Pontevedra recolle en Abu Dhabi a bandeira que a fai sede da Gran Final das Series Mundiais 2023

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, promete que será unha experiencia inolvidábel para todas os deportistas, técnicos e familias que se acheguen até a Boa Vila o vindeiro ano A cidade do Lérez acollerá por vez primeira esta cita internacional, broche de ouro á relación que mantén co triatlón, e que será o evento deportivo […]

O artigo Pontevedra recolle en Abu Dhabi a bandeira que a fai sede da Gran Final das Series Mundiais 2023 publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra 2023 xera expectación entre os deportistas e técnicos que estes días compiten en Abu Dhabi

A delegación pontevedresa achegada até a cidade dos Emiratos Árabes Unidos está realizando diferentes accións informativas para dar a coñecer a cita do ano que vén ao tempo que amosan as bondades da contorna onde será realizada Competidores de alto nivel como Jonny Brownlee ou Antonio Serrat xa expresaron a enorme gana que teñen de […]

O artigo Pontevedra 2023 xera expectación entre os deportistas e técnicos que estes días compiten en Abu Dhabi publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

A Gran Final das Series Mundiais apostará por unir experiencias de ocio, cultura e patrimonio coa mesma proba deportiva

O comité organizador do evento acordou promover de xeito explícito o fomento e a creación de actividades paralelas co fin de ampliar a estancia dos deportistas en Pontevedra e en todo o país Percorrer o Camiño de Santiago ou visitar as Illas Atlánticas son un exemplo posíbel dos espazos e das experiencias que se ofertarán […]

O artigo A Gran Final das Series Mundiais apostará por unir experiencias de ocio, cultura e patrimonio coa mesma proba deportiva publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra avanza na organización da Gran Final das Series Mundiais, unha cita que será «máis que un evento deportivo, unha experiencia»

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantivo esta mañá unha reunión en Abu Dhabi co comité organizador da proba que o vindeiro ano será celebrada na Boa Vila, e que será o maior evento deportivo de todo o país e un dos máis potentes do Estado A FETRI confirmou que a día de […]

O artigo Pontevedra avanza na organización da Gran Final das Series Mundiais, unha cita que será «máis que un evento deportivo, unha experiencia» publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra viaxa a Abu Dhabi para recoller a bandeira da final da series mundiais de Tríatlon

A delegación da cidade, encabezada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores viaxará do 22 ao 28 de novembro para participar de diversos actos institucionais e como observadores das probas que se celebrarán ao longo de tres días A Final das Series Mundiais de Tríatlon xa están en marcha na cidade, con reservas e transfers en […]

O artigo Pontevedra viaxa a Abu Dhabi para recoller a bandeira da final da series mundiais de Tríatlon publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Concello inaugura a nova skatepraza de Raíña Vitoria cunha Festa do Patín

Este domingo, 20 de novembro. Están programadas actividades de mañá e de tarde.  O Concello de Pontevedra celebrará este domingo, 20 de novembro, a Festa do Patín que servirá como  inauguración da nova skatepraza de Raíña Vitoria. No caso de mal tempo, a festa terase que adiar para outra data. Está programada unha xornada completa […]

O artigo O Concello inaugura a nova skatepraza de Raíña Vitoria cunha Festa do Patín publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra tomará as rúas este domingo co gallo Día Mundial da Diabetes nunha IX edición da Milla Solidaria de Anedia na que participarán máis de 600 persoas e que contará cunha espectacular proba de relevos 4×500

Baixo a consigna ‘Que a diabetes non pare’, a proba deportiva ten a dobre misión de darlle visibilidade a esta patoloxía e reivindicar a importancia que a actividade física ten para tódalas persoas, de calquera idade e condición física O programa de actividades impulsado pola Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de […]

O artigo Pontevedra tomará as rúas este domingo co gallo Día Mundial da Diabetes nunha IX edición da Milla Solidaria de Anedia na que participarán máis de 600 persoas e que contará cunha espectacular proba de relevos 4×500 publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

José Manuel Franco asegura que “o deporte español está en débeda coa cidade de Pontevedra” e anuncia un investimento de máis de 2,3 millóns de euros do Consello Superior de Deportes para a mellora das instalacións do CGTD

O secretario xeral para o Deporte e presidente do CSD achegouse esta mañá ata o Pavillón Municipal dos Deportes para desfrutar dos Campionatos do Mundo de Loita que se celebran na nosa cidade, acompañado da subdelegada do Goberno, Maica Larriba; o alcalde accidental e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e o presidente da Federación Española de Loita, Francisco Javier Iglesias “Só teño […]

O artigo José Manuel Franco asegura que “o deporte español está en débeda coa cidade de Pontevedra” e anuncia un investimento de máis de 2,3 millóns de euros do Consello Superior de Deportes para a mellora das instalacións do CGTD publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Pontevedra será sede dos campionatos de España de Ximnasia Acrobática e Trampolín na segunda quincena de xuño de 2023

O presidente da Federación Española, Jesús Carballo, avanza que máis de 1.500 deportistas pasarán polo Recinto Feiral durante dúas semanas A nosa cidade converterase en sede de dous campionatos de España de Ximnasia, en concreto das disciplinas de Trampolín (especialidade olímpica) e Acrobática, na segunda quincena de xuño de 2023. Así o ratificou esta mañá o alcalde […]

O artigo Pontevedra será sede dos campionatos de España de Ximnasia Acrobática e Trampolín na segunda quincena de xuño de 2023 publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

A enerxía do Medio Maratón volverá tomar as rúas de Pontevedra nun evento con máis de 900 inscritos e que contará con atletas de primeiro nivel como Reyes Estévez, Manuel Hurtado, Carlos Porto, Soledad Castro, Ángela Rodríguez ou Cora Saburido

A principal novidade desta edición, enmarcada como XXX Campionato de Galicia de Medio Maratón, será a celebración de dúas carreiras para os máis cativos: unha de 250 metros para nenos e nenas nados no ano 2016 e posteriores, que se desenvolverá na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), e outra de 750 metros para nados […]

O artigo A enerxía do Medio Maratón volverá tomar as rúas de Pontevedra nun evento con máis de 900 inscritos e que contará con atletas de primeiro nivel como Reyes Estévez, Manuel Hurtado, Carlos Porto, Soledad Castro, Ángela Rodríguez ou Cora Saburido publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.