AS HISTORIAS DO DEPORTE

Corredores cruzando a vella ponte dos Gafos

Grazas a Antonio Días Lema o Campionato de España saiu por primeira vez do País Basco para vir a Pontevedra

O primeiro ciclocross, unha relixión

Ciclistas baixando polo Verxel
Obstáculo con pedras no circuito de Monte Porreiro
Plano do circuito para o Campionato de España
Albert Van Dame, segundo pola dereita, no Gran Premio de San Sebastián

As fotos eran en branco e negro e as imaxes de televisión tamén. Os xornais eran tamaño sabas de cama e nesa época, Pontevedra era unha referencia no ciclismo. O culpable: o Club Ciclista Pontevedrés, liderado polo seu presidente, Antonio Días Lema, que fixo que nesta cidade non soamente se celebrasen numerosas probas pedalísticas, senón tamén que a maioría delas tivesen un nivel altísimo.

A actividade era frenética, tanto nos meses de inverno como nos de primavera ou verán. A cidade do Lérez, que sempre estará unida á historia da modalidade invernal do ciclismo xa que houbo unha época, logo das citas do País Basco, na que esta disciplina era maiúscula e a cidade do Lérez a gran referencia.

Esa transcendencia foi consecuencia da incesante labor do CC Pontevedrés e das xestións de Antonio Días Lema, que conseguiu traer a Pontevedra en 1970 o Campionato de España, e que por primeira vez na súa historia disputásese fora dos límites do País Vasco, debido á decisión de Luís Puig, por aquel entón presidente da RFEC e posteriormente ‘mandamás’ do ciclismo mundial -grazas a él, Pedro Delgado non foi sancionado no Tour de 1988-.

Toda unha «sustracción»

O paso do tempo pode restarlle transcendencia ó feito, pero ata principios dos oitenta do século pasado o ciclocrós era País Basco, tanto pola importancia das probas como polo seguimento de público, o poder dos organizadores, a calidade dos corredores… e de súpeto o seu ‘gran tesouro’ foi subtraído por un pontevedrés que levaba unha década impulsando un gran premio, o de San Sebastián, que reunía a excelentes ciclistas.

Monte Porreiro

O escenario do Nacional foi o circuíto de Monte Porreiro (nas inmediacións do miradoiro). Foi en febreiro de 1970 co triunfo de José María Basualdo en categoría de afeccionados (os profesionais corrían por separado).

O Nacional foi un punto de inflexión. O empurrón a unha afección que acudía en masa a todas as probas que organizaba o CC Pontevedrés, fosen de estrada, por etapas ou de ciclocrós.

Animado polo éxito da cita e influenciado Antonio Días Lema polo respaldo de Luís Puig, o seguinte soño foi apostar polo Campionato de Mundo. Parecía unha quimera, pero case non o foi porque a UCI estivo a piques de concedelo.

Casi ven o Mundial

A colaboración de Anxo García Fernández (o delegado de asuntos económicos do Consello Nacional de Deportes) e de Luís Puig propiciou que o Mundial estivese moi preto de Pontevedra. As xestións estiveron moi avanzadas. «Tivemos algunhas reunións coa UCI e faltou moi pouco para que nolo concedesen. Creo que si eu non estivese tan leado polo meu traballo no Hospital lográmolo», explicou en 2007, Días Lema.

A non celebración do Mundial non foi impedimento para que por Pontevedra pasasen ciclistas do máximo nivel. O Gran Premio San Sebastián tiña unha vital importancia no ciclismo nacional e ademais estaba colocado estratexicamente no calendario, a poucas datas do Mundial.

Albert Van Damme

Outro dos momentos cumes foi a presenza de Albert Van Damme, que por aquel entón era o vixente campión do mundo de ciclocrós. Foi no Gran Premio San Sebastián de 1974. O circuíto de Monte Porreiro rexistrou un ambiente extraordinario. O belga foi un dos numerosos grandes ciclistas que competiron en Pontevedra. Outro foi o alemán Klaus Peter Thaler.

Eddy Merckx, demasiado caro

Outro fito que non chegou a producirse, por pouco, foi a presenza do mellor ciclista de todos os tempos, Eddy Merckx, que deu o si a Días Lema, a través do seu representante, para acudir ao GP de San Sebastián de 1976, pero finalmente o doutor “se rajó” -segundo as súas propias palabras- ao ter que pagarlle un millón de pesetas daquel entón (6.000 euros). «Tiñamos 24 horas para conseguir o diñeiro, pero despois deume medo e dixémoslle que non podiamos».

Unha clásica preolímpica

As magníficas relacións de Días Lema fixeron que, en máis dunha ocasión, a selección española disputase o Gran Premio Virxe Peregrina ou a clásica Pontevedra-Vigo-Pontevedra, que en 1967 foi cualificada como preolímpica pola Federación Española, polo que participou o equipo nacional. O triunfo foi para José Luís Reguera. O cuarto clasificado foi un dos ilustres do pelotón, José Antonio González Linares, e o quinto José Manuel Fontes ‘Tarangu’, que tempadas despois gañaría a Volta a España en dúas ocasións e ata foi segundo no Giro de Italia.

