A primeira división de Clubs de Natación, en Pontevedra do 18 ao 20 de decembro

A primeira división de Clubs de Natación, en Pontevedra do 18 ao 20 de decembro - DEPORTE PONTEVEDRA

Unha nova competición no ámbito da natación terá lugar na Piscina de Ponte Muíños entre o 18 e o 20 de decembro deste 2026. Trátase da Copa de Clubs de Primeira División, organizada pola Federación Española de Natación.

Tal como figura no web da RFEN a comisión executiva deste organismo federativo adxudicou recentemente a competición, que se celebrará simultáneamente coa copa da división de honra, para a que foi elixida a cidade de Sabadell, en Cataluña.

Por outra parte, antes celebrarase en Rías do Sur a Copa do Mundo de natación artística de Wolrld Aquatics, a federación internacional deste deporte. Será entre os días 29 e 31 de maio deste ano, polo que se están ultimando os preparativos.

Un ximnasio exterior modular pioneiro en Galicia

Un ximnasio exterior modular pioneiro en Galicia - DEPORTE PONTEVEDRA

A ‘Caixa-gym’ foi instalada polo Concello no recinto dos campos de fútbol Manolo Barreiro durante 6 meses e con carácter experimental para avaliar correctamente as súas posibilidades. Instálase para complementar, por unha banda, os equipamentos deportivos convencionais como Multiusos da Xunqueira e o Campo Municipal de Fútbol Manolo Barreiro, e por outra, o modelo de actividade física do Concello na cidade como gym.

O obxectivo desta experiencia piloto é avaliar o potencial deste modelo de instalación para complementar os adestramentos dos equipos de fútbol mediante traballos específicos de forza, ao tempo que ofrece novas posibilidades para o desenvolvemento de actividades físicas dirixidas á cidadanía en xeral.

A posta en marcha deste módulo inicialmente encaixa coa estratexia municipal de promoción da actividade física no espazo público, que nos últimos anos se materializou en diferentes iniciativas e espazos da cidade como a área de actividade física da Ponte dos Tirantes, os itinerarios activos de Metrosan ou os espazos deportivos ao aire libre da Illa das Esculturas. O Cubofit incorpórase así como unha nova ferramenta que permite achegar o traballo de forza e a preparación física a distintos puntos da cidade.

A instalación chega a Pontevedra como experiencia piloto en Galicia, despois de que esta empresa punteira seleccionase a cidade como localización idónea para probar este modelo no noroeste peninsular, tendo en conta a forte implantación da actividade deportiva e a aposta municipal pola promoción do exercicio físico ao aire libre.

Trátase dun contentor que mentres non se utiliza fai de almacén dos instrumentos que inclúe, e cando se desprega cara ao exterior fai posible todo un centro de adestramento que multiplica as posibilidades operativas do complexo deportivo. É unha instalación autónoma e sustentable, xa que se abastece enerxéticamente a través de placas solares instaladas na propia estrutura.

Contido da Caixa

Como instalacións fixas no interior leva 2 aneis para cordas de “Battle Rope”, 2 Racks cunha barra horizontal para dominadas, tres pares de aneis en tres alturas para enganchar gomas elásticas e unha caña de trepa telescópica.

Outro material que leva o contentor na súa zona de almacenaxe son 13 soportes para discos, dous soportes para 6 barras e dúas unidades de 3 bandexas para keetlebell e mancuernas, e outras dúas para balóns medicinais e saco.

Por último, a longa lista de material ximnástico co que está equipada a instalación consta de catro barras olímpicas, dous slamball de 6 e 9 kg, dous protetores cervicais, 10 discod bumper de 5 kg, 6 de 10 e 2 de 15, catro pinzas para barra olímpica, 14 combas de poliéster, 10 pares de mancuernas hexagonais de distintos pesos, 2 packs con 4 superbandas de resistencia, nove Kettlebell de varios pesos, cinco functional bag de diferentes pesos, un reloxio dixital, 2 soportes de sentadillas para gaiola, un caixón pliométrico, 2 cintas para adestramento en suspensión, 14 colchonetas para fitness, dúas cordas funcionais de 9 e 5 m, ademáis de 2 altavoces para música estiumulante ou dirección de adestramento.

