Melloras nas duchas do pavillón

Melloras nas duchas do pavillón - DEPORTE PONTEVEDRA

O máximo confort posible dos espazos utilizados para a competición ou a actividade física está sempre no punto de mira da xestión deportiva. Algo máis de 5.000 euros destinaránse en breve a cambiar unha das tubaxes xerais que presta servizo a seis dos vestiarios do Pavillón Municipal.

As novas serán de polipropileno e servirán para renovar a antiga instalación obsoleta e mellorar así os servizos de auga quente sanitaria. A operación consiste en mudar uns 60 metros de tuberías e utilizar 238 conexións, que son as necesarias para deixar o circuito de auga quente funcionando de novo.

A principal instalación deportiva cuberta da cidade é un histórico edificio que leva a sinatura do egrexio arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota Martínez, un dos máis sobranceiros da súa xeración. O histórico edificio data de 1965 e agóchase dentro da actual estrutura branca de aspecto industrial.

Case o 10% da poboación, na San Silvestre de Pontevedra

Case o 10% da poboación, na San Silvestre de Pontevedra - DEPORTE PONTEVEDRA

A San Silvestre de Pontevedra 2025 converteu un ano máis a despedida do ano nunha gran celebración colectiva da saúde, da convivencia e do espazo público. Cunha participación do 8,33 % da poboación empadroada, os 7.000 dorsais repartidos, que supoñen máis de 7.000 persoas correndo ou camiñando polas rúas da cidade, acompañadas por milleiros de veciñas e veciños que animaron ao longo de todo o percorrido, enchendo Pontevedra de vida e ambiente festivo.

Os sete milleiros de participantes convírtena na carreira máis participada das que se celebran en fin de ano en Galicia, seguida da da Coruña (6.700, máis 100 na “Cansilvestre”) Vigo (5.700) e Santiago (2.269). En relación á de Pontevedra, a San Silvestre Vallekana (42.000 participantes) tería que superar as 300.000 persoas segundo a poboación da capital.

Este dato sitúa a Pontevedra moi por riba das principais cidades do Estado en termos de participación cidadá e confirma que aquí o deporte non é un feito puntual, senón unha expresión natural da forma de vivir a cidade.

Un resultado que avala anos de políticas públicas coherentes

Tal e como recolle o Estudo de Hábitos Deportivos no Concello, realizado 2024, a cidade conta cunha base social especialmente activa. O 60% da poboación practica deporte polo menos unha vez á semana, superando amplamente as medias galega e estatal, mentres que case o 70% da cidadanía camiña máis de 10 minutos diarios, un dato que duplica a media galega e supera en máis de 20 puntos a estatal.

“A San Silvestre é a mellor fotografía do resultado de anos de políticas públicas coherentes, que apostan polo espazo público, pola mobilidade activa e pola saúde como dereito colectivo. Cando a cidade está pensada para as persoas, as persoas respóndenlle participando”.

Pontevedra, a nivel das cidades e países máis avanzados en hábitos saudables

Os datos empíricos sitúan á cidade a niveis equiparables aos dos países europeos máis avanzados en hábitos de vida saudable, como Finlandia, Países Baixos, Dinamarca ou Suecia. Unha realidade que non é froito da casualidade, senón dun modelo urbano que facilita a actividade física cotiá e o uso do espazo público como lugar de encontro.

Neste contexto, a San Silvestre convértese nun evento simbólico, que non crea o hábito, senón que o fai visible nun momento colectivo e compartido por milleiros de persoas.

Igualdade e participación feminina: outro dos piares do modelo deportivo

A participación feminina no deporte é outro dos indicadores que reforzan o balance positivo. Alén dos bos datos recollidos no estudo de hábitos, a convocatoria de subvencións anuais 2025 aos clubs deportivos do municipio confirma, a través do número de licenzas federadas, unha participación feminina no deporte federado claramente superior ás medias de Galicia e de España. Este dato avala o impacto das políticas municipais orientadas á igualdade e á creación dunha basedeportiva ampla, diversa e sostible no tempo.

Unha cidade que corre e anima xunta

A tradicional carreira de fin de ano é moito máis ca unha carreira popular. É un evento de cidade, no que quen corre e quen anima forman parte do mesmo movemento colectivo, ocupando a rúa, compartindo espazo e reforzando os vínculos sociais. Consiste en despedir o ano facendo saúde e confirma, cun feito masivo e ilusionante, que o camiño iniciado hai anos segue dando froitos: unha cidade máis activa, máis igualitaria e mellor para vivir.

Gratitude á Ximnástica e ás entidades colaboradoras

O Concello de Pontevedra quere trasladar un agradecemento especial á Sociedade Gimnástica de Pontevedra polo excelente traballo desenvolvido, en estreita colaboración e dirección do Servizo de Deportes, na dirección técnica da carreira e na coordinación do plan de voluntariado, clave para o bo desenvolvemento do evento.

Así mesmo, recoñécese o labor imprescindible da Agrupación Local de Protección Civil de Pontevedra, cuxa colaboración garantiu a seguridade e o correcto funcionamento da proba ao longo de todo o percorrido, coordinados pola Policia Local.

