Un pavillón anexo ao CEIP A Xunqueira II, que consta de cancha deportiva e vestiarios. Está encadrado no conxunto de instalacións deportivas da Xunqueira.
O pavillón da Urbanización Monte Porreiro acolle tamén o Centro de Tenis de Mesa. Moi preto existen outras instalacións públicas e privadas, como os campos de fútbol e rugby ou o centro de pádel.
Conta con cancha principal, 4.000 asentos, áreas de adestramento, vestiarios, cantina, sala de prensa, área institucional e o espazo de traballo do Servizo Municipal de Deportes.
É o grande escenario dos soños deportivos da cidade. Un edificio proxectado polo grande arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota en 1966. Aínda que intervencións posteriores modificaron substancialmente o aspecto exterior, no interior pódese gozar desta magnífica instalación cun aforo de 4.000 persoas. Aínda que o balonmán é o deporte rei, o Pavillón de De la Sota acolle múltiples deportes e campionatos baixo a súa luminosa cuberta. A medio prazo, cóntase con recuperar a fisonomía histórica do edificio. Neste link, a Fundación Alejandro de la Sota mostra unha magnífica documentación sobre o proxecto do edificio.