Primeira Ponteandada do ano, a Lourizán e San Brais

Primeira Ponteandada do ano, a Lourizán e San Brais - DEPORTE PONTEVEDRA

As máis de 200 persoas inscritas na primeira Ponteandada do ano, o 29 de marzo, comezarron o último domingo de marzo no peirao das Corbaceiras con algo de fresco do que se defenderán cun activo quecemento a base de zumba. Despois partiron cara a Lourizán e San Brais nun percorrido de dificultade baixa que lles levou unhas dúas horas e media.

Esta primeira cita terá continuidade o 10 de maio, que irán á zona da Parda e Cabanas; o 31 dese mesmo mes a Marcón; o 14 de xuño percorrerán Mourente, o 20 de setembro Bora e Lérez, o 18 de outubro Xeve, o 8 de novembro Verducido e por último o 29 de novembro Campañó, unha convocatoria solidaria na que se pide que se traian alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos.

Esta primeira rota tomou pola antiga estrada de Marín, desviándose cara a A Torre, Gandarela, subindo cara a Figueirido no parque e pretoglifos e os muíños de Salcedo. Desde alí comezaron a baixar do Miradoiro da Armada, Miralexo, Campo da Porta, San Brais e remate de onde partiron, xa que os itinerarios son todos circulares.

Participar nas Ponteandadas e doado e barato, pois custa 2 euros por convocatoria e poden pagarse desde presencialmente ata por bizum. Tes todos os datos neste enlace:

PonteAndadas 2026

Mellórase o ximnasio do Pavillón

Mellórase o ximnasio do Pavillón - DEPORTE PONTEVEDRA

Algúns cambios e melloras no material están realizándose para poñer a punto e facer máis útil o ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes, unha instalación de uso restrinxido aos clubs que utilizan esta instalación bandeira do equipamento deportivo de Pontevedra.

Incorporouse unha nova máquina para adestrar perna, algo que se viña botando de menos. Tamén se realizaron nos últimos meses algunhas melloras de saneamento do espazo, ubicado baixo as gradas, dotando ao conxunto dunha estética máis contemporánea e mellorando as condicións de luz. 

Toda esta reforma foi realizada polo persoal habitual do propio Servizo Municipal de Deportes, sen necesidade de realizar contratacións específicas, máis aló da adquisición dos propios materiais necesarios.

Este equipamento deportivo é utilizado habitualmente por catro equipos deportivos da capital que adestran na instalación: o Cisne, o Teucro, o Leis de a Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

A Travesía a Nado do Lérez intégrase no circuíto luso galaico

A Travesía a Nado do Lérez intégrase no circuíto luso galaico - DEPORTE PONTEVEDRA

A 4ª edición da Travesía a Nado do Lérez, que terá lugar o día 9 de agosto, sumará un novo atractivo, xa que pasa a formar parte do Primeiro Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas como unha das probas máis longas das cinco que compoñen o campionato, con 4.000 m.

A proba pontevedresa formaba parte xa do Circuito Galego de Augas Abertas e é considerada unha “proba 500” da Copa de España de Augas Abertas, unha das máximas categorías desas competicións.

Con esta dimensión internacional, o evento que organizan o Concello e o Club Natación Galaico conquista un novo mérito, consolidándose en tan só 4 anos como unha das grandes competicións neste deporte.

O circuito luso galaico componse de 5 carreiras. Darase a saída o 2 de agosto en Portugal coa proba de Barragem da Queimadela, de 3.500 m, pasará a Galicia o 8 dese mesmo mes na Travesía Vila do Tea (Ponteareas) con 3.600 m, para que ao día seguinte teña lugar a proba pontevedresa no ecuador do circuito. Xa en setembro, o día 13 será o Desafío FEGAN, de 2.500 m na praia de Coroso (Ribeira), para rematar no Douro Bridges Porto&Gaia Open Water, de 4.000 m baixo as pontes que unen Porto e Vilanova de Gaia, coa mesma distancia que a da praia fluvial pontevedresa.

