Centro Deportivo Municipal de Campolongo

Centro Deportivo Municipal de Campolongo - DEPORTE PONTEVEDRA

  • Parque de Campolongo. 36001 Pontevedra
  • campolongo@beone.es
  • Páxina web
  • Tlf. 986 863 855
  • Horario inverno:
  • Luns a xoves: 6.45 – 23.30 h.
  • Venres: 06.45 – 23 h.
  • Sábados: 9 – 21 h.
  • Domingo e festivos:  9 – 14 h.
  • Horario verán
  • Luns a venres:  7 – 23 h.
  • Sábados:  9 – 14 h.
  • Domingos:  9.30 – 14 h.
  • Festivos: pechado
  • Unha instalación deportiva municipal xestionada pola empresa Beone.
  • Dispón de interesantes tarifas de abono para os seus múltiples servizos. Consulta a que máis se adapta á túa situación familiar.

O centro deportivo municipal de Campolongo foi reformado integralmente, reabrindo as súas portas en 2019. Consta dos seguintes servizos públicos:

  • Piscinas de natación, fitness acuático e aprendizaxe
  • Sala fitness con áreas de musculación, tonificación, adestramento funcional, estiramentos e cardiovascular
  • Salas de actividades dirixidas para ciclo indoor, adestramento persoal, corpo-mente, tonificación e coreográfica
  • Área de relax-spa con sauna, baño de vapor, duchas ciclónicas, pediluvio, hidromasaxe, banco de calor e fonte de xeo

Ademáis, ten unha ampla programación de actividades habituais (unhas 200 diferentes, pensadas para todas as idades) que podes consultar na súa web. Tamén dispón de servizos de adestramento persoal, nutrición, ludoteca, fisioterapia e asesoramento deportivo.

Centro Deportivo Municipal de Campolongo - DEPORTE PONTEVEDRA
Centro Deportivo Municipal de Campolongo - DEPORTE PONTEVEDRA
Centro Deportivo Municipal de Campolongo - DEPORTE PONTEVEDRA
Centro Deportivo Municipal de Campolongo - DEPORTE PONTEVEDRA

Pavillón de Deportes

Pavillón de Deportes - DEPORTE PONTEVEDRA
Pavillón de Deportes - DEPORTE PONTEVEDRA

Pavillón Municipal de Deportes

  • Rúa Xoán Manuel Pintos, 7. 36005 Pontevedra.
  • Tlf. 986 872 013
  • instalacionsdeportes@pontevedra.eu
  • Conta con cancha principal, 4.000 asentos, áreas de adestramento, vestiarios, cantina, sala de prensa, área institucional e o espazo de traballo do Servizo Municipal de Deportes.

É o maior escenario dos soños deportivos da cidade. Un edificio proxectado polo grande arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota en 1966. Aínda que intervencións posteriores modificaron substancialmente o aspecto exterior, no interior pódese gozar desta magnífica instalación cun aforo de 4.000 persoas. O balonmán é o deporte rei, pero o Pavillón de De la Sota acolle múltiples deportes e campionatos baixo a súa luminosa cuberta. A medio prazo, cóntase con recuperar a fisonomía histórica do edificio. Neste link, a Fundación Alejandro de la Sota mostra unha magnífica documentación sobre o proxecto do edificio.

Axenda do Pavillón

Pavillón de Deportes - DEPORTE PONTEVEDRA
pavillón municipal deportes
Pavillón de Deportes - DEPORTE PONTEVEDRA
Pavillón de Deportes - DEPORTE PONTEVEDRA