O Concello quere tamén agradecer a implicación das empresas colaboradoras, en especial Froiz, A’Devesa, Galmotor e Miler Vintage Runnig Club, polo seu apoio e compromiso cun evento que promove valores de saúde, participación cidadá e convivencia.

Aquí máis información

A San Silvestre confirma o seu éxito con 7.000 participantes nunha xornada festiva de deporte e convivencia familiar

A proba consolidouse como unha gran reunión social onde familias, amigos e diversos clubs deportivos da cidade correron xuntos. A cidade de Pontevedra despediu o ano convertendo as súas rúas nunha gran celebración colectiva. A San Silvestre 2025 confirmou o éxito do modelo de cidade activa esgotando os 7.000 dorsais dispoñibles, o que supón que … Ler máis

O artigo A San Silvestre confirma o seu éxito con 7.000 participantes nunha xornada festiva de deporte e convivencia familiar publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O modelo urbano favorece a vida activa

O modelo urbano favorece a vida activa - DEPORTE PONTEVEDRA

O estudo elaborado polo Observatorio Galego do Deporte, do Clúster do Deporte Galego conclúe que a transformación da cidade favoreceu a relación dos habitantes de coa actividade física habitual: “a alta cifra de persoas que se desprazan camiñando obtida neste estudo pode relacionarse co modelo urbano implementado neste municipio, que fixo do feito de camiñar unha solución ao seu problema permanente de mobilidade”.

Esta rotunda afirmación baséase en que case o 70% da poboación camiña máis de 10 minutos seguidos cada día, superando as medias galega (36,8) e española (47,5). A referencia de 10 minutos débese a que o estudo se realizou en base a dúas referencias existentes para facilitar a comparativa: a Enquisa española de Hábitos Deportivos e a Enquisa europea de Saúde. No estudo participaron 385 persoas contactadas telefonicamente.

Outra conclusión extraída polos autores da análise relacionada co modelo urbano titúlase “A cidade como instalación deportiva”, e nela faise referencia á “ampla rede de sendas que aproveitan os espazos naturais da contorna da cidade”. Ademais, din textualmente, “unhas rúas sen demasiados coches significan unhas rúas sen excesivos fumes e ruídos, con máis espazo libre para as persoas e con maiores posibilidades de lecer, recuperando o concepto da cidade como lugar de encontro”.

Na cidade existe unha gran conciencia sobre a importancia do deporte e dos estilos de vida saudables. Mostra disto é que as persoas maiores de 45 anos practican deporte, fundamentalmente, por motivos de saúde; mentres que a motivación principal para menores de 45 anos é, “simplemente”, o gusto polo deporte. Isto reflicte a implantación dunha cultura deportiva, na que o deporte se converte nun dos eixos centrais da vida dos pontevedreses e pontevedresas.

“A peonalización extensiva do centro histórico da cidade do Lérez e das áreas circundantes, iniciada no ano 1999, xunto coa restrición do tráfico motorizado e a eliminación de barreiras arquitectónicas, promoveron unha contorna segura e accesible, que prioriza a mobilidade activa —proseguen as conclusións do estudo— o que mellora a calidade urbana e favorece un estilo de vida máis saudable e inclusivo, creando unha cidade compacta, densa e diversificada, onde as necesidades diarias poden resolverse en traxectos curtos de 10 ou 15 minutos a pé”.

Co apoio de medidas como itinerarios peonís, zonas 20 e 30, e plataformas únicas, Pontevedra está consolidada como unha referencia internacional na mobilidade sostible, e o dato de que case o 70% da súa poboación camiña máis de 10 minutos sucesivos todos os días para desprazarse avala este novo modelo, que ten en conta a accesibilidade universal, a seguridade viaria, a conservación do patrimonio e a mobilidade infantil.

Outros datos do estudo indican que case o 60% das persoas practican deporte de forma regular (polo menos unha vez á semana), cando a media galega está por baixo do 50% da poboación. Ademais, este dato coloca a Pontevedra por encima de todas as comunidades autónomas en niveis de poboación activa.

Más do 80% das persoas menores de 34 anos practican deporte de forma semanal, cando a media estatal sitúase en torno ao 70%. En relación ás persoas que participan en competicións deportivas, fano o 23% das consultadas, cifra superior á media estatal e á de todas as comunidades autónomas.

Tamén o número de persoas abonadas a ximnasios case duplica á media galega, e hai unha maior porcentaxe de persoas vinculadas ao deporte que nas medias estatal e galega tamén no resto de vertentes: posesión de licenzas federativas, abono a entidades deportivas e apoio ao deporte como voluntariado ou a través de doazóns. Destaca tamén a alta porcentaxe de mulleres abonadas a ximnasios neste municipio.

No capítulo das recomendacións, o estudo aconsella continuar loitando contra a fenda de xénero, impulsar as iniciativas específicas para persoas maiores e a implantación da receita deportiva no ámbito sanitario.

