Pontevedra, placa ao mérito deportivo da Federación española de Balonmán

A Federación española de Balonmán vén de premiar ao Concello de Pontevedra coa placa ao mérito deportivo na modalidade de institucións, recoí±ecemento que comparte xunto ás Deputacións provinciais de Almerí­a, Castellón, Málaga e o Concello de Irún.

No apartado de Federativos, tamén se lle outorgou á medalla e insignia de Ouro ao mérito deportivo á Nieves Gamallo, pontevedresa fundadora do primeiro club de balonmán feminino de Pontevedra: C.B. Enxoval.

Estes galardóns foron decididos na Xunta directiva da Federación espaí±ola de Balonmán o pasado 21 de maio, e ratificados o 1 de xuí±o. A súa entrega está prevista para o 18 de xuí±o, sábado, ás 20.30 horas en Ciudad Real.

Máis info: https://www.rfebm.net/noticias.asp?id=25711