Un xullo de péntatlon, piragüismo e xadrez

Un xullo de péntatlon, piragüismo e xadrez - DEPORTE PONTEVEDRA

A primeira semana completa de xullo comeza co Campionato de Europa de péntatlon moderno sub 17, que ten lugar entre o 6 e o 11 deste mes veranego no que hai outras tres importantes celebracións.

Do 10 ao 12, no complexo deportivo do Pontillón co Castro terá lugar a Copa de España de xoves promesas de piragüismo, que se realiza tras o campionato da mesma disciplina e categoría de La Cartuja, en Sevilla, que foi en abril. A organización corre da man da Fegapi.

A seguir, tamén no Pontillón de Verducido celébrase os días 18 e 19 de xullo o Campionato Galego Sprint junior e senior, enmarcado na liga de sprint olímpico desta modalidade. Organiza a Federación Galega de Piragüismo.

Por último, xullo tráenos o XIV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Xadrez, un festival internacional de xadrez que se desenvolve entre o 24 e o 30 deste mes do verán. Xóganse máis de 13.000 euros en premios e é puntuable para ELO-FIDE e terá como marco o Pavillón Universitario da rúa Cruz Vermella.

Pontevedra acolle o Campionato de Europa U17 de Péntatlon Moderno

A competición reúne a máis de douscentos deportistas procedentes de vinte países. A cita deportiva desenvólvese do 6 ao 11 de xullo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e na Fundación Rías do Sur. O evento inclúe de forma paralela unha proba internacional de parapéntatlon inclusivo  Pontevedra celebra, por primeira vez en Galicia, … Ler máis

O artigo Pontevedra acolle o Campionato de Europa U17 de Péntatlon Moderno publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O parque da Parda acollerá un skatepark de case 1.100 metros cadrados 

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, mantivo este martes, 31 de marzo, unha xuntanza cos colectivos vinculados ao skate na Boa Vila, primeira oportunidade pola súa banda para facer achegas e suxestións do proxecto técnico que xa está en marcha A actuación enmárcase na activación dos fondos europeos FEDER da EDIL.  O parque da Parda … Ler máis

O artigo O parque da Parda acollerá un skatepark de case 1.100 metros cadrados  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Ponse a punto o campo de fútbol de Gatomorto

Ponse a punto o campo de fútbol de Gatomorto - DEPORTE PONTEVEDRA

O elegante campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto, en Santa María de Xeve, vai ser obxecto dunha completa obra de mantemento da superficie de xogo, que foi acumulando pequenos problemas pola intensidade de uso. Unha obra que consta uns 15.000 euros e que consiste nunha inspección xeral do terreo para corrixir as pequenas deficiencias detectadas.

Tras limpar toda a superficie e descompactar o terreo con maquinaria específica, comprobaránse as xuntas ou elementos que sofren desgaste, especialmente nos puntos de penalti ou zonas de uso intenso. A continuación redistribúense os recheos baixo o césped con area e caucho, cepíllase con maquinaria específica ata deixar distribuida a superficie de xeito uniforme.

Posteriormente límpanse as canaletas perimetrais, trátanse as malas erbas ou musgos e substitúense os segmentos de césped en mal estado para que a instalación poida ser utilizada novamente nas mellores condicións polos equipos que celebran alí os seus partidos.

As tres primeiras saídas de Ponteandadas camiñaron Lourizán, Cabanas e Marcón

As tres primeiras saídas de Ponteandadas camiñaron Lourizán, Cabanas e Marcón - DEPORTE PONTEVEDRA

As tres primeiras camiñadas deste ano botaron a andar cunha considerable cantidade de público. Tras o quecemento con zumba ou marcha nórdica, a serpe multicor bota a andar pola rota prevista, guiada polos organizadores de Naturgaliza e con ganas de conquistar a paisaxe a zapatilla.

A primeira foi por Lourizán e San Brais, co que se fixou a saída nas Corbaceiras tras un quecemento con zumba, na que participaron unhas 200 persoas. A segunda, que tivo lugar o 10 de maio tivo como ponto de partida o Parque Damián, da Parda, e levou aos participantes a percorrer tanto A Parda como Cabanas tras quecer o corpo con exercizos de marcha nórdica. Na marcha participaron unhas 140 persoas.

A terceira, o último día de maio, tivo unhas 160 persoas participando e percorreu Marcón desde a súa Casa da Cultura, onde tivo lugar o quecemento inicial coa sesión de zumba.

Se desexas participar neste programa de saídas darredor de Pontevedra, aquí tes toda a información.

GALERÍA CON FOTOS DA PONTEANDADA DA PARDA E CABANAS

Un xuño cheo de deporte en Pontevedra

Un xuño cheo de deporte en Pontevedra - DEPORTE PONTEVEDRA

O mes de Xuño, que comeza xusto ao día seguinte de rematar a lendaria Copa do Mundo de Natación Artística que se celebra en Ponte Muíños, encherá Pontevedra de deporte, ademáis do que decotío se desenvolve na nosa cidade.