Salcedo, a última incorporación dos campos de fútbol con estilo no rural

Salcedo, a última incorporación dos campos de fútbol con estilo no rural - DEPORTE PONTEVEDRA

Coa incorporación do campo de fútbol de Salcedo son cinco os senlleiros recintos deste tipo que o Concello de Pontevedra encargou ao esdudio Santos-Mera, que realizan as súas obras cunha estética moi ben definida e que se alonxa dos cánones habituais.

Esta coidada infraestrutura, situada en Cabanas, é a quinta en entrar en servizo, tras os de Cerponzóns, Campañó, Santa María de Xeve e Ponte Sampaio… todos eles con erva artificial e uns personalísimos e coidados envolventes que normalmente albergan os servizos de vestiarios, ambigú, almacéns e outras instalacións propias, ademáis das gradas que ocupan espectadores ou acompañantes.

No caso de Salcedo, conta ademáis cun aula de interpretación da natureza, xa que se insire nun espazo de alto valor paisaxístico. A colaboración veciñal e da Comunidade de Montes foron fundamentais para chegar ao fin deste proxecto, que completa unha rede de infraestruturas de alto valor comunitario no rural pontevedrés.

Aquí tes máis información sobre o campo e as obras de acceso complementarias

Proxectos: Santos e Mera arquitectos. Fotografía: Santos-Díez

Esta galería recolle algunhas fotos destes novos campos de fútbol.

Natación artística, tríatlon e péntatlon, tríada internacional de Pontevedra para 2026

Natación artística, tríatlon e péntatlon, tríada internacional de Pontevedra para 2026 - DEPORTE PONTEVEDRA

As tres competicións internacionais que este ano recalan en Pontevedra quentan motores. Se a finais de maio ven o mundial de natación artística, en pleno xullo un europeo sub 17 de péntatlon moderno e xa cara a finais de setembro a Gran Final de Tríatlon, que chega a Pontevedra despois de pasar por Emiratos, Uzbekistán, Xapón, Cerdeña, Bretaña, Hamburgo, Londres, China e Chequia.

Por primeira vez a sección ciclista do tríatlon arrodeará o centro histórico por Arcebispo Malvar, Michelena e Cobián Roffignac, pasando diante de tres dos principais elementos patrimoniais da cidade: a Basílica, o Concello e a Peregrina, ademáis do edificio Castelao do Museo.

En canto á natación artística será un espectáculo visual de primeira magnitude que achegará aos competidores á piscina da Fundación Rías do Sur en Ponte Muíños. Alí se concentrará o interés mundial deste deporte que promete apostas plásticas cheas de suxestivas imaxes.

O torneo abrirá coa primeira etapa en Medellín (Colombia), entre o 13 e 15 de febreiro, seguida de París, Xi’an (China) e Pontevedra; e pechará en Toronto (Canadá) coa última etapa do torneo, que levará a cabo entre o 19 e o 21 de xuño. A deste ano non será a única proba da Copa do Mundo que se disputará en Pontevedra xa que o Concello ten acordado coa Federación Española de Natación un calendario que inclúe a proba de 2027 e a superfinal de 2028.

Esgrima, natación, carreira de obstáculos, tiro con pistola e Carreira, estas dúas últimas combinadas na modalidade laser run, conforman o mundial sub 17 de Pentatlon moderno, unha espectacular competición que terá lugar na contorna Centro Galego de Tecnificación Deportiva entre o 12 e o 17 de xullo.

Coidando a saúde acústica do deporte

Coidando a saúde acústica do deporte - DEPORTE PONTEVEDRA

Os espectáculos deportivos que teñen lugar en Pontevedra teñen especial coidado cos ruídos molestos capaces de provocar un excesivo estrés acústico, para non confundir a animación —un ritual deportivo agradable e suxestivo— coa incomodidade que producen aquelas persoas qeu pensan que por facer máis ruido animan mellor.