Dous millóns de galegxs activxs en 2030

Dous millóns de galegxs activxs en 2030 - DEPORTE PONTEVEDRA

O “Plan 2 Millóns” en Galicia é unha iniciativa do Clúster Industria e Deporte Galego para aumentar a 2 millóns o número de persoas residentes en Galicia que practican deporte regularmente, sacando a unhas 700.000 persoas do sedentarismo antes de 2030. O Concello de Pontevedra forma parte activa deste plan 2M.

Búscase así mellorar a saúde e a calidade de vida, e fomentando o desenvolvemento do sector deportivo. Baséase na colaboración público-privada, implicando a federacións, universidades e o propio sector, para promover a actividade física como motor de desenvolvemento e prevención de enfermidades, cun enfoque na participación cidadá e o benestar xeral.

Segundo o estudo de hábitos deportivos da capital pontevedresa, as persoas que nunca fan deporte son 34 de cada cen, un dato inferior ao galego (a metade non fai deporte) e ao español, onde son 43 as persoas inactivas de cada cen.

Neste sentido, Pontevedra prantexa o “reto do 40”, que trata de baixar esa porcentaxe de persoas que teñen pouco hábito de actividade física semanal. O 59,3% das persoas de Pontevedra teñen dedican algún tempo semanalmente á actividade física.

O plan ten como obxectivos principais incrementar o número de participantes nas actividades deportivas, ao pasar de 1,3 millóns a 2 millóns de persoas activas en Galicia; reducir o sedentarismo provocando que unhas 700.000 persoas deixen de ser consideradas inactivas físicamente. En definitiva, trátase de mellorar a saúde física e mental, utilizando o deporte como ferramenta de prevención e benestar. 

Para logralo, tratan de establecer unha estratexia baseada na colaboración entre as industrias agrupadas no clúster do deporte, a Xunta —a través de iniciativas como o Plan Corresponsables e patrocinios—, universidades e entidades deportivas, así como concellos como o de Pontevedra, vencellado a esta iniciativa.

Buscan tamén fomentar a participación a través de actividades deportivas organizadas coas federacións e universidades, ademáis de apoiar ao sector con plans de patrocinio para equipos de alta competición e promoción do deporte feminino. A conciliación é así mesmo unha bandeira do Plan 2M, con programas como o Plan Corresponsables, que facilitan a participación familiar. 

Galicia é unha das comunidades con menor porcentaxe de poboación activa —non así a cidade de Pontevedra, que presenta índices bastantes superiores—, polo que este plan busca alcanzar estándares nórdicos de saúde e calidade de vida. A iniciativa busca a implicación de toda a sociedade galega para converter o exercicio físico nunha rutina. 

O Concello aumenta un 10% as axudas anuais aos clubs federados de Pontevedra e sitúaas en 330.000 euros 

Unha das principais novidades é o reforzo do deporte base, feminino e de persoas con discapacidade que multiplican o seu valor por 1,5. Os bos datos de 2024 xustifican este incremento: 8.120 licenzas de 55 clubs, 174 chamamentos a incorporación a seleccións, cada euro municipal investido supón un retorno para a sociedade de 13,9 euros, … Ler máis

O artigo O Concello aumenta un 10% as axudas anuais aos clubs federados de Pontevedra e sitúaas en 330.000 euros  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

Rematada a urbanización dos accesos ao novo campo de fútbol de Salcedo

O Concello de Pontevedra vén de recibir as obras da urbanización do campo de fútbol de Salcedo que se estiveron executando durante o verán. O custe da urbanización foi de 188.752,40 euros e foi executada pola empresa Zona de Obra O Rosal. Este investimento consistiu na creación dunha nova praza de acceso ao campo de … Ler máis

O artigo Rematada a urbanización dos accesos ao novo campo de fútbol de Salcedo publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Pavillón municipal loce nova imaxe 

A imaxe corporativa municipal aprobada polo Goberno Local en 2022 vaise implantando paulatinamente en todos os ámbitos e propiedades municipais. E onte foi o momento do Pavillón municipal dos deportes de Pontevedra. O “Municipal”, obra do prestixioso arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, viviu unha importante reforma entre 1984 e 1985 momento en que se … Ler máis

O artigo O Pavillón municipal loce nova imaxe  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Concello aproba a contratación do novo pavillón municipale da nova praza pública de Monte Porreiro 

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do proxecto por 6,4 millóns de euros e un prazo de execución de 30 meses. Tamén aprobou o deseño de urbanización dunha nova zona verde de 4.200 metros cadrados na Parda entre as rúas Maruxa Mallo, Virxinia Pereira e San Amaro. Será unha actuación que manterá a … Ler máis

O artigo O Concello aproba a contratación do novo pavillón municipale da nova praza pública de Monte Porreiro  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.

O Concello recibe ao equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra, o único de Galicia na Liga estatal 

O equipo rematou o ano no posto 11 da clasificación e as xogadoras encaran a nova tempada, cuarta consecutiva, convertidas nun referente deportivo para as nenas.  Anabel Gulías lembra que levan o nome de Pontevedra por todo o territorio español. A concelleira de Deportes Anabel Gulías recibiu esta tarde en Michelena, 30 ao Club Waterpolo … Ler máis

O artigo O Concello recibe ao equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra, o único de Galicia na Liga estatal  publicouse primeiro en Concello de Pontevedra.