OS XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO

Irmandade deportiva

Desde 1995 esta senlleira convocatoria bianual leva concentrando entre 1.500 e 2.000 mozas e mozos dos concellos que fan parte do Eixo Atlántico de Galicia e norte de Portugal.

En 1995 tiveron lugar en varias cidades; ao ano seguinte en Ferrol e despois en Chaves, Bragança, Santiago, Vilanova de Gaia, A Coruña, Matosinhos e  Guimaraes. En 2015 organizaron conxuntamente Porto, Matosinhos e Gaia, e en 2017 Lugo, Monforte e Sarria.

A última convocatoria foi en 2019 e tivo lugar en Braga. Desde a terceira edición, Pontevedra sempre acude aos Xogos.

Se desexas máis información sobre os Xogos do Eixo Atlántico podes consultala nos links que aparecen nesta páxina.

Maia 2022: Pontevedra nos XIV Xogos do Eixo Atlántico

Pontevedra participará un ano máis nesta competición galego-portuguesa do Eixo Atlántico. Tas un ano aprazado pola pandemia, o evento deportivo transfronteirizo volve organizarse durante os días 4 e 8 de xullo.

Será na cidade de Maia, que sucede a Braga, sede da última edición celebrada en xullo de 2019. O primeiro de xullo presentouse o equipo pontevedrés na Alameda.

Pontevedra participa nas modalidades de baloncesto masculino e feminino, natación, natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado, fútbol masculino e voley.

Esta nova edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran cada dous anos, será inaugurada o próximo día 4 de xullo na Praza do Doutor Jose Vieira de Carvalho, Maia, a partir das 16.00 horas (hora local). O acto contará co desfile das delegacións que participan este ano e que reunirá preto de 2.400 participantes, a cifra máis alta de todas as edicións.