Os siareiros e siareiras non poderán accionar instrumentos musicais, bucinas, bucinas de aire comprimido —as chamadas vuvuzelas— ou calquera outro dispositivo xerador de ruído excesivo ou non esencial para o ánimo deportivo.

Entre as persoas máis favorecidas por esta medida atópanse quen dispoñen de implantes auditivos, utilizan audífonos, ou son aínda bebés… incluso persoas con autismo ou outro tipo de doenzas que se poden verse agravadas polas condicións acústicas.

Isto é posible en Pontevedra grazas á Ordenanza Municipal de Protección do Medio Ambiente contra a Contaminación Acústica (BOP nº 110, 9 de xuño de 2000, e nº 33, 15 de febreiro de 2001). A organización de calquera proba poderá requirir a retirada ou depósito temporal dos obxectos que provocan o ruido e, no seu caso, denegar o acceso a quen incumpra esta norma.

Son medidas que se toman para preservar o control acústico dos espectáculos, que poden ter música ambiental ou rexistrar a normal animación a equipos ou deportistas, pero sen xerar un ruido excesivo.

Pontevedra sitúase así na avangarda deste tipo de decisións. Tamén nas grandes manifestacións festivas que solen expresarse con bastante ruido, como as cabalgatas, resérvase un segmento do percorrido en silencio para que o momento poida ser gozado por persoas que non soportan ben este tipo de excesos.

O europeo U17 de Péntatlon moderno: un espectáculo deportivo para o verán pontevedrés

O europeo U17 de Péntatlon moderno: un espectáculo deportivo para o verán pontevedrés - DEPORTE PONTEVEDRA

O europeo U17 de péntatlon moderno recalará en Pontevedra do 7 ao 12 de xullo de 2026, no que será unha das tres competicións internacionais que terán lugar na cidade este ano. As outras duas son a Copa do Mundo de natación artística, entre o 29 e o 31 de maio, e a Gran Final do mundial de Tríatlon absoluto, do 23 ao 27 de setembro.

A cidade convértese nun punto de referencia internacional nesta disciplina, collendo a testemuña da localidade catalá de Esplugues de Llobregat. O centro neurálxico de toda a competición será o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), un lugar ideal para acoller eventos desta magnitude.

O pentatlón moderno é un deporte olímpico que esixe moitísimo ás persoas que o practican, que neste caso son mozos e mozas menores de 17 anos (categoría U17). A competición combina cinco disciplinas moi diferentes, poñendo a proba a resistencia física e a precisión mental.

Comezan coa esgrima (espada a un toque), seguida da natación (200 metros estilo libre) e unha carreira de obstáculos. A parte máis moderna e visualmente interesante é o final: o laser run. Aquí é onde se fusionan o tiro con pistola láser e a carreira (3.000 metros en total), cos deportistas parando cada 600 metros para completar unha rolda de tiro antes de seguir correndo.

Durante eses seis días de xullo, veremos moita acción no CGTD. As probas divídense en varias modalidades, o que asegura un calendario completo. Teremos a competición individual (masculina e feminina), as probas de substitucións (masculino, feminino e mixto) e tamén a modalidade por equipos (tanto masculinos como femininos). É unha oportunidade para ver á futura elite deste deporte en acción.

Portal da Federación Española de Péntatlon Moderno

Ponse a punto o rocódromo da Xunqueira

Ponse a punto o rocódromo da Xunqueira - DEPORTE PONTEVEDRA

As presas do rocódromo do multiusos da Xunqueira serán ampliadas e renovadas para darlle maior operatividade á instalación, na que adestran as persoas que practican escalada nas súas distintas modalidades e categorías.

Grazas á nova adquisición, a instalación quedará lista para adestrar con nivel esixido por copas ou campionatos de España ou internacionais, co que a infraestrutura gaña versatilidade e pode admitir unha maior variedade de usuarias e usuarios.

Ademáis de mercar novas presas, van desmontarse todas as actuais, limpalas e restauralas para que o conxunto quede en óptimas condicións de uso. Estímase que en total hai unhas 300 presas, e a duración desta operación de posta a punto rondará o mes, día arriba, día abaixo.