Ciclismo MTB

Será o día 6 cando se rexistren tres probas diferentes. O ciclismo celebra a primeira edición do Rías Baixas 200K MTB, unha proba que percorrerá 200 km en toda a provincia e que pode realizarse individualmente, en parellas ou en parellas a relevo. Tamén se pode realizar en bici eléctrica.

Pontevedra – Marín – Pontevedra, Pontevedra – Caldas, Caldas – Caldas e Caldas – Pontevedra son as 4 etapas das que se compón a proba, que poden realizarse como máximo en 16 horas: desde as 8:00 que se parte, ate as 00:00 dese mesmo día sábado, 6 de Xuño. Este é o link, para máis información.

Gladiator

Outra proba deportiva relevante a finde do 6 ao 7 de Xuño é a Gladiator Race, unha clásica do calendario pontevedrés, que trae á Illa do Covo a aguerridas e aguerridos participantes que loitarán por acadar a vitoria tras superar intensas probas físicas. Coas inscricións xa esgotadas, será sen dúbida un espectáculo ver, como cada ano, esta proba de fortaleza, resistencia e intelixencia. Aquí o enlace, por se queres máis detalles.

Piragüismo

Tamén a primeira fin de semana de Xuño veremos en Verducido unha proba que nos fala de futuro: a Copa de España de xoves promesas en modalidade cadete. Unha vez máis, o Pontillón do Castro encherase de cor para acompañar os paseos e o deporte pola súa contorna ao tempo que se goza do espectáculo do piragüismo máis prometedor.

E para pechar o mes de xuño outra competición en piraguas: o Campionato Galego Sprint Cadete – Infantil, que ocupará o encoro o día 29. Aquí máis información sobre estas duas citas sobre as augas calmas de Verducido.

Ponteandada por Mourente

O domingo 14 de Xuño celébrase a terceira saía da Ponteandada, que explorará os camiños de Mourente e sairá do parque do Miradoiro de Monte Porreiro despois dun quencemento a base de marcha nórdica. O percorrido, dunhas tres horas, presenta unha dificultade media-baixa. Aínda podes apuntarte, tes aquí todos os datos.

Ximnasia: trampolín e acrobática

A ximnasia ten tamén as súas citas este mes de Xuño: A primeira será os días 20 e 21 celébrase no Pavillón dos Deportes o Campionato Galego de Trampolín, que traerá á nosa vila ás mellores especialistas nesta disciplina tan espectacular. Esta é a web da Federación Galega de Ximnasia, organizadora da proba.

A segunda corre da conta do Club Treboada, que celebra o seu Open Treboada Acrobática, unha competición que terá lugar no Pavillón de Deportes do 25 ao 28 de xuño e que en sí mesma constitúe un espectáculo moi estético e mostra da potente base local desta disciplina. Este é o link do Clube Treboada de ximnasia.

Monte Porreiro despídese do seu vello pavillón e avanza nunhas obras que marcarán un antes e un despois para o barrio

As obras para a creacionista do novo pavillón de Monte Porreiro xa mudaron por completo a estética da zona. O vello pavillón, presente até o de agora, xa é historia, e toda a estrutura do vello edificio está xa retirada, dando paso a un enorme solar que o día de mañá será transformada na praza … Ler máis

O artigo Monte Porreiro despídese do seu vello pavillón e avanza nunhas obras que marcarán un antes e un despois para o barrio publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Concello estrea esta tarde o novo campo de petanca da praza da Cítara, na Parda, cun partido oficial da Liga Municipal

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, presenciará ás 17:00 horas o encontro inaugural desta nova pista, que supuxo un investimento de preto de 10.000 euros. Con este campo, o Concello amplía a rede de superficies deportivas de petanca até as 21.  A concelleira de Deportes de Pontevedra, Anabel Gulías, acudirá esta tarde ás 17:00 horas … Ler máis

O artigo O Concello estrea esta tarde o novo campo de petanca da praza da Cítara, na Parda, cun partido oficial da Liga Municipal publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Comezan as obras do novo pavillón deportivo de Monte Porreiro coa demolición das antigas instalacións

O alcalde de Pontevedra, xunto coa concelleira de Deportes, Anabel Gulías, e o concelleiro responsable do barrio, Alberto Oubiña, visitaron o inicio duns traballos que dotarán á veciñanza dun equipamento vangardista e dunha praza pública de 5.000 metros cadrados.  O Concello de Pontevedra deu hoxe o pistoletazo de saída ás obras de construción do novo … Ler máis

O artigo Comezan as obras do novo pavillón deportivo de Monte Porreiro coa demolición das antigas instalacións publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Xa podes mercar as entradas para o Mundial de Natación Artística

Xa podes mercar as entradas para o Mundial de Natación Artística - DEPORTE PONTEVEDRA

A Federación de Natación abre hoxe luns, ás 6 da tarde, a venda ao público das entradas para o Mundial de Natación Artística, que recala na piscina olímpica de Ponte Muíños entre os días 29 e 31 de maio.

Será un gran espectáculo que trae a Pontevedra as mellores seleccións de natación artística do mundo, entre elas a de España, gañadora de nove medallas no último campionato do mundo de Singapur 2025.

Aquí tes un enlace para conseguir as entradas.