada polo alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, supervisaron nos últimos días as cuestións básicas da imaxe da competición, que se basea no logotipo habitual das competicións de triatlón que teñen lugar en Pontevedra, adaptado a esta nova fórmula multideportiva, con alusións cromáticas a cada unha das especialidades.

A presencia en Avilés, ademáis do flyer que recibirá cada deportista, inclúe un display informativo que se instalará en pleno Centro Niemeyer, escenario operativo e deportivo deste mudial de duatlón. Este display inclúe 15 composicións fotográficas e de imaxe, que inclúen vistas da capital pontevedresa, tanto da cidade en si, como das distintas competicións que se celebran.

Nelas ten especial protagonismo o río Lérez e máis o centro histórico, que convirten a Pontevedra nun dos escenarios máis aprezados polos practicantes deste deporte, que tamén destacan a importante implicación da cidadanía nas carreiras. “Pontevedra, city of triathlon” e “All in Pontevedra” son as principais mensaxes nunha campaña que se desenvolve íntegramente en inglés.