MÁIS DEPORTE

Verducido, penúltima Ponteandada de 2026

Xa só queda a de Campañó, que porá fin a este ciclo de saídas pola contorna da cidade

A penúltima Ponteandada do ano comezaba con algo de choiva á que se lle fixo fronte cunha sesión de zumba nos arredores da igrexa de Santa María de Alba. Dalí partiron as 160 perosas que desafiando o tempo de outono completaron un percorrido polos verdes cómaros do norte do municipio.

Xa só queda unha saída, que se celebrará o domingo 29 de novembro na que Campañó será a parroquia protagonistas. Quen o desexe debe —tras apuntarse previamente— estar ás 9:30 h para o quecemento con marcha nórdica no parque das marismas de Alba, de onde sairán ás 10 da mañá para realizar un percorrido con dificultade media-baixa que previsiblemente durará unhas tres horas. Por ser a cita máis próxima ao nada, pídese a todas as persoas que traian produtos non perecedeiros para doar ao Banco de Alimentos.

O programa Ponteandadas, impulsado polo Concello de Pontevedra, é unha iniciativa municipal deseñada para promover a actividade física, os hábitos de vida saudables e a convivencia veciñal a través do sendeirismo.

A proposta organiza periodicamente rutas a pé guiadas que percorren os diversos recunchos do termo municipal, combinando tramos pola contorna urbana co descubrimento do rico patrimonio natural e rural do concello. As andainas están adaptadas a diferentes niveis de dificultade, o que permite a participación de persoas de todas as idades e condicións físicas, fomentando así un ocio activo, sustentable e accesible para toda a cidadanía.

Máis alá do aspecto puramente deportivo, Ponteandadas destaca polo seu valor como ferramenta de divulgación ambiental e socialización. A través dos itinerarios deseñados, os participantes teñen a oportunidade de coñecer de preto os espazos naturais, os ríos, os montes e os elementos de patrimonio etnográfico das distintas parroquias pontevedresas, ás veces descoñecidos para a propia poboación local.

Con este enfoque integrador, o programa non só reforza a conexión entre a veciñanza e a contorna natural que a rodea, senón que tamén contribúe á vertebración do territorio e ao fortalecemento do tecido comunitario.

E TAMÉN