Gran protagonismo ciclista

Probas como o ‘Virxe Peregrina’, o xa mencionado ‘Gran Premio San Sebastián de ciclocrós’, as ‘100 voltas á Alameda’, o ‘Gran Premio Primavera’ ou a ‘Pontevedra- Vigo- Pontevedra’ apoderábanse das rúas da capital de Rías Baixas. Eran competicións que facían que o ciclismo tivese un enorme protagonismo. O club pontevedrés converteuse nunha das referencias e o seu prestixio fixo que a cidade tivese a oportunidade de poder desenvolver probas dun altísimo nivel.

Basualdo

En 1970 José María Basualdo gozou da gran semana da súa vida. Chegou a Pontevedra como aspirante ao título e cumpriu coas previsións. Na proba de afeccionados logrou o triunfo nacional. Foi o pasaporte para o Mundial que ao domingo seguinte celebrouse en Zolder.

Viaxe a Bélxica

O seleccionador anunciou a lista de convocados ao pouco de terminar o Campionato de España e, trala cita pontevedresa, o grupo de corredores elixidos viaxou ao día seguinte, luns, en bus desde a cidade do Lérez ata Tolosa. O martes, no mesmo medio de transporte, iniciaron a viaxe desde a localidade guipuzcoana para dirixirse a Zolder (Bélgica), percorrido que tardaron en realizar dous días. Os corredores viaxaron xunto ós seleccionadores Mariano Galarza e Antón Barrutia, antigos ciclistas profesionais, máis os técnicos encargados do material. Na vaca do bus transportáronse as bicicletas e os repostos.

Primeiro, Monte Porreiro

Trala odisea de viaxe, unha semana logo de enfundarse no circuíto de Monte Porreiro o maillot de campión de España, Basualdo colgábase a medalla de prata universal nunha das catedrais do ciclocrós mundial. A prensa de entón destacou a súa proeza deportiva. Foi portada da Vanguardia de Barcelona o martes 24 e tamén do diario deportivo As, unha fazaña nada habitual para un deporte español orfo de grandes triunfos.

Como consecuencia deste éxito, a selección española repartiu un premio de 100.000 pesetas, das cales 10.000 destináronse aos mecánicos e o resto repartiuse a partes iguais entre os cinco corredores da selección.

Vida de ciclocross

Basualdo dedicou toda a súa vida deportiva case en exclusiva ao ciclocrós, onde comezou no ano 1968, con vinte anos. Soamente en 1970 probou, e con éxito, a súa participación en probas en estrada como afeccionado, gañando cinco delas: Gran Premio Durana (Álava), Altsasu (Navarra), Legazpi (Gipuzkoa), subida ó porto de Ibardin (Navarra) e o circuíto de Barcelona, que constaba de catro etapas. A de Basualdo foi o primeiro, e case único, gran éxito do ciclocrós español a nivel mundial. O único que se lle pode comparar é a medalla de prata lograda no ano 2017 polo valenciano Felipe Orts na categoría sub-23.

Tradición ciclista

A idade de ouro dos anos 60, 70 e 80 do ciclismo pontevedrés foi consecuencia dunha tradición que empezou no segundo decenio daquela centuria. Fóra no ciclocrós ou no ciclismo de estrada, naqueles anos vinte Pontevedra contaba cunha activa e emerxente afección ao deporte do ciclismo que se concentraba, especialmente, en dous talleres de bicicletas: Sánchez (nas inmediacións de Peregrina) e a tenda do señor Días, coñecida popularmente como a do ‘portugués’, e que estaba situada na rúa García Camba.

Carreiras desde 1927

Desenvolvíanse carreiras (a primeira edición da Volta ao Morrazo foi en 1927) e os comentarios e debates sobre ciclismo eran habituais. Este ambiente propiciou que varios pontevedreses suscitasen a posibilidade de fundar un club. Con todo, e pese a máis dun intento, nunca se produciu tal noticia. Houbo que esperar ata case catro décadas despois para que ese desexo vísese culminado.

O Club Ciclista Pontevedrés

De novo aparecen coñecidos afeccionados, entre eles algún dos fillos do señor Días, sobre todo Antonio, que liderou o proxecto de levar a bo porto a fundación dun club que centrase toda a actividade pedalística da cidade do Lérez.

Ese desexo atopou o respaldo de Paulino Martín Otero e Benardino Lage Curral, que xunto ao mencionado galeno crearon o 19 de marzo de 1964 o CC Pontevedrés. Tras chegar ó acordo de fundar o club e co permiso da autoridade correspondente (autorización 2082. referencia: 1112), celébrase unha reunión na que se confeccionou a primeira xunta directiva.

A idade de ouro dos anos 60, 70 e 80 do ciclismo pontevedrés foi consecuencia dunha tradición que empezou no segundo decenio do século XX.