Estadio de atletismo do CGTD

Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD

  • Rúa Padre Fernando Olmedo, 1. 36002 Pontevedra
  • Ubicación
  • Páxina web
  • cgtd@xunta.gal
  • Tlf. 886 159 674
  • Pista de pavimento sintético
  • 8 rúas
  • Campo de herba natural
  • Bancadas para 300 persoas
  • Sistema de videofinish
  • Almacéns

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva é unha das máis sobranceiras institucións deportivas da cidade.

É unha auténtica universidade do deporte para os novos talentos de Galicia, que poden formarse aquí, xa que o centro conta cun instituto de ensino medio que adapta a súa actividade ás dinámicas deportivas do alumnado.

Ademáis das pistas de atletismo conta cunha piscina cuberta, un pavillón deportivo, hangares para embarcacións e outras instalacións auxiliares para diversos deportes.

Centro de Piragüismo do Pontillón do Castro

Centro de Piragüismo do Pontillón do Castro (Centro Deportivo David Cal)

Tamén denominado Complexo Deportivo David Cal

Piscina de Ponte Muíños

Piscina Olímpica de Ponte Muíños ou Rías do Sur

  • Rúa Matos. Ponte Muíños. 36153 Pontevedra
  • Páxina web
  • Tlf. 986 869 658
  • Consulta os horarios e condicións na súa web
  • Piscina de dimensión olímpica (50x25m) integrada nun complexo deportivo que ademáis inclúe outras duas piscinas menores, un ximnasio e salas múltiples para gran cantidade de actividades
  • É a sede de importantes equipos como o Club Natación Galaico.

Estadio Municipal de Pasarón

Estadio Municipal de Pasarón

  • Rúa Luis Otero – O Burgo. 36005 Pontevedra
  • Tlf. 986 86 56 07
  • administracion@pontevedracf.com
  • O Estadio Municipal de Pasarón, reconstruido recentemente, é unha instalación municipal que utiliza en exclusiva o Pontevedra CF para os seus adestramentos, partidos de competición e actividades sociais e de comunicación.
  • Máis información sobre o Pontevedra CF na súa web.

Pasarón é un estadio remodelado na segunda década do século XXI con bancadas para 10.500 persoas, 8 accesos distintos e cun terreo de xogo natural de 105 x 68 m. É utilizado polo Pontevedra CF, un equipo de historia sobranceira que podes consultar aquí. No mesmo edificio atópanse ademáis a sede da Agrupación de Protección Civil de Pontevedra (Rúa Leonardo Enríquez) e o Centro Cultural do Burgo (Avenida da Coruña).

Multiusos da Xunqueira

Pavillón Multiusos de A Xunqueira

  • Rúa Celso Emilio Ferreiro. 36005 Pontevedra.
  • Tlf. 986 872 013
  • instalacionsdeportes@pontevedra.eu
  • Tras a súa completa renovación, conta con unha cancha, divisible en duas idénticas, ximnasio, rocódromo, 17 vestiarios (que atenden ademáis aos campos de fútbol Manolo Barreiro da Xunqueira). Ademáis de numerosos equipos e variados deportes, é utilizado tamén polo alumnado do veciño IES A Xunqueira I.

Forma parte do complexo deportivo da Xunqueira, composto ademáis deste edificio levantado nos anos 80 e restaurado en 2018, polos 4 campos de fútbol de herba sintética, recentemente denominados Manolo Barreiro, en homenaxe ao histórico valedor do fútbol local.

Axenda do Multiúsos

Centro Deportivo de Campolongo

Centro Deportivo de Campolongo

  • Parque de Campolongo. 36001 Pontevedra
  • campolongo@beone.es
  • Páxina web
  • Tlf. 986 863 855
  • Horario inverno:
  • Luns a xoves: 6.45 – 23.30 h.
  • Venres: 06.45 – 23 h.
  • Sábados: 9 – 21 h.
  • Domingo e festivos:  9 – 14 h.
  • Horario verán
  • Luns a venres:  7 – 23 h.
  • Sábados:  9 – 14 h.
  • Domingos:  9.30 – 14 h.
  • Festivos: pechado
  • Unha instalación deportiva municipal xestionada pola empresa Beone.
  • Dispón de interesantes tarifas de abono para os seus múltiples servizos. Consulta a que máis se adapta á túa situación familiar.

O centro deportivo municipal de Campolongo foi reformado integralmente, reabrindo as súas portas en 2019. Consta dos seguintes servizos públicos:

  • Piscinas de natación, fitness acuático e aprendizaxe
  • Sala fitness con áreas de musculación, tonificación, adestramento funcional, estiramentos e cardiovascular
  • Salas de actividades dirixidas para ciclo indoor, adestramento persoal, corpo-mente, tonificación e coreográfica
  • Área de relax-spa con sauna, baño de vapor, duchas ciclónicas, pediluvio, hidromasaxe, banco de calor e fonte de xeo

Ademáis, ten unha ampla programación de actividades habituais (unhas 200 diferentes, pensadas para todas as idades) que podes consultar na súa web. Tamén dispón de servizos de adestramento persoal, nutrición, ludoteca, fisioterapia e asesoramento deportivo.

Pavillón de Deportes

Pavillón Municipal de Deportes

  • Rúa Xoán Manuel Pintos, 7. 36005 Pontevedra.
  • Tlf. 986 872 013
  • instalacionsdeportes@pontevedra.eu
  • Conta con cancha principal, 4.000 asentos, áreas de adestramento, vestiarios, cantina, sala de prensa, área institucional e o espazo de traballo do Servizo Municipal de Deportes.

É o maior escenario dos soños deportivos da cidade. Un edificio proxectado polo grande arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota en 1966. Aínda que intervencións posteriores modificaron substancialmente o aspecto exterior, no interior pódese gozar desta magnífica instalación cun aforo de 4.000 persoas. O balonmán é o deporte rei, pero o Pavillón de De la Sota acolle múltiples deportes e campionatos baixo a súa luminosa cuberta. A medio prazo, cóntase con recuperar a fisonomía histórica do edificio. Neste link, a Fundación Alejandro de la Sota mostra unha magnífica documentación sobre o proxecto do edificio.

Axenda do Pavillón

pavillón municipal deportes